Fai uns días pasámolo xenial co taller de Instrumentos Tradicionais Galegos grazas a Olga e Pablo da Asociación Cultural Donaire.
viernes, 6 de junio de 2025
TALLER DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS GALEGOS
domingo, 18 de mayo de 2025
CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2025 NO COLEXIO
Este ano homenaxeando ás cantareiras e pandereteiras, celebramos as nosas letras contando no colexio coa actuación de Blandina e Saleta, avoa e nai de dous nenos do noso cole que son cantareiras e pandereteiras en Xacarandaina.
Tamén cantamos xunto a todos os nenos e nenas de Infantil "Felisa vai en coche"
sábado, 22 de febrero de 2025
TEATRO, BAILE E AGRADECEMENTOS
Esta semana toca amosar o noso traballo e agradecer. Porque isto é o que pasa cando tes compis que sempre suman e fan que todo sexa mellor, coas que desfrutas traballando e aprendendo delas.
No Contexto de teatro traballamos expresión oral e estamos comezando a representar o conto "Os 3 porquiños". Imos facelo por equipos, e cada semana iremos vendo o progreso ata poder voar soliñ@s.
Grazas Isa ( Especialista en Audición e Linguaxe) por unirte ás nosas locuras, melloralas e documentar esta primeira vez con fotos e vídeo.
Na aula de Música e coa axuda da profe Anaisy ( Mestra especialista en Música) estivenmos aprendendo a cantar e bailar esta canción tan divertida .
Gracias Anaisy por facer a túa maxia! ! !
Anaisy é capaz de convertir un mércores a primeira hora con sono en . . . fiebre del sábado noche ! jejeje
É un pracer traballar, e bailar contigo!!!
Seguiremos actualizando. . .
sábado, 24 de febrero de 2024
COMEZAMOS PROXECTO: A GUITARRA
Como xa sabedes, este curso o PDI da nosa Biblioteca está adicado aos Inventos.
O invento que nos toca investigar en 3 anos A é : A GUITARRA.
Para axudarnos coa motivación previa, coñecer algúns instrumentos e logo centrarnos na guitarra ,pedimos axuda dun músico. Por iso, esta semana recibimos a visita de Cristóbal que é ademais profe de música. Con él pasámolo xenial e aprendimos moito.
Primeiro presentounos aos instrumentos, e contounos que tamén teñen familias, igual que nós.
viernes, 23 de febrero de 2024
CONCERTO DE AQUI PARA ALÁ
O 23 de febreiro, para conmemorar o Día de Rosalía, todo o colexio asistimos no Conservatorio de Música de Culleredo ao concerto : De aqui para alá.
Pasámolo xenial e gustounos moitísimo cantar e bailar ao ritmo da música.
sábado, 22 de abril de 2023
CONTACONTOS DAS FAMILIAS E VISITA Á ÓPERA
Esta semana, para conmemorar a Semana do Libro recibimos as visitas da familia de Diego e de Martina.
Natalia, a nai de Diego, contounos o conto: El increible barco del Capitán Marco
sábado, 4 de marzo de 2023
SEMANA DO 27 DE FEBREIRO AO 3 DE MARZO
Esta semana rematamos os nosos bonecos de neve.
sábado, 25 de febrero de 2023
CONCERTO DE PACO NOGUEIRAS E VISITA Á DOMUS
Esta semana foi curta pero intensa.
O xoves, para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, fomos ao Concerto de paco Nogueiras no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
sábado, 19 de noviembre de 2022
SEMANA DO 14 AO 18 DE NOVEMBRO
No contexto de Teatro, traballamos a lectoescritura en torno ao vocabulario de outono, a secuencia adicada á artista Yayoi Kusama e ás palabras que conteñen o son da letra M.






























































































































