Mostrando entradas con la etiqueta PIET MONDRIAN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PIET MONDRIAN. Mostrar todas las entradas

viernes, 15 de septiembre de 2017

A raíña de corazóns, artistadas de Mondrian, xogos compartidos e despedida.

Chega o momento de amosarvos as nosas derradeiras aventuras.
No terceiro trimestre traballamos nun proxecto colaborativo con distintos cursos do colexio.

Primeiro @s compis da clase da profe Ana ( 1º de Primaria) inventaron uns personaxes, logo @s compis Susana ( 4 anos) inventaron unha historia, @s nenos da clase do profe Iván (2º de Primaria) fixeron unha obra de teatro e nós elaboramos os decorados.






Fixemos cadros de Mondrian con témpera e pinceis moooooi finos de maiores.


Fixemos cadros con recortes de papel charol.


Inventamos uns xeados de plastilina "estilo Mondrian" e posamos facendo que os comíamos.


Preparamos unhas estupendas carpetas do artista para levar a casa.


Desfrutamos dunha xornada de xogos compartidos no parque da Laboral.



Celebramos unha merendola compartida o derradeiro día de cole.



E agora si meus piratiñas grandes, chegou o momento de dicirvos ata sempre, que sexades moi felices en primerio e que sigades sendo tan divertidos.
Encantoume coñecervos e compartir este tempo con vos.

Bicos e apertas ata o infinito e mais alá! ! !


sábado, 17 de junio de 2017

Moito Mondrian! ! !

Seguimos aprendendo cousas deste gran pintor e afondando no mundo artístico.

Buscamos en Internet na procura de información para aprender a diferenciar unha paisaxe dun bodegón, o encargado tomou nota no encerado do que nos parecía que podía axudarnos na tarefa.


Logo vimos dous cadros de Mondrian, de distintos estilos e etapas na obra do pintor, pero que representaban unha paisaxe e un bodegón e de xeito individual ubicamos cada un no lugar correcto.


Complicamos un pouco máis o asunto e. . . diferenciamos: bodegóns, paisaxes e retratos.


Pintamos cadros con distintos materiais.
Comezamos pintando bolboretas con ceras brandas e este foi o resultado.


Botámoslle valor e atrevímonos cunhas fermosas flores que pintamos con acuarelas.


Aqui nos tendes estreando os estoxos de maiores e plasmando de xeito individual as nosas investigacións previas sobre os lugares nos que estivo Piet Mondrian. Pero para facelo máis difícil tiñamos que adiviñar de que lugar se trataba só coa pista dun dos seus monumentos máis emblémáticos.


Por tod@s é sabido que para saber o que nos gusta temos que probar, o mesmo pasa coa comida ( non vale dicir que non gusta un alimento sen probalo! ! ! ainda que nisto non tod@s estaban de acordo, je, je, je) que pasa coa pintura.
Investigando a obra deste gran artista descubrimos que probou distintos estilos de pintura, entre eles o Puntillismo e nós decidimos facer o mesmo.
Armámonos de paciencia e fixemos unhas verdadeiras obras de Arte Puntillista.



A nosa creatividade é tanta que incluso deseñamos un coche.
Damas e cabaleiros, con todos vostedes: "RAYO MONDRIAN"


Seguiremos actualizando.

Bicos.

domingo, 21 de mayo de 2017

Seguimos "Mondrianizándonos".

Seguimos a recibir axuda das familias para aprender moito do artista holandés e tamén para xogar con él.

Mateo trouxo moita información sobre a vida e a obra de Mondrian coa que estamos aprendendo moito, Omar unha lámina moi fermosa cunha foto del que puxemos decorando o rincón e Marina un memori para xogar con cadros do famoso artista.


Aqui nos tendes xogando a descubrir as parellas co Memori de Marina.


Comezamos a facer un caderniño do pintor con algunhas das cousas que ímos aprendendo.

Comezamos pola portada, ben chula e. . . como din el@s: con letras estilo Mondrian (porque agora todo é estilo Mondrian. . . ja ja ja)


Co mapa de Europa investigamos onde vivimos nós, onde naceu Mondrian e onde se atopan outros países que coñecemos.
Logo nun traballo individual plasmamos parte do aprendido.


Falamos das bandeiras de distintos países e de como empregan distintas cores  en cada unha delas xunto con  escudos ou distintos símbolos.
Buscamos a bandeira de Holanda e pintámola.


Logo fomos complicando as tarefas. A seguinte proposta foi debater e tomar unha decisión en equipo, por unanimidade e sen discutir nin berrar: cada equipo debía elexir un representante investigador/a que enviaría ao rincón de Piet Mondrian para atopar o ano de nacemento do artista.

Tiña que ser unha decisión razoada, pensando quen era o/a que mellor ía saber cumplir a misión encomendada, non pensando en amizades (cousa difícil a estas idades), pensando na efectividade á hora de resolver a misión. (Luz e eu escoitamos todo tipo de razoamentos e rímonos moito, ji, ji, ji).


Ademais para complicar aínda máis a tarefa, durante o tempo de procura dos investigadores elexidos o resto do equipo debía permanecer en silencio e non podía dar pistas. Todas as ideas e a axuda de cómo facer para atopar o dato axeitado había que decirllo previamente na reunión do equipo.


Por último cada investigador escribiu nas casillas correspondentes ás cores do seu equipo a que consideraban a resposta acertada e, cando todos remataron explicáronos onde atoparon o ano de nacemento do artista e comprobamos entre todos as respostas que eran certas.


O importante de todo isto non era gañar, pois tod@s gañamos, o que aprendimos con esta actividade foi a falar, respectar a quenda dos demais, e o tempo de traballo en silencio para concentrarnos, a poñernos de acordo sen rifar, pensar no que mellor sabe facer cada un e como tod@s aportamos ao grupo dunha maneira ou doutra.

Logo, de xeito individual plasmamos o aprendido xunt@s. Picamos na caixa de números os que precisabamos para escribir a data de nacemento de Mondrian.


Seguiremos actualizando. . .

Bicos. (estilo Mondrian. . .como din por ahi . . . )



lunes, 1 de mayo de 2017

Descubrindo a Mondrian.

Rematamos o curso cun reto, achegarnos á vida e á obra do pintor Piet Mondrian.


Neste último trimestre estamos traballando nun proxecto adicado ao famoso artista e, aínda que a procura de información para aportar ao rincón non é tan doada como nas anteriores ocasións, tanto os peques como as familias están moi motivadas e aportan moitas cousas.

Asi de estupendo temos o rincón de Mondrian e iso que comezamos fai tan só unha semana.
Grazas familias polo voso esforzo buscando e aportando materiais!!!


Estos son algúns dos materiais que trouxemos para o rincón e que fomos presentando e explicando aos compañeir@s.



Temos máis materiais que aínda non tivemos tempo de presentar á clase e explicar e por iso aínda non sacamos a foto.
Próximamente as veredes.

Tamén estivemos traballando en parellas, pintando unhas letras para formar o nome do famoso artista e poñelas no rincón do proxecto. Como non podería ser doutro xeito, pintamos as letras ao "estilo Mondrian".


Limos parte do material aportado e xa descubrimos pequenas pinceladas do que foi a súa vida e a súa obra. sabemos que non sempre pintou así, que seu pai quería que fose mestre, que viaxou por distintos lugares coñecendo diversos artistas que tiveron distinta influencia na evolución da súa obra, etc.

Seguiremos investigando. . . 

Resultado de imagen de gif animado investigar

Bicos.