sábado, 11 de junio de 2022

CONTEXTO DE XOGOS XUÑO E BURGO TV

 Esta semana, rematamos e levamos a casa as actividades en papel do proxecto de Pingüíns.



Xogamos e aprendemos moito.



Este ano o PDI (Proxecto Documental Integrado) que propuxeron dende a Bblioteca do cole era sobre Os Medios de Comunicación e relacionado co noso colexio.
@s peques de 4 anos participamos xuntos nas dúas clases facendo un programa de tv e un anuncio publicitario sobre o noso lugar favorito do cole: O patio de Infantil ! ! !
Aqui tendes o resultado! ! !
Pinchade no enlace para velo.



En Psicomotricidade pasámolo xenial coa profe Susana.



E agora vou contarvos algo que me emocionou moito.
Fai unhas semanas quedei sen voz, pero días  antes xa  coa voz ronca non podía cantar as cancións da asamblea. Asi que, aconteceu algo que me parece moi fermoso e que amosa o gran corazón e sensibilidade destes peques . Aitana pedía as cancións e @s compis cantáronlle porque eu non podía.
Agora facémolo así todos os días.
Estou moi orgullosa de tod@s meus pequenos piratiñas ❤! ! !




Seguiremos actualizando.

Biquiños

Bibi

sábado, 4 de junio de 2022

CONTEXTO CASA-POBO XUÑO

 Esta semana , a profe Susana levounos a ver os pitiños na incubadora.


Tamén fixemos psicomotricidade , como todos os martes, no ximnasio.



Coa profe Bibi aprendimos mates xogando de xeito manipulativo.


E o venres, fixemos Teatro, dentro do Programa Mus-e , co profe Ramiro.



Seguiremos actualizando.

Biquiños

Bibi