sábado, 26 de marzo de 2022

CONTEXTO CASA-POBO MARZO 2022: XOGANDO COAS MATES

 Esta semana que remata tocounos xogar e aprender no Contexto Casa-Pobo onde xogando coas mates aprendimos moitas cousas.




Aprendimos a medir empregando partes do noso corpo como as mans ou os pés.


Poñémolo en práctica medindo unha das mesas da clase e un libro de Pingüíns.


Seguimos aprendendo cousiñas cobre os pingüíns. Esta semana tocou falar da súa alimentación, na que predominan peixe e krill. Burguiña deixounos na clase uns debuxos con moitos alimentos para que nós atopásemos e pintásemos só a comida dos pingüíns.


Tamén aprendimos unha poesía sobre un pingüín.
E como o día 21 era o Día Mundial da Poesía, fixemos un lapbook coa poesía para agasallar con él a unha/un compi de clase, polo que fixemos un fermoso intercambio de poesías.



Fomos á Biblio a desfrutar e aprender múltiples actividades da Biblioteca Creativa.



Comezamos a preparar as portadas dos nosos traballiños de final de trimestre.


E falamos moito da chegada da Primavera e do Día Internacional da Felicidade, así como daquelas cousas que nos fan felices ou das que nos poñen tristes.


Algunhas das cousiñas que falamos, plasmámolas nos seguintes debuxos.

Light Green and Lavender Organic Abstract Education YouTube Outro de Bibiana Boedo

Seguiremos actualizando.
Biquiños
Bibi

sábado, 19 de marzo de 2022

CONTEXTO DE TEATRO MARZO

 Comezamos a semana no Contexto de Teatro asistindo no patio do cole ao concerto en colaboración con Afundación de Cé Orquestra Pantasma.


Levamos para casiña os nosos pingüíns de imáns de nevera rematados.



Aprendemos moito xogando.



Inventamos historias marabillosas que contamos despóis aos compis, coa CAIXA DE INVENTAR CONTOS.


Aprendimos moitas cousas dos 5 sentidos.


Aqui vos deixamos un video dos que vimos na clase.



Aprendimos xogando coa PALABRA SECRETA.


Representamos personaxes no noso pequeno Teatro.


Fixemos unha XINCANA DE IGUALDADE , para o que primeiro tivemos que escoitar atentamente o conto de : DANIELA PIRATA.


Podedes voltar a lembrar o conto si pinchades no seguinte enlace.







Seguiremos actualizando.

Biquiños 

Bibi

sábado, 12 de marzo de 2022

CONTEXTO DE ARTE MARZO

 No contexto de Arte estivemos facendo pingüíns con pasta de modelar.

Cando secaron estivemos pintándoos.





Fixemos un igú estampando unha peza das construccións mollada en pintura branca para facer bloques de xeo. Este iglú é para facer unha sorpresa! ! !




Pintamos como artistas e estamos aprendendo a limpar despois autónomamente os nosos utensilios de Arte.


E ademáis , montamos con materiais de refugallo unha mini - Antártida para xogar cos pingüíns.


Seguiremos actualizando. . .
Biquiños

Bibi

8 DE MARZO : DÍA DA MULLER

 Para conmemorar o Día da Muller fomos á Biblioteca e contamos un conto especial.


Tamén visitamos unha exposición moi interesante sobre mulleres importantes en distintos ámbitos da Ciencia.



 Despois eleximos á nosa favorita exercendo o noso dereito ao voto e depositándoo nunha urna.


Tamén estivemos falando das mulleres da súa vida , menos científicas pero igual de importantes e así de ben as debuxaron.
as mulleres da nosa vida de Bibiana Boedo

Seguiremos actualizando. . .
Biquiños
Bibi

SEMANA DA PRENSA DO 7 AO 11 DE MARZO

 Esta semana conmemorábase a Semana da Prensa.

Nós aproveitamos para analizar, cometar, debatir e aprender sobre pingüíns e contaminación, traballando na aula a seguinte noticia

 
Este é un resumo adaptado da noticia para traballar cos peques.
Podedes consultar a noticia completa no seguinte enlace:


Aqui vos deixamos unhas fotiños do traballo na aula coa noticia.









Seguiremos actualizando. . .
Biquiños.

Bibi


martes, 1 de marzo de 2022

CONTEXTO DE XOGOS EN FEBREIRO E ENTROIDO

 Esta semana falamos moito de Rosalía de Castro, adornamos o seu pelo con flores e cantamos a canción do moucho.





Fixemos fotos moi molonas engalanad@s cos mandadiños do Entroido
entroido 2022 de Bibiana Boedo

No patio estreamos xogos novos.





Fomos ao invernadoiro a plantar fresas.


Plantamos fresas de Bibiana Boedo

E desfrutamos moito do venres de Entroido cos nosos disfraces chulísimos! ! !
venres de Bibiana Boedo

Seguiremos actualizando. . .
Biquiños

Bibi