Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DA MULLER. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DA MULLER. Mostrar todas las entradas

domingo, 8 de marzo de 2026

DÍA DA MULLER 2026

 Con motivo do Día da Muller, realizamos unha actividade especial na biblioteca do centro a través dunha sesión de contacontos, na que coñecemos a historia de Vagalume.

Tras a lectura, mantivemos unha pequena conversa para reflexionar sobre o conto e compartir as nosas ideas e impresións.

Para rematar, o alumnado expresou o que máis lle gustou mediante un debuxo, dando forma ás súas emocións e aprendizaxes.



Ademais, falamos dunha muller aventureira e valente como foi Amelia Earhart, coñecendo un pouco da súa historia e do seu exemplo.A través da súa biografía, reflexionamos sobre a importancia de loitar polos propios soños, superar as dificultades, confiar nas propias capacidades e entender que as mulleres tamén poden acadar grandes retos en calqueira ámbito.


Seguiremos actualizando. . . 


sábado, 15 de marzo de 2025

DIA DA MULLER 2025

 Nesta data sinalada traballamos o conto. . .


Reflexionamos acerca de non perder a nosa esencia nin deixar de ser quen somos ou cambiar para contentar a ninguén.
 Falamos da importancia de saber voar libres,
E representamos esa idea forza cunhas bolboretas que voaron ás nosas casas para agasallar ás mulleres da nosa vida.


E tamén no mural conxunto que elaboramos tod@s os nen@s de Educación Infantil.



Seguiremos actualizando. . . 

miércoles, 20 de marzo de 2024

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

 O pasado 8 de marzo, polo Día da Muller, levamos para casa unhas fermosas macetiñas con lavanda para agasallar ás mulleres da nosa vida.

Primeiro coñecimos a planta da lavanda, ulímola e tocámola.


Logo plantamos.




Preparamos con moito amor uns carteis chulísimos para acompañar as nosas lavandas.


E agasallamos ás mulleres da nosas vidas.


Seguiremos actualizando. . .

domingo, 11 de marzo de 2018

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER


Moitas veces non resulta doado traballar con alumnado tan pequeno estas conmemoracións, pois o seu nivel de madurez non lles permite entender a súa importancia.

Ás titoras de 3 anos pareceunos que podíamos tentar achegar ao alumnado a figura de Emilia Pardo Bazán falándolles dela na súa infancia e tentando resaltar o seu gusto pola lectura e fomentar neles a curiosidade polas letras.
Eliximos esta figura feminina pola súa especial relevancia como pioneira defendendo os dereitos das mulleres.
E posto que do 5 ao 9 de marzo, conmemorouse ademais a Semana da Prensa, parecíanos importante tamén destacar que foi  a primeira muller corresponsal de prensa no estranxeiro.

Unha muller, sen dúbida, adiantada ao seu tempo! ! !


Seguiremos actualizando. . . 

Bicos.






domingo, 2 de abril de 2017

Un pouco de aqui e un pouco de alá.

A fin de semana pasada foime imposible actualizar o blogue, por iso agora fareivos un remix dalgúns dos nosos mellores momentos que aínda non vos contamos.

Comenzamos a xogar no recuncho da lóxica-matemática co autobús das sumas e restas, pero primeiro aprendimos a usalo tod@s xuntos na asamblea coa encargada do día que era Itziar.


Traballamos a letra t e fixemos un tigre moi especial coa palma da man.


Deixámosvos unha pequena pista das que van ser as nosas portadas do 2º trimestre.
Isto é so un adianto, para vela rematada tendes que agardar uns días ! ! !


Desfrutamos coa saraiba que caeu fai uns días xogando ben abrigadiñ@s no patio novo.


Polo 8 de marzo, Día da muller, coñecimos un pouquiño da vida dunha muller excepcional Amelia Earhart, célebre aviadora estadounidense famosa polas súas hazañas voando e por tentar a primeira viaxe aérea ao redor do mundo sobre a liña ecuatorial.

Resultado de imagen de amelia earhart


Resultado de imagen de amelia earhart

Tamén vimos un vídeo co que reflexionamos sobre o reparto de tarefas no fogar e traballamos a coeducación.
Aqui volo deixamos. Aos peques non lles fixo falla entender o que falaban para entender a situación.


Agardamos que vos gusten as nosas novas aventuras.

Seguimos en proceso de actualización do blogue.