Mostrando entradas con la etiqueta SAMAÍN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SAMAÍN. Mostrar todas las entradas

sábado, 8 de noviembre de 2025

SAMAGOSTO 2025

Este Samagosto trouxemos cabazas terroríficas para decorar o colexio feitas coa axuda das nosas familias.

Tamén colaboramos pintando lámpadas de papel para facer cabazas que decorasen a Biblioteca do colexio.


Pintamos cartóns de ovos para facer sombreiros monstruosos que decorasen a Biblioteca do cole.


Comemos castañas coa axuda dos nosos padriños e madriñas.




Posamos amosando as nosas caras máis terroríficas. . .










Seguiremos actualizando. . .
Biquiños
Pilar e Bibi

sábado, 9 de noviembre de 2024

SAMAGOSTO 2024

 O pasado mércores 30 de outubro, celebramos no colexio unha gran festa: O Samagosto.

Acudimos cos nosos disfraces terroríficos e comimos castañas asadas coa axuda das nosas familias.


Nos días previos trouxemos as nosas caixas terroríficas para decorar a escola.



Tamén fixemos distintas actividades motivadoras na aula.
Por exemplo xogamos e experimentamos no Contexto Artístico cun caldeiro da bruxa e cunha mesa sensorial con monstriños de Samaín aos que tiñamos que alimentar.



Traballamos moito para facer uns morcegos chulísismos.


Practicamos trazos verticais e horizontais para pintar telarañas.


Participamos na actividade de Contacontos mesturados de Samaín. Cada  quen elexía o conto que quería escoitar e despois dirixíase á clase onde se facía a sesión de contacontos á cegas, sen saber qué profe facía o contacontos. Deste xeito eleximos conto polo verdadeiro interese no seu argumento, independentemente da profe que o contase, e fomentamos ter criterio propio, a iniciativa, a autonomía e a socialización.





No día da festa do Samagosto, recollimos as castañas asadas polas nosas familias e comímolas no patio de primara axudad@s pol@s nos@s padriños e madriñas lectores.
samagosto de Bibianaboedoedu

E agora despedímonos cos nosos posados máis terroríficos e arrepiantres. . .
Presentación Fiesta de Halloween Ilustrado Negro de Bibianaboedoedu

Seguiremos actualizando. . .
Biquiños

sábado, 4 de noviembre de 2023

SAMAÍN 2023

         Nestes derradeiros días mergullámonos en propostas arrepiantes de Samaín coa axuda da profe Marta.



Marta di que está estudando para se profe , pero nós sabemos que ela en realidade xa é profe.

Ten un corazón e unha paciencia enorme con nós, creatividade a moreas e é unha fantástica contadora de historias.

Grazas Marta por compartir este camiño con nós! ! !

Querémoste ata o infinito e máis alá! ! !

Temos que agradecer tamén ás familias os adornos terroríficos de Samaín que elaboráchedes para decorar o cole.



Asistimos a un contacontos de Samaín moi especial na Biblioteca do cole.


Comimos merendas arrepiantes.



Posamos cos nos disfraces taaaaan ben que  asustabamos ao medo.













Seguiremos actualizando. . .
Biquiños

sábado, 4 de marzo de 2023

SEMANA DO 27 DE FEBREIRO AO 3 DE MARZO

 Esta semana rematamos os nosos bonecos de neve.


Compartimos xogos e aventuras, imaxinando xunt@s.


No Contexto de casa-pobo facemos a lista da compra, ímos á tenda, ás veces tócanos ser clientes e outras tendeiras e tendeiros, etc.


No Contexto de Teatro, aprendemos a falar en público e inventamos pequenas historias en equipo para representalas no escenario.


Un dos contos que contamos esta semana foi : Leotolda. Gustounos moito porque tiña un final inesperado. Non chegamos a coñecer á protagonista do conto, pero foron dándonos pistas ao longo da historia para saber cómo era Leotolda e ao rematar tiñamos que debuxala nós.


O martes, os compis que estiveron de aniversario no mes de febreiro nas dúas clases de 5 anos subiron a facer uns biscoitos  á cociña coa profe Susana e convidáronos a tod@s.


Seguimos desfrutando coas historias do "Maestro Ratón", coñecendo os instrumentos da orquestra e descubrimos un novo enigma.


Comezamos a facer uns esquiadores en trineo.


Pasámolo xenial en Mus-e, representando co profe Ramiro en Teatro : un castelo, un barco pirata e unha nave espacial.


E tamén tivemos a oportunidade de observar de cerca unhas prumas de pavo real, descubrindo que parece que teñen ollos .


Seguiremos actualizando. . .
Biquiños

Bibi