Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO PINGÜÍNS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO PINGÜÍNS. Mostrar todas las entradas

sábado, 11 de junio de 2022

CONTEXTO DE XOGOS XUÑO E BURGO TV

 Esta semana, rematamos e levamos a casa as actividades en papel do proxecto de Pingüíns.



Xogamos e aprendemos moito.



Este ano o PDI (Proxecto Documental Integrado) que propuxeron dende a Bblioteca do cole era sobre Os Medios de Comunicación e relacionado co noso colexio.
@s peques de 4 anos participamos xuntos nas dúas clases facendo un programa de tv e un anuncio publicitario sobre o noso lugar favorito do cole: O patio de Infantil ! ! !
Aqui tendes o resultado! ! !
Pinchade no enlace para velo.



En Psicomotricidade pasámolo xenial coa profe Susana.



E agora vou contarvos algo que me emocionou moito.
Fai unhas semanas quedei sen voz, pero días  antes xa  coa voz ronca non podía cantar as cancións da asamblea. Asi que, aconteceu algo que me parece moi fermoso e que amosa o gran corazón e sensibilidade destes peques . Aitana pedía as cancións e @s compis cantáronlle porque eu non podía.
Agora facémolo así todos os días.
Estou moi orgullosa de tod@s meus pequenos piratiñas ❤! ! !




Seguiremos actualizando.

Biquiños

Bibi

sábado, 21 de mayo de 2022

¡ SOMOS ARTISTAS ! ! !

 Seguimos investigando Pingüíns, e esta vez no Contexto de Arte fixemos moooooi ben unha proposta moooooi dificil .

Mirade qué ben debuxamos a metade que falta do pingüín.


pingüíns de Bibiana Boedo

Creamos con distintos materiais.


Eleximos un /unha compi de clase para escribir o seu nome e debuxalo/a.



Diego trouxo un conto moi fermoso dun faro e gustounos tanto que debuxamos o noso propio faro como ilustradoras/es profesionais.

¡ Hola faro ! de Bibiana Boedo

Facemos Ioga cos animais mariños para relaxarnos.



Aqui tendes o vídeo por si queredes seguir practicando.


Por fin comezamos as clases de Teatro con Ramiro, dentro do programa MUS-E.
Nesta primeira sesión quentamos motores presentándonos e facendo algún xogo.


7

E seguimos versionando as obras de Romero Britto ao tempo que aprendemos a pintar con pincel.






Seguiremos actualizando. . .
Biquiños

Bibi

sábado, 7 de mayo de 2022

CONTEXTO DE XOGOS MAIO

 Esta semana no contexto de xogos estivemos traballando moito coa letra O.

Tiñamos que recoñecer e atopar a palabra correcta para pegar ao lado de cada debuxo. Había que fixarse moi ben en todas as letras, e como todas comezaban pola letra O había que poñer moita atención en cómo remataba cada palabra.


Tamén traballamos discriminación auditiva. Dicíamos en voz alta o nome dos debuxos prestando moita atención a si comezaba por O ou por outra letra , para colocar os debuxos no sitio correcto.


Preparamos os dorsais para a carreira solidaria do luns.


E tamén comezamos a preparar con moitísima ilusión portadas dalgúns dos nosos traballiños.


¡ Ides alucinar coa portada do noso Proxecto de Pingüíns! ! !
Fixémola en varias fases porque ten moooooito traballño detrás. 
Esta semana, por fin, rematámola,


E tamén seguimos investigando Os Pingüíns e outros animais que habitan na Antártida, algúns deles en perigo de extinción. Falamos do que iso significaba e da necesidade de coidar o noso planeta e as especies que viven nel.
Para rematar fixemos un súper traballo en papel no que plasmamos parte do aprendido e tamén traballamos lectoescritura.
Paréceme interesante que vexades máis polo miúdo en qué consistiu a actividade individual en papel.
Nesta folla había que atopar no texto do enunciado tres palabras: focas, krill e albatros. Logo había que rodealas, para non perdelas. Con isto traballamos conciencia fonolóxica e auditiva. Prestaron moita atención a por qué letra comezaba cada unha, cal viña despóis, por cal remataba, etc.
Son ritmos moi diferentes de traballo, houbo quen precisou máis axuda, quen menos e quen ninguha. Cada quen vai ao seu ritmo, que ten que ser respectado.
Pero o mellor de todo foi o interese enorme que amosaron tod@s! ! !


Unha vez localizadas as palabras, tentaron escribir cada unha no lugar correspondente, mirando polo enunciado no que as tiñan rodeadas.


E tamén xogamos moitíiiiiiiisimo e pasámolo xenial no patio.


¡ Seguiremos actualizando ! ! !

Biquiños

Bibi

sábado, 2 de abril de 2022

CONTEXTO XOGOS MARZO: SORPRESAS DE PRIMAVERA

 Esta semana no Contexto de Xogos estivemos elabotando as portadas dos nosos traballiños do segundo trimestre.




Xogamos e aprendemos co noso novo Abecedario de Primavera.


Iniciámonos na robótica xogando co rato Blue.


Estamos aprendendo moitas cousas sobre os pingüíns e tamén coa axuda da motivación que xenera en nós o tema dos pingüíns.



Aqui vos deixamos algúns vídeos dos que vimos na clase, cos que aprendimos moito e pasámolo xenial.




Neste Contexto xogamos a aprendemos un mooooontón! ! !


E para rematar a entrada desta semana, quixera decirvos que o sábado 2 de abril foi o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida e promover a súa inclusión en todos os ámbitos da sociedade. Por iso, gustaríame pensar que entre tod@s podemos axudarlles e aportar o noso graíño de area, sendo nós quen cambiemos a nosa forma de ver o mundo.  Así que,  esta semana despídome con esta ilustración de MADEBYCAROL.


Seguiremos actualizando. . .

Biquiños

Bibi

sábado, 26 de marzo de 2022

CONTEXTO CASA-POBO MARZO 2022: XOGANDO COAS MATES

 Esta semana que remata tocounos xogar e aprender no Contexto Casa-Pobo onde xogando coas mates aprendimos moitas cousas.




Aprendimos a medir empregando partes do noso corpo como as mans ou os pés.


Poñémolo en práctica medindo unha das mesas da clase e un libro de Pingüíns.


Seguimos aprendendo cousiñas cobre os pingüíns. Esta semana tocou falar da súa alimentación, na que predominan peixe e krill. Burguiña deixounos na clase uns debuxos con moitos alimentos para que nós atopásemos e pintásemos só a comida dos pingüíns.


Tamén aprendimos unha poesía sobre un pingüín.
E como o día 21 era o Día Mundial da Poesía, fixemos un lapbook coa poesía para agasallar con él a unha/un compi de clase, polo que fixemos un fermoso intercambio de poesías.



Fomos á Biblio a desfrutar e aprender múltiples actividades da Biblioteca Creativa.



Comezamos a preparar as portadas dos nosos traballiños de final de trimestre.


E falamos moito da chegada da Primavera e do Día Internacional da Felicidade, así como daquelas cousas que nos fan felices ou das que nos poñen tristes.


Algunhas das cousiñas que falamos, plasmámolas nos seguintes debuxos.

Light Green and Lavender Organic Abstract Education YouTube Outro de Bibiana Boedo

Seguiremos actualizando.
Biquiños
Bibi

sábado, 12 de marzo de 2022

CONTEXTO DE ARTE MARZO

 No contexto de Arte estivemos facendo pingüíns con pasta de modelar.

Cando secaron estivemos pintándoos.





Fixemos un igú estampando unha peza das construccións mollada en pintura branca para facer bloques de xeo. Este iglú é para facer unha sorpresa! ! !




Pintamos como artistas e estamos aprendendo a limpar despois autónomamente os nosos utensilios de Arte.


E ademáis , montamos con materiais de refugallo unha mini - Antártida para xogar cos pingüíns.


Seguiremos actualizando. . .
Biquiños

Bibi