Estamos a traballar o conto A mellor sopa do mundo, unha fermosa historia que nos axuda a reflexionar sobre valores como a amizade, a solidariedade e o feito de compartir. A través deste conto, o alumnado aprende que o importante non é o que cada quen ten, senón o que todos podemos conseguir xuntos cando colaboramos.
Ademais, o libro permítenos traballar a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, e tamén a educación emocional, xa que fomenta o respecto, a empatía e a convivencia. Pero non nos esquecemos dos/das artistas que levamos dentro, e así pintamos esa rica sopa de amizade.
Para conmemorar o Día do Libro, dende o Equipo de Biblioteca preparáronos un memori de contos chulísimos . Tiñamos que emparellar cada portada co seu argumento , pasámolo xenial e acertámolos todos ! ! !
Esta semana toca amosar o noso traballo e agradecer. Porque isto é o que pasa cando tes compis que sempre suman e fan que todo sexa mellor, coas que desfrutas traballando e aprendendo delas.
No Contexto de teatro traballamos expresión oral e estamos comezando a representar o conto "Os 3 porquiños". Imos facelo por equipos, e cada semana iremos vendo o progreso ata poder voar soliñ@s.
Grazas Isa ( Especialista en Audición e Linguaxe) por unirte ás nosas locuras, melloralas e documentar esta primeira vez con fotos e vídeo.
Na aula de Música e coa axuda da profe Anaisy ( Mestra especialista en Música) estivenmos aprendendo a cantar e bailar esta canción tan divertida .
Gracias Anaisy por facer a túa maxia! ! !
Anaisy é capaz de convertir un mércores a primeira hora con sono en . . . fiebre del sábado noche ! jejeje
Artai trouxo un conto a clase moi interesante , que fomos contando a pouquiños entre varios días porque íanos facendo pensar, falar , poñer en común ideas e aprender a querernos bonito e levarnos mellor.
Unha das claves para non estoupar cando algo nos enfada é respirar e relaxarnos.
Asi que agora temos na clase unha bola máxica que nos axuda a respirar, e aqui nos tendes practicando. . .
No Contexto de Teatro aprendemos a recoñecer as nosas emocións, ordealas e comezar a telas máis reguladas coa axuda do conto do Monstro de cores.
Tamén ordeamos as nosas emocións en botes empregando pompóns de cores.
Coa axuda do profe Pablo que está facendo as súas prácticas con nós, mirámonos do espello do Monstro de cores , explicamos cómo nos sentimos e colocamos o pompón no bote correspondente.
Argallamos unha actividade que tivo moito éxito a partires do conto de Leo Lionni titulado : Su propio color.
Xogamos cun boneco de camaleón a imaxinar de qué cor se poñería ao subirse en distintos obxectos, animáis , personaxes de debuxos animados, etc.
Logo aprendimos nomes de freoitas e verduras ao tempo que seguíamos xogando co camaleón.
E para rematar as actividades en torno ao conto, fixemos a nosa propia versión elexindo unha froita ou verdura para que o noso camaleón se pousase e pintámolo da cor correspondente.
Esta semana en 3 anos A tivemos un contacontos moi especial. A mamá de Iria visitounos para contar o conto : A mellor sopa do mundo.
Sorprendidos por unha tormenta de neve, varios animais refúxianse na casa de Tartaruga que, nese momento, poñía auga a ferver para preparar unha sopa.
Asi comezou esta marabillosa historia coa que descubrimos que a amizade, saber compartir e a colaboración, resultaron ser o ingrediente segredo para facer a mellor sopa do mundo.
Despois do conto escoitamos a canción e a mamá de Iria repartiunos pegatinas do conto para tod@s! Pasámolo xenial! ! !
Grazas por vir contarnos un conto Aurora!
Familias animádevos a vir e contarnos un conto! ! !
Xa non queda casi nada para rematar o curso e comezar as vacacións de verán, por iso esta semana celebramos os cumpres de xuño.
Fixemos un traballiño onde plasmamos o aprendido sobre o ciclo de vida dos vermes de seda e tamén o representamos modelando plastilina.
Estivemos aprendendo a debuxar un tiburón.
Como colofón ao proxecto de Arte adicado a Yayoi Kusama, e despois de aprender cousiñas sobre a cultura xaponesa, comezamos a ver a pelicula de animación xaponesa "Mi vecino Totoro" de Hayao Miyazaki.
No Contexto de Teatro estamos a traballar as partes dos contos. Deste xeito , as historias que inventamos e representamos por equipos no escenario están sendo moito máis elaboradas.
Elaboramos os biscoitos dos cumpleañeir@s de abril e maio.
Participamos na Carreira Solidaria Save the Childen polo Día de Europa.
No contexto de casa-pobo fixemos a lista da compra.
Compartimos momentos de xogar e aprender.
No Contexto de Arte fixemos distintas composicións artísticas.
Tamén fixemos modelado en equipo de xeito colaborativo.
E recortamos follas para montar unha sorpresiña.
Ademáis continuamos pintando as esculturas estilo Yayoi Kusama que modelamos a semana pasada.
Seguimos aprendendo matemáticas de xeito manipulativo con distintos xogos no Contexto de Casa-pobo:
- Construímos contando.
- Completamos a serie numérica do Monstro de cores.
- Xogamos á pizza matemática.
- Facemos sumas e restas con flores e regadeiras.
- No Supermercado facemos o inventario, atendemos aos clientes e clasificamos e preparamos pedidos nos carros da compra.
Ás veces en lugar de ler conto, vemos un corto animado e logo reflexionamos e falamos na asamblea sobre o seu argumento.
Esta vez tocou falar sobre o bullying coa curtametraxe: Un puercoespín en Navidad.
Estamos a facer unha maqueta do aparello dixestivo para participar nos " xoves de Ciencia" do colexio.
Despedimos a Ana, que remata as súas prácticas do Grao de Mestra de Educación Infantil, cunha sorpresa que lle tiñamos preparada e que. . . algún "paxariño" custoulle non dicirllo. . . ¡Aiiiii eses paxariños faladores...qué perigo teñen!!!
Pero Ana tamén tiña unha sorpresa para nós, fíxonos brownie de chocolate riquísimo para convidarnos á merenda.
Comezamos a semana celebrando O Día Internacional do Libro, compartindo lecturas no patio cos nosos padriños e madriñas lectores e lectoras.
Seguimos descifrando os enigmas musicais que nos trae o "Maestro Ratón", coñecendo instrumentos da orquestra e clasificándoos : corda , vento ou percusión.
Visitounos o alumnado de 4º curso de Educación Primaria para facernos uns experimentos e explicarnos científicamente o que acontecía.
Contamos o conto : "La pequeña oruga glotona".
Observamos e aprendemos o ciclo de vida dos vermes de seda.
Xogamos e aprendemos coas mates e coa pequena eiruga glotona.
No recanto de modelado fixemos unhas figuras que pintaremos cando sequen seguindo o estilo de Yayoi Kusama.
No recanto do pincel, fixemos unhas xirafas empregando de modelo as nosas propias mans.
Logo pintamos as xirafas con pincel e pintura e quedaron fermosísimas.
Esta semana, o alumnado de Educación Infantil do noso colexio asistiu a unha actividade intercentros no IES Blanco Amor de Culleredo.
¡Visitamos o instituto rebosantes de ilusión e sentímonos un chisco máis maiores e todo!
Ali o alumnado de 4° da ESO ensinounos moitas cousiñas de María Victoria Moreno e contounos un conto moi fermoso que tiña como protagonista un vagalume.
Ao rematar o conto fixeron con nós unha actividade plástica na que nos axudaron a elaborar o noso propio vagalume e tamén ensináronos a súa Biblio e léronos mooooitos contos.
Seguimos investigando e aprendndo cousiñas sobre a vida e a obra da artista xaponesa Yayoi Kusama.
E compartimos moitos momentos de xogos e diversión.