Mostrando entradas con la etiqueta PERÍODO DE ADAPTACIÓN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PERÍODO DE ADAPTACIÓN. Mostrar todas las entradas

sábado, 23 de septiembre de 2023

PRIMEIROS XOGOS E MERENDAS COMPARTIDAS.

Damos a benvida a un novo curso con novas aventuras.
Agárdanos un camiño moi fermoso por percorrer colaborando xuntos/as onde veremos como os/as peques maduran, exploran o mundo, xogan-aprenden e gañan autonomía.
Aqui vos deixamos unha escolma de fotos dos nosos primeiros xogos compartidos nos contextos e das nosas primeiras merendas no cole dos maiores.





Seguiremos actualizando. . .
Biquiños

Bibi


sábado, 23 de septiembre de 2017

Xunt@s ! ! !

Esta semana xuntámonos tod@s e coñecimos amigos e amigas nov@s.

Nos nosos percheiros xa tiñamos as nosas fotos coas familias e colgamos as nosas cousas moi ben. Lembrade que para facilitarnos esta tarefa convén que teñamos unha cinta longa da que colgar as nosas chaquetas, podemos aproveitar a cinta para poñer o nome dos nen@s, pois cando a roupa cae no chan e non ten nome ás veces non resulta doado saber a quen pertence.


Nas nosas mesas as profes colocaron unhas etiquetas coas nosas fotos e os nosos nomes, así que agora temos un sitio individual onde sentarnos cómodamente a merendar, xogar, etc

Así xogamos coa plasti na clase das XOANIÑAS.


Así xogamos coa plasti na clase dos PIRATAS.



Estivemos na escola máis tempo, saímos ao patio as dúas clases xuntas e pasámolo xenial co patio para nós soíñ@s! ! !







Lembrade que este luns día 25 de setembro, xa rematado o Período de Adaptación, comezamos co horario normal, entramos ás 9 : 00 e saímos ás 13 : 45 aproximadamente os que ímos comer en casa. O alumnado de comedor de Educación Infantil pódese recoller a partir das 14 : 45 ata as 16 : 00 na porta de Educación Infantil pola que entraron. 

Procurade ser puntuais na entrada ás 9 : 00 pois xa non imos sair chamar por orde de lista, irán entrando a medida que cheguedes e nós estaremos recibíndoos e agardándoos para facer a fila no hall como estes días, antes de entrar na clase.

Tamén convén que sexades puntuais á hora de recollelos para evitarlles esperas e desgustos aos pequen@s

Bicos.

sábado, 16 de septiembre de 2017

Benvid@s ao colexio! ! !

Como quen non quere a cousa pasou xa a nosa primeria semana no cole de maiores.

Aqui nos tendes posando coas nosas familias.
 O luns cando voltemos ao cole xa teremos as fotos colocadas nos nosos percheiros.

Posados na clase dos piratas. . . 












Posados na clase das xoaniñas. . . 











Asi de ben o pasamos na CLASE DOS PIRATAS coas nosas familias na clase.




Así de ben o pasamos na CLASE DAS XOANIÑAS  coas nosas familias.


Asi de ben o pasamos nas dúas clases xogando soliñ@s no cole de maiores.


Aviso para navegantes: non vos acostumedes que non sempre hai tempo para montar vídeos ! ! !

Bicos.