Mostrando entradas con la etiqueta PINGÜÍNS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PINGÜÍNS. Mostrar todas las entradas

sábado, 19 de marzo de 2022

CONTEXTO DE TEATRO MARZO

 Comezamos a semana no Contexto de Teatro asistindo no patio do cole ao concerto en colaboración con Afundación de Cé Orquestra Pantasma.


Levamos para casiña os nosos pingüíns de imáns de nevera rematados.



Aprendemos moito xogando.



Inventamos historias marabillosas que contamos despóis aos compis, coa CAIXA DE INVENTAR CONTOS.


Aprendimos moitas cousas dos 5 sentidos.


Aqui vos deixamos un video dos que vimos na clase.



Aprendimos xogando coa PALABRA SECRETA.


Representamos personaxes no noso pequeno Teatro.


Fixemos unha XINCANA DE IGUALDADE , para o que primeiro tivemos que escoitar atentamente o conto de : DANIELA PIRATA.


Podedes voltar a lembrar o conto si pinchades no seguinte enlace.







Seguiremos actualizando.

Biquiños 

Bibi

sábado, 12 de febrero de 2022

SÚPER DEBUXOS DE PINGÜINS

 Esta semana seguimos recibindo axuda da casiña en forma de material para investigar os pingüíns.







Pero non nos esquecimos de que vos debía amosarvos os debuxos fermosísimos que fixeron do conto: CON TANGO SON 3













Seguiremos actualizando. . .
Biquiños
Bibi




sábado, 5 de febrero de 2022

CONTEXTO DE ARTE FEBREIRO

Esta semana que remata estivemos no Contexto de Arte e pasámolo xenial facendo cousiñas mooooi chulis.
Pero tamén comezamos a recibir material da casa para o noso Proxecto dos Pingüíns.


Pintamos unha casiña de paxaros para poñer nunha das árbores do cole.





Fixemos copos de neve con sal seguindo unha idea de @a_profe_inne .


E logo pintámolos con colorante alimentario diluído en auga e un contagotas.



E xa para rematar pegámoslle ao redor, facendo un marco, papel charol de tonos azuis facendo unha serie ( claro-escuro).


Fixemos ademáis composicións artísticas con pintura, rotus ou cunchas e peiteados moi especiais lanzando o dado dos grafismos creativos.



E tamén unha pomba da paz moi fermosa con pasta de modelar de secado rápido que logo pintamos cuns rotus especiais.


Quédame pendente ensinarvos uns debuxos de pingüíns alucinantes que fixeron o venres, pero que non me dou tempo de facerlles foto a todos.


Ata pronto! ! !
Biquiños

Bibi