Mostrando entradas con la etiqueta XOGOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta XOGOS. Mostrar todas las entradas

sábado, 15 de noviembre de 2025

A BIBLIOTECA: UN LUGAR PARA APRENDER E DESCUBRIR.

 Nas clases de 5 anos encántanos ir á biblioteca do cole, porque é moito máis ca un sitio cheo de libros (aínda que iso xa nos encanta!). A biblioteca é un espazo máxico onde aprendemos xogando, descubrimos cousas novas e traballamos en equipo.

Alí, por equipos, xogamos con diferentes materiais e xogos que nos axudan a medrar e a desenvolver un montón de habilidades importantes nesta idade. Algúns exemplos son:

🔸 Atención e concentración, para aprender a estar máis tranquilos e centrados.
🔸 Memoria visual, para lembrar formas, imaxes e detalles.
🔸 Pensamento computacional e iniciación á robótica, para resolver problemas, seguir pasos e crear pequenas programacións.
🔸 Coordinación óculo-manual, moi necesaria para escribir, debuxar e manipular obxectos.
🔸 Creatividade e imaxinación, a través dos contos, dos xogos e das actividades.
🔸 Linguaxe e expresión oral, contando historias e falando entre nós.
🔸 Convivencia e traballo en equipo, aprendendo a compartir, escoitar e colaborar.


Cada visita á biblioteca é unha aventura que nos axuda a medrar felices, curiosos e cheos de ganas de aprender. Porque no noso cole… a biblioteca é un mundo de aprendizaxes!

Seguiremos actualizando. . .

Biquiños

Pilar e Bibi

viernes, 16 de mayo de 2025

XOGAMOS AO MÉMORI DO DÍA DO LIBRO

 Para conmemorar o Día do Libro, dende o Equipo de Biblioteca preparáronos un memori de contos chulísimos . Tiñamos que emparellar cada portada co seu argumento , pasámolo xenial e acertámolos todos ! ! !




Seguiremos actualizando. . . 


domingo, 20 de abril de 2025

GYMKANA DE PASCUA

 Despedímonos do derradeiro día do segundo trimestre facendo unha Gymkana de Pascua, na que seguindo pistas e superando retos, atopamos os ovos de Pascua que Burguiña agachou para nós.

Comezamos na clase vendo un vídeo de Burguiña e atopando a primeira pista.


A primeira pista lévanos á Biblioteca , onde lemos un conto moi especial e atopamos a segunda pista.


A segunda pista lévanos ao ximnasio, onde temos que superar un circuíto e atopar a terceira pista.



A terceira pista lévanos ao patio onde ao ritmo da música atopamos a 4ª pista.


A 4ª pista levounos ao hall de infantil, onde tras superar 2 probas atopamos e limos a derradeira pista .



A quinta e derradeira pista levounos a comedor, onde atopamos os avos de Pascua perdidos! ! !




Seguiremos actualizando. . .

jueves, 26 de diciembre de 2024

MOITO XOGO. . .

 Xogando é como mellor se aprende, por iso  é unha parte importantísima do noso día a día no cole.





Con este xogo tan chuli practicamos a pinza e o agarre , porque  temos que aprender a coller ben o lápiz e facer a forza precisa.



O xogo tamén é importante nas tarefas individuais na mesa, por iso chegaron unhas estranas criaturas  de terras lonxanas e misteriosas para acompañarnos na mesa. Chámanse " Os silenciosos" e non lles gusta nada que berremos, asústanse e agáchanse dentro dun bote, gústalles o silencio.


Seguiremos actualizando. . .

jueves, 11 de julio de 2024

XOGOS DE FIN DE CURSO

 Para rematar o curso, fixemos uns xogos coa axuda das familias voluntarias nos que fomos pasando por distintas estacións con actividades de distinto tipo nas que puxemos en marcha os 5 sentidos.

Aqui tendes unha escolma de fotos das actividades que fixemos:

xogos fin de curso de Bibianaboedoedu

Bo verán! ! !
Vémonos o vindeiro curso! ! !

domingo, 9 de junio de 2024

MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS

 Hoxe toca amosarvos unha escolma das actividades matemáticas que estamos a facer na clase.

Xogamos a asociar número con cantidade e tamén a facer equivalencias (poñendo a mesma cantidade no caixón inferior que a que nos indica na plantilla superior )

Traballamos o trazo e a direccionalidade dos números xogando a darlle de comer aos animaliños.


Agrupamos de 3 en 3 obxectos.


Facemos series.


Comezamos a aprender descomposición numérica xogando coa axuda da profe Susana e das casiñas dos números.


Seguiremos actualizando. . .

domingo, 31 de diciembre de 2023

NADAL 2023

 Estes días previos ás vacacións de Nadal fixemos mooooitas cousas divertidas.

Xogamos á ruleta de Nadal.




Fixemos traballiños artísticos especiais de Nadal.



Buscamos moedas de Nadal na neve e colocámolas no taboleiro.



Xogamos a decorar unha árbore con pompóns.




Tamén decoramos a árbore de Nadal de Infantil





Xogamos a poñer botóns á galleta de Nadal .



Buscamos moedas de Nadal na neve.


Colaboramos co Banco de recollida de alimentos Rías Altas.


Recibimos ás familias para contarnos contos.





Despedímonos de Paula e de Marta, agardando que non se esquezan de nós e volten pronto a visitarnos.
Querémosvos moito ! ! !



Recibimos a visita de Papá Noel.





Agardamos con ilusión a chegada dos Reis Magos ao colexio.





Cantámoslles e recibíronos nos seus tronos.





Merendamos chocolate con churros.







E celebramos a festa de fin de ano de Infantil.




Feliz ano 2024 !!!

Biquiños

Pilar e Bibi