Antes das vacacións apareceron misteriosamente na nosa clase os seguintes utensilios. . .
Sospeitamos que foi cousa do Pirata Malapata, que acostuma a deixarnos sorpresas para facernos pensar. . . e vaia si pensamos. . .
Tras darlle unhas cantas voltas ao asunto, Isma chegou á conclusión de que "la cosa con patas es para poner el cuadro y pintar". Pedinlle que collese a pizarra magnética e a colocase como si fose un cadro, para ver como quedaba e. . . convenceunos a tod@s. . . Este vai para político ! ! ! je je je. . .
Así foi como rematamos falando dos utensilios que empregan os pintores para traballar nas súas obras de arte: caballete, lienzo, pincel, paleta, pintura, etc.
A curiosidade destes pequerrech@s é infinita, pero a súa memoria tamén. . .
Retomamos o tema esta semana e. . . moitos lembrábanse dos nomes destes utensilios.
Pero a cousa non podía quedarse só en coñecer as ferramentas, había que experimentar e pensamos. . .
Só podemos facer Arte con estos utensilios ?
E con outras cousas podemos pintar?
Podemos pintar con. . . pelotas?
Pois, si !!! iso foi o que fixemos. . . Experimentar e facer Arte pintando ao tempo que facíamos rodar unhas pequenas pelotas de goma dentro dun caixón. . .
A verdade é que nos quedaron cadros bastante parecidos aos de Jackson Pollock. . . polo menos, iso pensamos nós. . . Queredes velo???
ARTISTEANDO . . . on PhotoPeach
Aqui vos deixamos as plantillas dos traballiños que fixemos.
O tempo vai pasando, estes piratiñas van madurando e gustaríame acercal@s ao Arte, pouquiño a pouco.
Para comezar por algo sinxelo, que poidan experimentar e conectar en certa maneira, co proxecto do corpo, estamos coñecendo ao pintor Jackson Pollock.
El@s chámanlle "polo" como os que comemos no verán. . . je je je. . .
O primeiro que fixen foi poñerlles un vídeo no que aparecía pintando, non lles dixen nada, só que tiñan que estar moi atent@s para ver si adiviñaban cal era a súa profesión. Non houbo dúbidas, berraron ao unísono: PINTOOOOOOR.
- Pero qué pinta ¿paredes? casas?
- NOOOOO, CUADROS !!!
Aqui nos tendes vendo o vídeo.
Chamoulles moito a atención, porque o lienzo estaba no chán e Pollock estaba descalzo pintando sobre o lienzo, deixaba gotear a pintura e. . . témoslle ganas ao de descalzarnos, eu tamén para qué negalo, asi que calquera día chegan a casa cos pés manchados de pintura. . .
Pero ademáis, Pollock saía fumando, e aproveitamos que estamos investigando o corpo para dicir o malisisisisismo que é fumar e. . . algún paxariño cantou que os seus papás fuman, e que estropean o corpo. . .
Había que experimentar e. . . como a pizarra máxica gusta moito, comezamos pintando como Pollock empregando a pizarra, de momento sen mancharnos, no seguinte enlace:
Aqui nos tendes desfrutando !!! Ata lle puxemos título ao noso 1º cadro !!!
Pintando como Pollock na pizarra máxica!!! on PhotoPeach
Falamos da data na que nacimos, e da data na que naceu o pintor. Uníndoo co tema do corpo, investigamos e vimos que botamos 9 meses na barriga de mami antes de nacer, que comemos a través do cordón umbilical, que o primeiro que quere saír é a cabeza, que nos cortan o cordón umbilical ao nacer, que o día que nacemos é cando celebramos o noso cumple, e un longo etc.
O tema dou moito de sí. . .ata que chegamos a que Pollock naceu en Xaneiro e buscamos qué nen@s da clase naceron neste mes: Jennifer, Milagros e Daniel. Falamos de que en Xaneiro estamos en Inverno e fai frío, pero que falta pouquiño para a primavera. (que veña xaaaaaaa. . . )
Despóis veu a pregunta do millón: Ónde naceu?
E daquela tivemos que buscar EEUU no mapa mundi e poñer o mapa ben grande na pizarra máxica para velo tod@s. Agora todo o que buscamos témolo que ver en grande !!!
Había algo tamén moi grande entre onde estamos nós e onde naceu él. Ao final chegamos á conclusión de que era un mar moi grande ou un océano !!! Toma castaña!!! Día inspirado ! ! !
Pero que non podíamos chegar andando, só en barco, en avión ou, ca opción de Anxo e Isma que están empeñados en ir en submarino. Pero non vos preocupedes, que xa lles dixen que se nos vai do presuposto. . .
Próximamente outro capítulo das aventuras d@s pequen@s artistas. . .
Aqui vos deixo as actividades en papel que fixemos, para dar fé do que traballamos e lembralo máis adiante:
E tamén a actividade que mandamos para casa esta fin de semana, porque seguimos a voltas co tema do nacemento: