Mostrando entradas con la etiqueta XOGOS LIM. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta XOGOS LIM. Mostrar todas las entradas

domingo, 10 de mayo de 2015

NOVIDADES VARIAS E UN RECADIÑO.

Ás veces facemos tantas cousas que é difícil adicar unha entrada diferente a cada cousiña.
Por iso deste vez, imos facer un pequeno "remix" para amosarvos distintas cousas que fixemos recentemente.

Comezamos por unha sesión de contacontos á que acudimos a semana pasada na aula de música.


Esta semana estreamos os estoxos de nen@s maiores e. . . estamos encantad@s ca novidade ! ! !



Repasamos distintos conceptos xogando na pizarra máxica co lobo Matías.


Aqui tendes o enlace para seguir xogando: XOGO "EL LOBO MATÍAS"
Tamén o deixamos na columna da dereita do blogue, onte pon:  Enlaces favoritos.

E agora si o recadiño:


Bicos.

lunes, 14 de abril de 2014

XOGAMOS A DETECTIVES DAS LETRAS ! ! !

Para que ninguén se aburra nas vacacións e xoguedes igual que facemos no cole.


Son actividades e xogos do tipo dos que facemos na aula, a nivel oral, en gran grupo no encerado ou na pizarra dixital , ou de maneira individual mediante algunha ficha.


Á volta das vacacións xogaremos tod@s xuntos.
Ide practicando ! ! !



Bicos.




sábado, 22 de marzo de 2014

XOGAMOS CON JORGE PETEIRO.



Agora que isto xa é pan comido . . . aqui tendes outro xogo novo! ! ! 
Pasádeo ben e ide practicando, que esta semana xogaremos con él na clase! ! !

Bicos.

sábado, 8 de marzo de 2014

XOGAMOS NO MAR ? ? ?



Despóis de turrar un pouquiño. . . ejem. . . conseguín subir este xogo que fixen para os meus piratillas ! ! !
Ás veces, as cousas son máis sinxelas do que parecen . . . pero custoume darme conta . . . 
E eu prometéralles que lles ía subir un xogo que fixera para eles! ! !
Agora si. . . a xogar ! ! !

Por certo, se premedes no botonciño que ten na parte superior dereita con forma de cadrado, ponse en pantalla completa. 

Bicos e boa semana !!!

COUSIÑAS DO MAR. . .

Esta semana foi moi curtiña, así que ímos aproveitar a ocasión para ensinarvos cousiñas do mar que aínda non víchedes, cousiñas que fixemos ao longo deste trimestre que está a piques de rematar, igual que a nosa aventura mariña.
Buscamos nunha caixiña de números o ano de nacemento de Peteiro.


Xuntámonos cos nen@s de Pilar para ver a peli "Movida bajo el mar".


Aprendimos que Peteiro naceu na Coruña, que nela está a Torre de Hercules, coñecemos a lenda do xigante Hércules e xa sabemos que a torre é un faro e para qué serven os faros.



Limos na pizarra dixital o conto "Unha casa para un cangrexo ermitaño", repasamos os nomes dos meses do ano, falamos dos cangrexos e aprendimos cousas sobre eles.


Aqui vos deixamos o conto que empregamos na clase, montado por outra mestra que se chama María Pousa.


Anxo trouxo un submariño que fixo o seu tío. Según nos explicou él: "o meu tío é un artista como Peteiro e como Warhol".
 E nós creémolo ben, non hai mais que ver que chulada de submariño ! ! !


Isto motivounos a querer saber mais ! ! !
Asi foi como investigamos o funcionamento dos submariños, por que flotan ou "bucean",  como din eles, polo fondo do mar. . . 


E tamén buscamos quen inventou semellante máquina complicadísisma para os nosos cerebros! ! !
Despóis plasmamos os nosos coñecementos nun pequeno traballiño.


E. . . o mellor de todo. . . coma sempre para o final ! ! !
Estamos pintando, a medias cos nen@s da clase de Pilar, un cadro de Peteiro ! ! !






Bicos.