Mostrando entradas con la etiqueta SAÍDAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SAÍDAS. Mostrar todas las entradas

sábado, 3 de febrero de 2024

AFUNDACIÓN: CARUNCHO

 Onte visitamos en Afundación  unha exposición coa obra do artista  Luis Caruncho e aprendimos moitas cousas sobre él. 

Era da Coruña, por iso pintou a Torre de Hércules.


Gustábanlle moito as motos e participaba en carreiras.


Gustábanlle moito as matemáticas e  a xeometría , por iso nas súas obras empregaba moitas figuras xeométricas.


Visitamos a exposición prestando moitísima atención a todo o que nos contaban.


Aprendimos tamén que caruncho era arquitecto e por iso trnasformaba figuras xeométricas planas 
en figuras con espazo dentro no que poder entrar persoas , e así construía casas.
Nós fixemos o mesmo no Taller, por iso transformamos figuras xeométricas planas nunha figura con espazo dentro . Ista transformación levámola a cabo tirando dun fío como si de maxia se tratase.




A nosa figura feita no taller levámola como recordatorio do aprendido para casa, xunto cunha figura para poder montar  en familia e unha pegatina de recordo do Museo.


Seguiremos actualizando. . .

sábado, 22 de abril de 2023

CONTACONTOS DAS FAMILIAS E VISITA Á ÓPERA

 Esta semana, para conmemorar a Semana do Libro recibimos as visitas da familia de Diego e de Martina.

 Natalia, a nai de Diego, contounos  o conto: El increible barco del Capitán Marco


Marisol, a avoa de Martina , contounos o conto de : Pum Pum


Xogamos coa recta numérica a poñer os números que faltaban para que o Monstro de cores non estea confundido.


Tamén estivemos preparando a visita do xoves ao Pazo da Ópera para ver a Carapuchiña en versión ópera. Aprendimos que a ópera é unha obra de teatro cantada, que acompaña unha orquestra e que ten uns personaxes , igual que os contos.
Daniella trouxo un libro moi interesante co que aprendimos cousas das orquestras e dos instrumentos musicais.
E por fin chegou o xoves e pasámolo xenial na nosa primeira Ópera.




Seguiremos actualizando. . .
Biquiños

Bibi

sábado, 4 de marzo de 2023

SEMANA DO 27 DE FEBREIRO AO 3 DE MARZO

 Esta semana rematamos os nosos bonecos de neve.


Compartimos xogos e aventuras, imaxinando xunt@s.


No Contexto de casa-pobo facemos a lista da compra, ímos á tenda, ás veces tócanos ser clientes e outras tendeiras e tendeiros, etc.


No Contexto de Teatro, aprendemos a falar en público e inventamos pequenas historias en equipo para representalas no escenario.


Un dos contos que contamos esta semana foi : Leotolda. Gustounos moito porque tiña un final inesperado. Non chegamos a coñecer á protagonista do conto, pero foron dándonos pistas ao longo da historia para saber cómo era Leotolda e ao rematar tiñamos que debuxala nós.


O martes, os compis que estiveron de aniversario no mes de febreiro nas dúas clases de 5 anos subiron a facer uns biscoitos  á cociña coa profe Susana e convidáronos a tod@s.


Seguimos desfrutando coas historias do "Maestro Ratón", coñecendo os instrumentos da orquestra e descubrimos un novo enigma.


Comezamos a facer uns esquiadores en trineo.


Pasámolo xenial en Mus-e, representando co profe Ramiro en Teatro : un castelo, un barco pirata e unha nave espacial.


E tamén tivemos a oportunidade de observar de cerca unhas prumas de pavo real, descubrindo que parece que teñen ollos .


Seguiremos actualizando. . .
Biquiños

Bibi

sábado, 25 de febrero de 2023

CONCERTO DE PACO NOGUEIRAS E VISITA Á DOMUS

 Esta semana foi curta pero intensa.

O xoves, para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, fomos ao Concerto de paco Nogueiras no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.





O venres visitamos a Domus , onde experimentamos lembrando algunhas cousas que xa sabemos do noso corpo e aprendimos cousas novas do corpo humán. Tamén merendamos cunhas estupendas vistas do mar e das praias de Riazor e o Orzán.






Ao rematar a visita fixémonos unhas estupendas fotos de grupo de recordo.





Seguiremos actualizando. . .
Biquiños

Bibi

sábado, 17 de marzo de 2018

Teatro Patapatum

Onte asistimos a unha representación teatral moi especial no edificio de Servizos Múltiples convidados polo Concello de Culleredo.


Era un espectáculo da compañía "O elefante elegante" , no que a través da música e o xesto (pois non falaron en toda a representación) convidaban a unha reflexión acerca do exceso de bens materiais (xoguetes e agasallos)  e acadaron a atención dun público entusiasmado que se portou xenial ! ! !



Durante o espectáculo non estaba permitido sacar fotos, por iso temos só estas pouquiñas que sacamos ao final cando os actores estaban falando cos pequen@s e respostando ás súas preguntas.


Seguiremos actualizando. . .

Bicos.

sábado, 10 de marzo de 2018

Visita á Biblioteca do Fórum na Coruña - 2ª parte.

Xa estamos de volta  unha semana máis con novas aventuras.
Pero antes de ensinarvos o que fixemos esta semana, comezaremos por amosarvos máis fotos da saída á Biblioteca para visitar ao paxariño Ole.

 Aqui tendes as fotos que nos sacou a profe Mirian.
Grazas Mirian, eres unha estupenda fotógrafa! ! !

Primeiro as fotos escoitando os contos, poesías e cancións de Ole.


E agora mirade que ben "lemos" contos ! ! !



Seguiremos actualizando. . .

Bicos.


domingo, 4 de marzo de 2018

Visita á Biblioteca do Fórum na Coruña.

Un día ao chegar ao colexio atopamos unha carta misteriosa moi especial.

Image result for gif animado carta

Estaba na cadeira do encargad@, que deseguido a colleu para ensinala a toda a clase.


Ao ler a postal descubrimos que estaba escrita por un  paxariño que se chamaba OLE. Contábanos como chegou voando á cidade da Coruña e fixo a súa casa na Biblioteca do Fórum no Parque Europa.
Alí fíxose amigo das bibliotecarias e convidábanos a visitalo e coñecer a Biblioteca do Fórum.


Cando chegamos á Biblioteca xa nos estaban agardando, contáronos como organizaban os libros, como había que facer para levar contos para ler pola noite en casa antes de durmir, escoitamos contos e poesías, rímonos moito e cantamos co paxariño Ole, etc.


Antes de rematar a visita puidemos elexir contos libremente e buscar un sitio confortable e tranquilo para ler como maiores.



Foto de grupo para o recordo.
Clicade sobre a imaxe para vela ampliada.


De volta na escola, falamos de todo o que vimos e aprendimos e pintamos ao paxariño OLE.


Recadiños importantes :

1. Lembrade que o xoves 8 de marzo é día non lectivo.

2. Igual que fixemos ao final do 1º trimestre, dentro duns días levaremos para casa as nosas carpetas grandes de gomas cos nosos traballiños deste trimestre. Lembrade que os traballiños son para quedar na casa , pero as carpetas baleiras había que traelas de volta ao colexio. Algúns nen@s non trouxeron de volta a carpeta baleira despois do 1º trimestre e precisámolas canto antes para comezar a preparar os nosos traballos deste trimestre.

3. O venres levaron para casa unha carta do paxariño Ole, si queredes facervos socios/as da Biblioteca do Fórum, tendes que entregar a documentación alí persoalmente.

Que teñades boa semana ! ! !

Bicos.

domingo, 25 de febrero de 2018

Afundación: A nena e o grilo nun barquiño.

Acudimos á nosa primeira excursión deste curso en Afundación.
Alí pasámolo xenial vendo esta estupenda función de música e teatro.



Con este espectáculo de Magín Blanco, as dúas personaxes da historia viven unha viaxe coa que descubren o mundo a través de distintas aventuras que inciden na solidariedade, o respecto pola natureza, a identidade e o universo afectivo.

Aqui vos deixamos unhas fotiños da visita.



Seguiremos actualizando. . . 

Bicos.


viernes, 15 de septiembre de 2017

A raíña de corazóns, artistadas de Mondrian, xogos compartidos e despedida.

Chega o momento de amosarvos as nosas derradeiras aventuras.
No terceiro trimestre traballamos nun proxecto colaborativo con distintos cursos do colexio.

Primeiro @s compis da clase da profe Ana ( 1º de Primaria) inventaron uns personaxes, logo @s compis Susana ( 4 anos) inventaron unha historia, @s nenos da clase do profe Iván (2º de Primaria) fixeron unha obra de teatro e nós elaboramos os decorados.






Fixemos cadros de Mondrian con témpera e pinceis moooooi finos de maiores.


Fixemos cadros con recortes de papel charol.


Inventamos uns xeados de plastilina "estilo Mondrian" e posamos facendo que os comíamos.


Preparamos unhas estupendas carpetas do artista para levar a casa.


Desfrutamos dunha xornada de xogos compartidos no parque da Laboral.



Celebramos unha merendola compartida o derradeiro día de cole.



E agora si meus piratiñas grandes, chegou o momento de dicirvos ata sempre, que sexades moi felices en primerio e que sigades sendo tan divertidos.
Encantoume coñecervos e compartir este tempo con vos.

Bicos e apertas ata o infinito e mais alá! ! !