Mostrando entradas con la etiqueta ROSALÍA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ROSALÍA. Mostrar todas las entradas

sábado, 25 de febrero de 2023

CONCERTO DE PACO NOGUEIRAS E VISITA Á DOMUS

 Esta semana foi curta pero intensa.

O xoves, para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, fomos ao Concerto de paco Nogueiras no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.





O venres visitamos a Domus , onde experimentamos lembrando algunhas cousas que xa sabemos do noso corpo e aprendimos cousas novas do corpo humán. Tamén merendamos cunhas estupendas vistas do mar e das praias de Riazor e o Orzán.






Ao rematar a visita fixémonos unhas estupendas fotos de grupo de recordo.





Seguiremos actualizando. . .
Biquiños

Bibi

martes, 1 de marzo de 2022

CONTEXTO DE XOGOS EN FEBREIRO E ENTROIDO

 Esta semana falamos moito de Rosalía de Castro, adornamos o seu pelo con flores e cantamos a canción do moucho.





Fixemos fotos moi molonas engalanad@s cos mandadiños do Entroido
entroido 2022 de Bibiana Boedo

No patio estreamos xogos novos.





Fomos ao invernadoiro a plantar fresas.


Plantamos fresas de Bibiana Boedo

E desfrutamos moito do venres de Entroido cos nosos disfraces chulísimos! ! !
venres de Bibiana Boedo

Seguiremos actualizando. . .
Biquiños

Bibi


sábado, 3 de marzo de 2018

Día de Rosalía

O 24 de febreiro conmemórase o nacemento desta xenial poeta galega, unha muller innovadora, comprometida e adiantada ao seu tempo.
Este ano, posto que a conmemoración coincidía en fn de semana, decidimos trasladar a súa celebración ao luns 26 de febreiro.

Xuntámonos toda a escola no patio para que a obra de Rosalía cobrase vida a través das voces dos nenos e nenas.
Nas aulas de tres anos traballamos o poema O MOUCHO, musicado no libro- disco PAN DE MILLO do grupo teatral MIGALLAS.


Fixemos uns títeres duns fermosos mouchos cunha estrofa do poema de Rosalía para levar a casa.



O luns cantamos e representamos xenial a canción do moucho diante de todo o colexio.
Aqui tendes unha escolma de fotiños da nosa actuación.


Seguiremos actualizando. . .

Bicos.


martes, 28 de febrero de 2017

180 aniversario de Rosalía

Nos días previos escribimos versos de Rosalía para decorar os chanzos das escaleiras do colexio.




O día 23 de febreiro despois do recreo, saímos a cantar tod@s xunt@s a Alborada no patio e escoitamos recitar aos nen@s maiores os seus poemas.



Bicos.



viernes, 4 de marzo de 2016

24 DE FEBREIRO DO 2016: CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA.

Preparamos unhas flores moi fermosas para cando nos gravaron recitando a nosa frase do poema "A grasia non era moita". Cada clase tiña que aprender unha frase ou varias frases (no caso dos maiores) diferentes, Logo xuntarémolas todas para facer un "Lipdub" (videomontaxe) onde se recitará o poema enteiro, aportando cada clase do cole o seu graíño de area.

Así fixemos as flores.


O día 24 de febreiro, aproveitando que saía o sol, todo o alumnado do colexio xuntouse no patio de Educación Primaria para cantar (coas flores na man) a canción "A grasia non era moita" do Libro Disco "Rosalía Pequeniña" de Uxía.



Agardamos que vos gustasen as flores e a canción.

Bicos.

sábado, 28 de febrero de 2015

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.

Como ben sabedes, comezamos a semana celebrando o Día de Rosalía.


Con motivo desta conmemoración, fixemos distintas actividades moi interesantes: falamos dela, vimos vídeos, cantamos "Maio longo", preparamos un traballiño no que plasmamos parte do aprendido, etc.

Con este vídeo de Rosalía Pequeniña da cantante Uxía comezamos a achegarnos á súa figura a semana pasada.


E con este resumo en imaxes, queremos amosarvos como continuamos aprendendo cousas sobre Rosalia e as actividades que fixemos.



E agora . . . sesión de vídeo:

Día de Rosalía 2015 on PhotoPeach

E xa para rematar, para @s que queiran saber máis, aqui vos deixo un  Libro LIM baseado no libro "ROSALÍA" editado pola Fundación Rosalía de Castro que atopei na rede e feito por outra compañeira.

LIM ROSALÍA

 Bicos e boa semana.

lunes, 3 de marzo de 2014

ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO.

O día 24 de febreiro, celebramos o 177 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.
Xuntámonos no patio para cantar tod@s xunt@s unha versión musicada do seu poema "Has de cantar meniña gaiteira".



 Nos días previos, cada unha das clases escribiu un dos versos que compoñen o poema que logo montamos enteiro. Como veredes, foi un estupendo traballo en equipo ! ! !

Aqui nos tendes pintando a letra que nos tocou facer.

                    
E aqui estamos montando a frase que nos tocou escribir: Canta, dareiche boliños do pote.


E co noso traballiño feito e a canción aprendida, celebramos o seu aniversario cantando no patio.


Aqui tendes un resumo de todo o traballo feito para conmemorar o aniversario.

177 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO. on PhotoPeach
Bicos.

viernes, 1 de marzo de 2013

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA.

O 24 de febreiro está recollido oficialmente como o día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación .
Este ano tivo unha especial relevancia xa que se conmemoraba tamén o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos.
Dende a nosa aula quixemos facer a nosa propia contribución á celebración desta data, e xa que non puidemos estar no acto que se celebrou no cole porque tiñamos excursión, pintamos unhas fermosas e modernas Rosalías ao máis puro estilo de Andy Warhol . . .

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA. on PhotoPeach

Déixovos o patrón da nosa Rosalía por si lle serve a alguén.


bicos.





sábado, 3 de marzo de 2012

VIVA ROSALÍA !!!

Este ano celebramos o 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.
Nos corredores do 2 e 3º Ciclo está a exposición "Rosalía sempre viva, viva Rosalía !!!" e nós estivemos visitándoa e investigando un pouquiño sobre ela.
Temos que mandar un bico a unha amiga da profe que se chama Sonia, porque deixounos un billete de 500 pesetas e unha botella de edición limitada onde aparece Rosalía de Castro.

Viva Rosalía ! on PhotoPeach