Mostrando entradas con la etiqueta BICHOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta BICHOS. Mostrar todas las entradas

domingo, 30 de abril de 2023

CONTOS, VISITA AO INSTITUTO, ARTISTADAS E VERMES DE SEDA. . .

 Comezamos a semana celebrando O Día Internacional do Libro, compartindo lecturas no patio cos nosos padriños e madriñas lectores e lectoras.



Seguimos descifrando os enigmas musicais que nos trae o "Maestro Ratón", coñecendo instrumentos da orquestra e clasificándoos : corda , vento ou percusión.



Visitounos o alumnado de 4º curso de Educación Primaria para facernos uns experimentos e explicarnos científicamente o que acontecía.


Contamos o conto : "La pequeña oruga glotona".


Observamos e aprendemos o ciclo de vida dos vermes de seda.


Xogamos e aprendemos coas mates e coa pequena eiruga glotona.


No recanto de modelado fixemos unhas figuras que pintaremos cando sequen seguindo o estilo de Yayoi Kusama.


No recanto do pincel, fixemos unhas xirafas empregando de modelo as nosas propias mans. 


Logo pintamos as xirafas con pincel e pintura e quedaron fermosísimas.



Esta semana, o alumnado de Educación Infantil do noso colexio asistiu a unha actividade intercentros no IES Blanco Amor de Culleredo.

¡Visitamos o instituto rebosantes de ilusión e sentímonos un chisco máis maiores e todo!



Ali o alumnado de 4° da ESO ensinounos moitas cousiñas de María Victoria Moreno e contounos un conto  moi fermoso que tiña como protagonista un vagalume.



Ao rematar o conto fixeron con nós unha actividade plástica na que nos axudaron a elaborar o noso propio vagalume e tamén ensináronos a súa Biblio  e léronos mooooitos contos.



Seguimos investigando e aprendndo cousiñas sobre a vida e a obra da artista xaponesa  Yayoi Kusama.

E compartimos moitos momentos de xogos e diversión.


Seguiremos actualizando. . .

Biquiños
Bibi

domingo, 19 de junio de 2016

REMATAMOS AS NOSAS INVESTIGACIÓNS E PREPARAMOS O FINAL DE CURSO.

Nestes días estivemos ultimando a preparación dos nosos traballiños para levar a casa.
Rematamos pouco a pouco as nosas ivestigacións sobre bichos falando das formaigas e das abellas, vendo vídeos sobre os seu traballo e cortos da serie "Minúsculo" , que pouco teñen que ver coa realidade dos bichos pero que nos fan rir moito.

Aqui vos deixamos algunhas fotiños das nosas derradeiras investigacións.



E estes son algúns dos nosos vídeos favoritos de "Minúsculo".

- A catapulta.



- Unha historia de amor.



- A avispa e a lúa.



- As carreiras.


Agardamos que pasedes un bo momento en familia cos nosos vídeos favoritos.

Quixera aproveitar para darvos algúns recadiños de cara ao final de curso:

- O venres levaron para casa os traballiños do "Proyecto para jugar a pensar con la mariquita Juanita", adicádelles un tempo a miralos cos pequenos/as e valorade moito o seu esforzo e non me refiro só ao que se ve nas fichas, porque detrás delas hai moito traballo de madurez, observación, saber escoitar e razoamento.
Lembrade que os traballiños de Juanita son para gardar na casa pero as carpetas teñen que traelas de volta á escola para poder gardar os traballos que ímos levar nos próximos días para casa.

- Non vos esquezades que mañán luns día 20 temos a reunión de final de curso na aula ás 17:30 á que é importante que asistades.

- Lembrade que o martes, sempre e cando o tempo o permita, desfrutaremos dunha xornada de xogos ao aire libre no parque da Laboral e para que se desenvolva o mellor posible é moi importante que sigades os consellos que se vos mandaron ao TokApp. (que veñan con roupa e calzado cómodo, protección solar posta xa da casa e unha merenda sinxela que lles resulte doada de comer no campo)

Bicos e boa semana.

domingo, 5 de junio de 2016

@S BICHÓLOG@S NON DESCANSAN NUNCA ! ! !

As nosas cabeciñas non teñen paraxe, por iso seguimos na procura de información sobre os bichos.

Estivemos investigando cousas sobre os caracois, sabemos que NON son insectos, aprendimos os nomes das partes do seu corpo e tamén indagamos cales son as súas comidas favoritas.
Logo plasmamos parte do aprendido en dous traballiños individuais.


Investigamos as arañas e. . . xa postos a contar patas os miriápodos.
Xa sabemos que nin as arañas nin os miriápodos son insectos porque teñen máis de 6 patas.
Despois das nosas averiguacións, plasmamos parte do aprendido nun traballiño individual para o libro dos bichos que estamos elaborando.


Encántanos aprender palabras complicadas e dicir miriápodos agora é "trending topic" na nosa clase! ! ! je , je, je. . . 

Voltamos aos insectos e centrámonos nas súas cabezas, semellanzas e diferenzas.
Todos os insectos teñen na cabeza. . . 


Manuel Nistal tróxonos o invento definitivo, o único e inimitable. . . CAZABICHOS ! ! !
Aclaramos que o que quere e cazalos para investigalos e logo déixaos en liberdade para que vivan felices.
Xa podedes imaxinar que o invento en cuestión causou furor ! ! !
A pregunta do millón era : "Manu, dónde te lo compraron?"


E agora un vídeo resumo en imaxes.

@S BICHÓLOG@S NON DESCANSAN NUNCA! ! ! on PhotoPeach

Bicos.


miércoles, 18 de mayo de 2016

COUSAS DE BICHOS.

Seguimos aprendendo cousiñas relacionadas cos bichos.
Para aprender a diferenciar aos que son insectos facemos traballiños individuais e colectivos.



Conversamos e poñemos en común o aprendido.


Consultamos o material do recuncho para seguir aprendendo cousas novas, comparámolo cos nosos traballiños e facemos hipóteses para saber de qué bicho se trata. Tras chegar á conclusión de que se trata dun escaravello de terra (que é un insecto), escribimos as partes do seu corpo de xeito colectivo (na pizarra dixital) e de xeito individual. 


Cubrimos de xeito individual un traballiño con parte do aprendido.


Acondicionamos o terrario dos insectos pau con corteza de pino e gardamos a terra para. . . algo que xa vos contaremos.


Con moito coidado trasladamos aos insectos para o seu novo fogar e Isaías bótalles auga co sprai simulando a choiva.


O profe Óscar ensínanos o hotel de insectos que fixeron @s nen@s maiores de 2º.
Explícanos cómo o fixeron e que agora hai que deixalo secar ata que esté preparado para colgar dunha das árbores do colexio.
Tamén nos contou que podemos ir visitar un máis grande ao Xardín Botánico que se atopa no Paseo do Burgo e así ademais podemos coñecer moitas especies de plantas diferentes.


Manuel Vila tróuxonos a súa colección de insectos para ensinar.


Xogamos coas cartas de bichos para emparellar cada bicho co lugar onde lle gusta vivir.


E agora un vídeo resumo en imaxes de todas estas bicho-aventuras.

Cousas de bichos on PhotoPeach

Bicos.


domingo, 8 de mayo de 2016

SOMOS BICHÓLOGAS E BICHÓLOGOS! ! !

Imos aprendendo cousiñas novas e convertíndonos en expert@s bichólog@s ! ! !

Pero, antes de entrar en materia, estivemos explorando as ideas previas sobre o tema e debuxando todos os bichos que coñecíamos e. . . outras cousiñas que considerábamos bichos e pouco a pouco aprenderemos que non o son.


Aprendimos algúns trucos para distinguir aos bichos que son insectos dos que non son insectos.


Agora xa sabemos que os insectos teñen 6 patas, antenas, ás e que o seu corpo divídese en 3 partes: cabeza, tórax e abdome.


Xa temos clarísimo que arañas, cempés ou caracois NON son insectos.

Fixemos distintos tipos de bichos para adornar o mural da primavera que temos na entrada de Infantil.


Fomos quen de distinguir as tres partes dos insectos sobre o seu corpo nun traballo de investigadores profesionais casi ! ! !


Comezamos a facer un mural grande coas tres partes dos insectos.


O bichólogo Miguel sitúanos as  partes dos insectos sobre o corpo dunha formiga.


Seguimos aprendendo cousas dos insectos, como por exemplo que son invertebrados e non teñen ósos, ao contrario que as persoas que sí temos ósos no noso corpo.
Buscamos os ósos no noso corpo e no dos compis.


Seguimos buscando información sobre bichos nos libros que trouxemos da casa para investigar e plasmamos algunhas das cousas aprendidas en traballiños individuais.


Aqui vos deixamos un resumo en imaxes d@s expert@s bichólog@s.


BICHÓLOG@S DO BURGO ! ! ! on PhotoPeach

Moitos bicos e boa semana.

sábado, 7 de mayo de 2016

JUANITA E OS SEUS AMIGOS. . .

Seguimos pensando con Juanita e os seus amigos.
Coñecimos a Guillermo, o grilo saltarín e así foi como o debuxamos falando con Juanita.



Guillermo salta moi alto, por iso buscamos en internet distintos tipos de saltos (esquiando, bailando, coa bici, etc)  e falamos da actitude de Guillermo que axuda a Juanita a saltar e tamén a levantarse cando cae.
Ademais, como Guillermo xoga con Juanita, tentamos atopar xogos no cadro de Bruegel "Xogo de nenos".


Juanita recoñece que non sabe saltar como Guillermo.
Falamos das cousas que non somos capaces de facer e da nosa actitude cando isto sucede.
Plasmamos parte das nosas reflexións e afrontamos con sentido do humor o que non somos capaces de facer.


Coñecimos tamén a Carlos o colibrí e fixemos uns debuxos marabillosos nos que aparece con Juanita.


Xa vedes que estamos feitos uns artistas ! ! !


Falamos do traballo de Carlos o colibrí dando bicos ás flores e non había acordo sobre si lles parecía divertido ou aburrido. Pensamos noutros traballos que coñecíamos e que nos gustaban.
Observamos o cadro de Henri Rousseau: Pescadores.
Tardamos en darnos conta da profesión que estaban desempeñando.

Resultado de imagen de rousseau pescadores

Carlos o colibrí coñece todas a flores e nós tamén pensamos en todas as flores que coñecemos.
Logo tentamos escribir o nome dalgunhas.


Por último, coñecimos a Tania a araña.
Resaltamos a actitude de Juanita que da as grazas a Tania por regalarle a súa tea.
Falamos das ocasións nas que debemos dar as grazas ou decir por favor.
Representamos algunhas esceas do conto.


Debuxamos a Tania na súa casa.


Falamos dos distintos tipos de vivenda que coñecíamos : iglús, tipis, rascaceos, etc.
 Tamén da xente que non ten cartos e non pode vivir nunha casa como as nosas.
Vimos unha  foto das favelas de Brasil. Ao principio non sabían de qué se trataba pero pouco a pouco fomos descubrindo que as casas non tiñan cristais nas fiestras, que tiñan as fachadas rotas, que había lixo tirado na rúa, que os tellados non estaban en bo estado, etc.
Pensamos nas comodidades que temos nós nas nosas casas e que non teñen as persoas que viven en casas como as da foto
Reflexionamos moito, na medida en que a nosa idade nos deixa claro, pero teñen bastante empatía e un corazón moi grande para ser tan pequenos.


Tamén falamos das dinstntas "casas" que teñen os animais: tea para as arañas, o mar para os peixes, a colmena para as abellas, etc.

Aqui vos deixamos un resumo en imaxes destes momentos nos que xogamos a pensar cos amigos de Juanita.

Pensando con Juanita on PhotoPeach

Bicos.