Mostrando entradas con la etiqueta PICASSO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PICASSO. Mostrar todas las entradas

domingo, 10 de mayo de 2015

PICASSEANDO COLLAGES.

Continuamos traballando un pouquiño máis ao pintor malagueño e aventurámonos a facer uns fermosos "retratos picassianos" empregando a técnica do collage.


A actividade resultou moi divertida e imaxinativa, xa veredes como as súas obras son orixinais e . . . verdadeiras obras de arte ! ! !


Por equipos, tiñan que compartir distintos retratos feitos por Picasso e recortar deles a parte da cara que precisasen sen romper o resto, pois podía ser empregado polo resto dos compañeir@s.
Qué importante é ter en conta aos demáis e a colaboración ! ! !
Tod@s o entenderon moi ben e recortaban con moito coidado: eu quero este pelo, ti toma estes ollos, pídome estas orellas, etc.

@s profes damos exemplo ! ! ! Grazas profe Eva por unirte aos nosos experimentos e axudarnos! ! !

Mirade qué fermosos quedaron os nosos collages e qué exposición montamos no corredor xunto á nosa clase.


Na seguinte montaxe de vídeo podedes ver máis polo miúdo todos os nosos collages.

COLLAGES PICASSIANOS on PhotoPeach
Tamén visitamos a exposición adicada a Picasso na entrada do colexio e,  como si dun verdadeiro museo se tratase, admiramos e comentamos as obras ali expostas sen pasar a banda de seguridade e , por suposto, sen tocar.


Si queredes ver con máis detalle cómo elaboramos os collages e a visita á exposición do colexio non tendes máis que tomar asiento e desfrutar da seguinte montaxe en imaxes.


Picasseando II on PhotoPeach

Aqui vos deixamos unha foto de grupo para o recordo.


E xa para rematar, achégovos información dunha proposta do Museo de Belas Artes con motivo do Día Internacional dos Museos para o vindeiro DOMINGO 17 DE MAIO.



Taller "Picasso en familia"

Unha divertida proposta para toda a familia, para achegarse ao neno Pablo e á Coruña á que chega a finais do século XIX a través do xogo e o diálogo coas obras, abordando o seu gran paisión: o debuxo e a pintura. Actividade dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos, acompañados por un adulto.

Para esta visita requírese anotación previa (máximo dous nenos por chamada) que se abre o luns 11 de maio en:

Teléfono: 881 881 700 (de luns a venres, de 10 a 14 horas)


Bicos e boa semana.

sábado, 25 de abril de 2015

PICASSEANDO.

Con motivo da exposición "El primer Picasso" da que se pode desfrutar no Museo de Belas Artes da Coruña, quixemos facer dende a escola unha homenaxe ao pintor que pasou a súa infancia na nosa terra, por iso na entrada do colexio podedes visitar a nosa exposición adicada ao pintor malagueño.


Aprendimos moitas cousas sobre a súa vida e a súa obra, algunhas delas grazas ao libro "El sueño de Picasso" .


Logo, o alumnado de 5 anos A e 5 anos B tentamos reproducir ao noso estilo o seu cadro " Maya con barco " e este foi o resultado:


Coma sempre, tentamos achegarnos ao arte dende distintos enfoques, por iso traballamos unha poesía de Carlos Reviejo adicada ao pintor que se titula: "Este Picasso es un caso".


Nela aparece moitas veces o nome do pintor e nos tentamos atopalo como si dunha sopa de letras se tratase.


Posto que falamos moito de retratos e autorretratos, e discurrimos entre tod@s cal era a diferencia  entre ambos, ao final acordamos facer un retrato Picassiano e así foi como imitamos ao pintor.
A verdade é que sairon uns cadros ben fermosos.


No seguinte vídeo podedes ver cómo traballamos ao pintor malagueño:

O primeiro Picasso no Ría do Burgo. on PhotoPeach

Antes de rematar esta entrada adicada a Picasso, gustaríame recomendarvos unha actividade familiar que se leva a cabo no Museo de Belas Artes da Coruña: o taller Picasso en familia, que se desenvolve os sábados e domingos pola mañán e vai dirixido a nen@s entre 5 e 12 anos. Picade no enlace si queredes máis información.

PICASSO EN FAMILIA

Penso que é unha actividade que van desfrutar moito posto que amosaron moito interese e de feito seguimos facendo algunha cousiña que xa vos amosaremos.


E agora  a desfrutar dos nosos retratos picassianos:

RETRATOS PICASSIANOS on PhotoPeach

Bicos.


martes, 17 de abril de 2012

REPASADE O QUE APRENDIMOS DE PICASSO !



Despois de días "pelexando" cas novas tecnoloxías, por fin, conseguín subir a actividade que fixen para que repasedes algunhas cousiñas que aprendimos de Picasso . . . non teño claro si saberei voltar a facelo. . . Agora entendo cómo se senten os / as peques cando non lles sae algo e o intentan veces e veces. . .
Espero que o pasedes ben xogando. . .

sábado, 25 de febrero de 2012

NON SÓ DE ENTROIDO VIVEN OS PIRATAS.

Como veredes, nestes días fixemos algo máis que choqueiradas.
Aqui deixamos os avances do noso Guernica compartido ca outra clase de 5 anos, e tamén os Guernicas individuais que fixemos. Todos están expostos no corredor de diante da clase e é curioso ver como cada un de nós ten a súa visión, porque todos son diferentes.
Temos que agradederlle á profe Eva (mamá de Xabi) a noticia sobre Picasso que nos trouxo, xa que con ela outra vez puidemos investigar a través do xornal.
Tamén contarvos que rematamos as nosas pesquisas sobre Exipto e Xabi trouxo dous libros cos que fixo unha "tese doutoral" sobre o tema.
E por último dicirvos, que a profe tén un pouco de manía con iso de facernos pensar... e trouxo un xogo para o rincón de lectoescritura co que nos sae o fume polas orellas...


sábado, 11 de febrero de 2012

AS NOVAS PICASSADAS E O NOSO PEQUENO GRAN HOME DO TEMPO

Nestes días as nosas investigacións de Picasso non avanzaron moito porque a gripe ven a por nós e déixanos sen forzas, podemos facer un concerto de toses ou concurso para ver quén se sona máis veces...e non se libra ninguén...nin a profe. Por certo, un bico a Xabi, Pablo e Xoana que están maliños.
Seguimos pintando no noso Guernica, sen prisa pero sen pausa, agora agardamos ir máis rápido porque tamén están pintando os nen@s da clase da profe Elena.
E nestes días de tanto frío, Carlos converteuse no noso pequeno gran home do tempo, porque trouxo un libro no que explicaba un lote de cousas interesantísismas, cómo se forma o vento, as nubes, a choiva...e todo o explica cun sorriso, ata o que non sabe ler ben... Graciñas Carlos. Gústasnos máis que Mario Picazo...


sábado, 28 de enero de 2012

No xornal tamén se investiga

Esta semana unha noticia sobre o Guernica chamou a nosa atención, algúns escoitámola na tele, outros vímola no xornal e o profe Xoán mandounos a noticia da edición dixital dun xornal.
As nosas cabeciñas, (ou "o celebro", como dí algún...) comezaron a traballar. Así que atopamos a noticia nun xornal, recortámola e fixemos unha copia para cada un, para analizala detidamente.
Falamos das distintas seccións que teñen os xornais (e Sara contounos que sempre fai os 7 erros da sección de pasatempos ca súa nai), aprendimos a atopar o titular da noticia e rodeámolo, e tentamos ler o pé de foto e alguha outra cousiña máis, pero algunha palabra era moi difícil.
Ca axuda da profe, despois de ler a noticia, fixemos un resumo e escribímolo como verdadeiros xornalistas.
Pero non pensedes que iso foi todo, seguimos reinventando o Guernica pouquiño a pouco, falamos da pomba da paz de Picasso, a profe trouxo un libro do corpo interesantísimo e Pablo un xogo para sumar que lle trouxeran os Reis que estaba xenial!!!


sábado, 21 de enero de 2012

Picasseando...



Como vedes, estivemos facendo un lote de cousas nestes días.
O día que nos tocou ir ao rincón de arte pintamos un cadro de Picasso con ceras brandas, estivemos lendo a información que trouxeron Alexis, Adrián e Aday, e a profe leunos un libro que se chama "Un cuadro de Picasso" co que aprendimos un lote de cousas do Guernica.
Tamén pintamos o cadro "Os tres músicos", cada un ao noso gusto, e debaixo escibimos o título.
E xa sabemos asinar. Cada un inventou a súa sinatura para poñer dende agora nas súas obras de arte e...xa veredes que as temos para todos os gustos.

sábado, 14 de enero de 2012

Seguimos investigando...

Esta semana seguimos investigando a Pablo Picasso.
Antes de Nadal, comezamos pensando no que xa sabíamos del e no que nos gustaría aprender, e estivemos lendo o material que trouxeron Xabi, Daniel Pereyra e Marcos Regueiro. Tamén colocamos pola clase as láminas con cadros que trouxeron Pedro e Belén, e as fotos con cadros que trouxo Sara, e falamos de todos eles un pouquiño.
Esta semana estivemos lendo o material que trouxeron Belén, Pablo e Dani Pastoriza, estamos comezando polo máis sinxelo, e ademáis estamos facendo un libro cas cousas que aprendemos.
O luns, subimos á pizarra dixital a investigar cousas cos nen@s da outra clase de 5 anos, os da profe Elena, e gustounos tanto que o xoves as profes leváronos outra vez!!!
Estivemos lendo un conto co que aprendimos moito que se chama "El sueño de Picasso", no que o texto e as ilustracións son de Marta Rivera Ferner.


martes, 27 de diciembre de 2011

Investigando a Picasso

Os nenos e nenas de 5 anos estamos investigando a Pablo Picasso. Sabemos que naceu en Málaga e que estivo vivindo na Coruña cando era pequeno. Tamén sabemos que viviu en Barcelona e en París. Estivemos buscando no mapa onde quedan estes sitios. Estamos aprendendo  a coñecer algúns dos seus cadros máis famosos: O Guernica, a Pomba da Paz, O ramo da amizade, Os tres músicos...
Queremos agradecer ás  familias que nos axudaron moito a investigar na casa para atopar información e levala á escola para contarlla aos compañeiros e compañeiras.
Chamounos moito a atención algunhas das caras que Picasso lles pintaba ás veces ás persoas, parecían como tolas e deformadas. No seguinte enlace  nós tamén podemos xogar a crear "caras tolas" como Picasso.


Á volta das vacacións seguiremos investigando...