Mostrando entradas con la etiqueta WARHOL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta WARHOL. Mostrar todas las entradas

martes, 25 de junio de 2013

FIN DE CURSO E FIN DE FESTA ! ! !

Pois xa estamos en xuño, e parece que foi onte cando coñecín á miña pandilla de piratas, ala polo mes de setembro. . . Qué rápido pasou o tempo. . .  canto medraron. . . canto aprenderon e canto me ensinaron . . . meus pequerrechos. . . 

Aqui vos deixamos as nosas derradeiras aventuras ata o curso  próximo. . .

Asi foi como nos despedimos de Andy Warhol, facendo os nosos autorretratos e o noso propio deseño de lata de sopa. Non cabe dúbida de que somos uns artistas ! ! ! 


Mirade cómo Warholeamos. . . 

DESPEDIMOS A WARHOL. . . on PhotoPeach

O xoves merendamos unhas galletas moi ricas que nos fixo a nai de Lucas (Graciñas Carla !!!) e que tiveron moito éxito,e o venres, último día de cole antes das vacacións. . . estivo cheo de emocións. . .  Fixemos picnic, xuntámonos cos nen@s da clase de Pilar para unha superfesta, bailamos, cantamos, xogamos no patio dos maiores. . . 
Queredes velo???

FIN DE CURSO E FIN DE FESTA ! ! ! on PhotoPeach

Pois con isto e con  máis dun biscoito. . .  (moitos levamos comidos neste curso. . . ) só me queda agradecer ás familias a vosa colaboración ó longo deste curso, ás miñas compañeiras a vosa axuda incondicional, "á miña Pilar" o moito que aprendo dela e . . . aos meus piratiñas. . . graciñas polos vosos mimos e por verme guapa todos os días. . .  je je je. . .

Deséxovos que veña pronto o verán (pero de verdade) e que teñades unhas felices vacacións !!!

Moooooooitos bicos.


sábado, 1 de junio de 2013

OS GATOS DE ANDY WARHOL. . .

miau
                         

Seguro que os peques xa vos contaron que Andy Warhol tivo moitos gatos (chegou a ter ata 25. . .) e que a todos lles chamaba Sam. . . é unha anécdota que lles encanta. . . Ata un día, fixen como que non sabía os seus nomes e empecei a chamarlles eu a el@s Sam. . . a tod@s. . . e partíanse de risa. . . pero deixáronme moi claro que: "Profe, nosotros no somos gatos. . . "


En vista do éxito aproveitamos para traballar tamaños (grande- pequeno), para traballar lectoesritura e escribir SAM, contar cántas letra ten e dicir cales son e. . .  para artistear un pouco. . . 

Preparad@s para o vídeo !!!

ONDE ESTÁ SAM ??? on PhotoPeach

Aqui vos deixo as plantillas dos nosos traballiños.
 E gustaríame deixarvos tamén unha reflexión. Compartir non está reñido co respecto polo traballo alleo. Si vos fixades, cando publico cousas que non son idea miña, ou que non elaborei , escribo de quén son ( moitas da miña compañeira Pilar, das compañeiras Iria e Pilar da casiña, da miña amiga Vane. . . ) Só vos pido que fagades o mismo co que deixo aqui. . . ainda que non marque as fichas poñéndolle o meu nome como fan noutros blogues. . . quizás confío demasiado na bondade allea. . .  tampouco é plán abusar. . . 



Máis abaixo podedes ver as fotos traballando a letra o, os nosos lectores xenerosos, o cumple de Natalia ou cómo nos pesaron os maiores e cómo descubrimos os números na báscula. . . 

Bicos.

viernes, 3 de mayo de 2013

UNHA ELECCIÓN ARTÍSTICA. . .

Pouco a pouco, a nosa personalidade e os nosos gustos van aflorando.
Esta vez, antes de poñernos máns á obra tivemos que facer unha elección importante: beizos ou zapatos.

center>widgets

Primeiro buscamos en internet os debuxos orixinais de Warhol, comentamos e comparamos.
Despóis, para que a elección fose totalmente nosa e persoal, fixémola en segredo e dixémoslle á profe o que queríamos en voz moi baixiñaaaaa. . .  Ata que tod@s eleximos, non lle dimos a volta á lámina para que @s compañeir@s visen o que escollemos.
E despóis, puxémonos máns á obra. . . 
A semana pasada adicámonos aos beizos e esta semana aos zapatos.
Xa sabemos, que hai cousiñas que si queremos que queden chulis non podemos facelas tod@s á vez.
Por iso, mentres uns pintan, outros xogan nos rincóns.
Agora as nosas obras están no corredor de diante da clase, que parece un museo !!!

WARHOLIZAMOS BEIZOS OU ZAPATOS !!! on PhotoPeach
Tamén buscamos os números do ano no que naceu Warhol nunha sopa de números.



Aqui vos deixamos as plantillas das nosas obras :



Máis abaixo, podedes ver o corto animado co que  traballamos a maneira de resolver os problemas, e tamén aos nosos lectores xenerosos desta semana.

BICOS.

viernes, 26 de abril de 2013

POP ART EN 3 ANOS ! ! !

Esta semana estivo chea de acontecementos , pero sen dúbida, o máis emocionante para nós foi xuntarnos as dúas clases de 3 anos A e B na entrada de infantil,  para facer dúas obras de Pop Art ao noso xeito, que nada teñen que envexar ao que fan outros artistas. . .
A idea víñase rumiando dende que fixemos os pingüíns e nos sobrou poliespán do que empregamos para facerlles o bloque de xeo da base. . . Entón á profe Pilar acendéuselle a súa bombilliña artística e dixo: gardámolos, facemos anacacos para tod@s, que pinten coas máns, e montamos un cadro. . .
E aqui nos tendes. . . preparados para pintar. . .


E agora un vídeo para que nos vexades en faena. . . 


POP ART EN INFANTIL !!! on PhotoPeach

Cando rematábamos a nosa contribución ao Arte, as profes Luz, Elena e Lola, axudábanos a limparnos.
E. . . como anécdota, un neno da profe Maite, cando saíu a buscar a mochila para merendar díxolle:
" Profe, los de 3 años están haciendo una fiesta, ¿puedo ir? "
ja ja ja. . .  Non me digades que non é boísimo. . . 

Máis abaixo vos deixamos fotos doutros acontecementos importantes desta semana: A lectura xenerosa,  o Día do Libro, O Día Mundial da Terra e o cumple de Ana.

BICOS.

viernes, 19 de abril de 2013

ANDY WARHOL CHEGA Á NOSA AULA. . .

A verdade é, que estou descubrindo uns pequenos artistas . . .
Desfrutan moito cas secuencias didácticas de Arte, teñen moita curiosidade por saber cousas da biografía dos Artistas, por ver fotos e por pintar coma eles.
Evidentemente, falamos de cousas adaptadas á súa idade; pero, sobre todo, a elección dos pintores é en función do que se poidan adaptar ao tipo de Arte que os peques fan, chamar a súa atención, motivalos e abrirlles os ollos a diferentes estímulos, para fomentar a súa creatividade.
Estes días comezamos a falar de Andy Warhol, un icono do Pop Art, que os conquistou de seguido. . .



Agora tod@s queren ser Andy Warhol, recortar fotos de revistas (xa lles dixen que pediran permiso primeiro. . . non vaia a ser que recorten o que non deben. . . ) pintar a Mickey Mouse, ter moitos gatos, chamarlles Sam, poñer perrucas. . .

 

En fin, aqui tendes aos  pequen@s Artistas. . .

WARHOLEANDO. PRIMEIRA PARTE. on PhotoPeach

E aqui deixamos o traballiño que fixemos.


BICOS