sábado, 27 de abril de 2024

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

 O pasado martes, 23 de abril, celebramos o Día do Libro con lecturas compartidas no patio coas nosas madriñas e padriños lectores.


 Pasámolo mooooooi ben escoitando historias que nos transportaban a mundos fantásticos.



Seguiremos actualizando. . .

CONTACONTOS COA DRAGONA RAMONA

 O luns A Dragona Ramona visitou o noso colexio e así comezamos a Semana do Libro.

Contounos "El cuento que quería ser leído"



Gustounos moitísimo e pasámolo xenial!

Seguiremos actualizando. . .

sábado, 20 de abril de 2024

TEATRO AFUNDACIÓN: PINGÜIN

 O pasado venres 19 de abril visitamos o Teatro de Afundación para ver a obra Pingüin.

Ali contáronos a historia de Bobo, un simpático pingüín do polo Sur que vide unha emocionante aventura cando descobre que vai ter un irmá .


Seguiremos actualizando. . .

miércoles, 17 de abril de 2024

XOVES DE CIENCIA: BURBULLAS DE CORES

 Comezamos cos experimentos dos Xoves de Ciencias no colexio.

Este ano @s peques de 3 anos somos os primeiros/as.

Fixemos un súper experimento ao que chamamos ; Burbullas de cores.

Primeiro preparamos nunha bandexa bicarbonato, explorámolo e manipulámolo.


Despois preparamos nuns vasos vinagre con colorante alimentario de 3 cores diferentes.


E xa por ultimo,  mesturamos con axuda dunhas pipetas o vinagre co bicarbonato. A mezcla libera Co2 e xeramos unhas fermosas burbullas de cores.


Despois de experimentar na clase e entender ben o experimento explicámolo aos compis doutras clases.
O xoves 11 de abril fomos os protagonistas dos Xoves de Ciencia do cole.


Tamén podedes vernos no Club de Ciencia do colexio se pinchades no seguinte enlace: CLUB DE CIENCIA

Seguiremos actualizando...