Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DE EUROPA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DE EUROPA. Mostrar todas las entradas

domingo, 14 de mayo de 2023

CONTOS, BISCOITOS, MODELADO, MATES MANIPULATIVAS E MOITO MÁIS. . .

 No Contexto de Teatro estamos a traballar as partes dos contos. Deste xeito , as historias que inventamos e representamos por equipos no escenario están sendo moito máis elaboradas.


Elaboramos os biscoitos dos cumpleañeir@s de abril e maio.


Participamos na Carreira Solidaria Save the Childen polo Día de Europa.



No contexto de casa-pobo fixemos a lista da compra.


Compartimos momentos de xogar e aprender.


No Contexto de  Arte fixemos distintas composicións artísticas.


Tamén fixemos modelado en equipo de xeito colaborativo.


E recortamos follas para montar unha sorpresiña.


Ademáis continuamos pintando as esculturas estilo Yayoi Kusama que modelamos a semana pasada.


Seguimos aprendendo matemáticas de xeito manipulativo con distintos xogos no Contexto de Casa-pobo:
- Construímos contando.


- Completamos a serie numérica do Monstro de cores.


- Xogamos á pizza matemática.


- Facemos sumas e restas con flores e regadeiras.


- No Supermercado facemos o inventario, atendemos aos clientes e clasificamos e preparamos pedidos nos carros da compra.


Ás veces en lugar de ler conto, vemos un corto animado e logo reflexionamos e falamos na asamblea sobre o seu argumento. 


Esta vez tocou falar sobre o bullying coa curtametraxe: Un puercoespín en Navidad.


Estamos a facer unha maqueta do aparello dixestivo para participar nos  " xoves de Ciencia" do colexio.



Despedimos a Ana, que remata as súas prácticas do Grao de Mestra de Educación Infantil, cunha sorpresa que lle tiñamos preparada e que. . . algún "paxariño" custoulle non dicirllo. . . ¡Aiiiii eses paxariños faladores...qué perigo teñen!!!
Pero Ana tamén tiña unha sorpresa para nós, fíxonos brownie de chocolate riquísimo para convidarnos á merenda.


¡Grazas por todo profe Ana!
Xa sabes que aqui tes as portas abertas sempre .

Seguiremos actualizando. . .
Biquiños

Bibi

lunes, 16 de mayo de 2022

9 DE MAIO: CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN

 O 9 de maio, para conmemorar o Día de Europa fixemos unha carreira solidaria en colaboración coa ONG save the Children , coa que recadamos cartos para axudar en Ucrania.

Aqui tendes unha escolma de fotos dese día.

carreira solidaria de Bibiana Boedo

Biquiños
Bibi