Mostrando entradas con la etiqueta DINOSAUROS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DINOSAUROS. Mostrar todas las entradas

sábado, 16 de junio de 2012

A DINO-MANÍA TOCA O SEU FIN. . .

A DINO-MANÍA TOCA O SEU FIN. . . on PhotoPeach

O curso está tocando o seu fin e a nosa dino-manía tamén, aprendimos un lote de cousas, fixémonos máis autónom@s, aprendimos a buscar información e fixemos un libriño con algunhas das cousas que aprendimos.
Temos que agradecervos ás familias a vosa confianza nas nosas aventuras e a vosa colaboración nas nosas nosas investigacións ao longo deste curso. Graciñas por todo ! ! !

Ao longo desta semana iremos levando para casa todo o material que trouxemos para investigar os dinosauros, foi tanto que foi imposible ler todo . . .


Lembrade que este luns día 18 de xuño ás 18:30 temos reunión.
Non faltedes !

Un bico enorme e ata o luns !


sábado, 26 de mayo de 2012

QUÉ TIPAZO ! ! !

Non vos asustedes ! Nin estamos tolos, nin imos falar dos nosos corpos serranos. . . o que pasa é que nestes días falamos do corpo dos dinosauros e das súas diferenzas e semellanzas co noso corpo. Pintamos un dinosauro grande, contamos cántas patas tiña, falamos de que as persoas non temos patas, que temos brazos e pernas  ( aínda que algún segue dicindo que ten patas . . .),  comparamos o número de dedos que teñen os dinosauros cos que temos nós, tamén comparamos as dentaduras. . . En fin, que como vos imaxinaredes xa, a conversa deu moito de sí porque leria temos moita . . .
Despois puxemos ao noso gran dino o nome dalgunhas partes do seu corpo e colocámolo no pasillo, pero . . . moi ao noso pesar . . . non asusta a ninguén . . . nin aos nosos irmáns pequenos . . . je je je . . .
E xa para rematar, cada un de maneira individual puxo o nome das partes do corpo ao seu dinosauro pequeno e coloreouno ao seu gusto.
Aqui vos deixamos algunhas fotiños e tamén un enlace novo para xogar cos dinosauros.


Cando entredes no enlace, para xogar cos dinos tendes que elexir o 1º trimestre (onde pon 1 T ) e despois pinchar onde pon "somos investigadores" ou pinchar directamente na imaxe do dinosauro que aparece debaixo do globo. Tamén hai outros contidos que non son de dinos pero vos poden interesar.

Bicos.



viernes, 11 de mayo de 2012

A VOLTAS CO METEORITO ! ! !

     As nosas investigacións van vento en popa, e agora que ímos maiores  lemos bastante pola nosa conta. A nosa curiosidade é casi insaciable, e ás veces ó rematar o traballo preferimos ler libros de dinosauros antes que xogar nos rincóns.
     Estamos aprendendo un lote de cousas e para non esquecelas estamos elaborando un libriño con tanta idea nova que chega ás nosas cabeciñas.


A VOLTAS CO METEORITO . . . on PhotoPeach

sábado, 5 de mayo de 2012

DINO NOVIDADES.

      Nesta semaniña, aínda que foi curta, fixemos un lote de cousas. Ademáis tiñamos cousas da semana pasada que non vos ensinamos, porque é tanto o que "argallan" as nosas cabeciñas pensantes, o que investigamos e o que traballamos. . . que é moi difícil facer vídeos resumo de toda a semana !!! 
    Estamos moooooi motivad@s, e o mesmo lemos, que xogamos ou vemos vídeos da BBC da serie "Caminando entre dinosaurios" cos que aprendemos un montón. . . 
    Algún xa dixo que quería ser paleontólogo. . . pero cando investigamos a Picasso dicían que querían ser pintores. . . así que non sei en qué quedará a cousa. . .
     Aquí vos deixamos un vídeo con cousas que fixemos esta semana e tamén a semana pasada . . . Desfrutade das nosas dino-novidades. . . 



DINO NOVIDADES on PhotoPeach

sábado, 28 de abril de 2012

CAMIÑANDO ENTRE DINOSAUROS . . .

    Como xa saberedes, nestes días estivemos lendo o conto do "Dinosaurio Belisario" e fixemos uns debuxos do conto mooooi chulos, nos que parece que o que máis nos gustou foron os calzóns de corazonciños que tiña . . .


    Estivemos moi ocupad@s facendo un bote para os lápices de dinosauros. E falamos de que agora que ímos maiores e que para o ano ímos para 1º de Primaria, estaría ben que tivésemos un escritorio ou un lugar tranquiliño para nós, no que poñer o noso bote de lápices para facer as nosas cousiñas do cole, pintar, ler e , en definitiva, no que poidamos adquirir bós hábitos de estudo o día de mañá. 
     Tamén vos contamos que fixemos un mural para o pasillo, pero aínda non vos ensinamos as fotos. Agora veredes como nel plasmamos as nosas aprendizaxes sobre dinosauros e outros seres que habitaban nesa época, pero que non son considerados dinosauros. Puxemos ao lado de cada un o seu nome e tamén si eran carnívoros ou herbívoros,  falamos da vexetación que había na época dos dinosauros e, como non, dos volcáns.


CAMIÑANDO ENTRE DINOSAUROS on PhotoPeach

Ah ! Pasámolo moi ben no ordenador, con estes xogos de dinosauros, e encargáronme ben que lembrase  poñervos aquí os enlaces para xogar nestes días, e para que non me pidan o libro de reclamacións. . .

http://www.tudiscoverykids.com/juegos/dinosaurios/

http://es.yupis.org/juegos/el-juego-de-los-dinosaurios/#play

Moitos bicos e lembrade que voltamos ao cole o mércores día 2 de maio.

domingo, 22 de abril de 2012

A CANCIÓN DOS DINOSAUROS.


Esta semana cantamos e bailamos esta canción dos dinosauros, é todo un éxito na nosa clase. . .  Pero, ollo ! ! ! Non todos son dinosauros. Sabes cales non son ?


sábado, 21 de abril de 2012

VOLTAMOS Á ERA DOS DINOSAUROS !

Os dinosauros invadiron a nosa clase, non sabemos  moi ben cómo chegaron. . .  O que si sabemos é que non foi voando e aterrando en Alvedro, nin nadando pola Ría do Burgo. . . porque se algo quedou claro nesta semana é que só eran dinosauros os terrestres.
Así empezamos unha nova aventura, que nos levou á pizarra dixital a ver unha presentación que fixo a profe para abrir boca, falamos do que comían, de cómo vivían, cómo nacían, etc., e aprendimos un lote palabras novas, algunhas rarísimas. . .
Fixemos un mural no pasillo, aprendendo a distinguir os que eran ou non eran dinosauros, cantamos e bailamos cunha canción de dinosauros,  xogamos no ordenador cun xogo de dinosauros, xogamos nos rincóns con dinosauros de xoguete, contamos contos de dinosauros. . . En fin, benvid@s á dinosauro-manía.


Empezaremos por ensinarvos toooodo o que trouxemos á clase para investigar e cómo o organizamos. . . Como sempre digo, sodes as familias máis colaboradoras do mundo mundial . . . Graciñas.


A INVASIÓN DOS DINOSAUROS . . . on PhotoPeach Perdoade se non sae algo, pero é imposible reflexar toooodo o que temos na clase ! bicos.

viernes, 30 de marzo de 2012

NOVIDADES E RECADIÑOS VARIOS...

Damas e cabaleiros, comprácenos anunciarvos que rematamos a nosa versión do Guernica, tras longos meses de traballo e investigacións...
Aproveito para agradecervos dende aqui ás familias a vosa colaboración, xa  que nos axudáchedes moitísimo a investigar e atopar información na casa para traer á escola e seguir investigando sobre Pablo Picasso no cole. Tanto foi así que me vin desbordada de información e aproveitamos para aprender a seleccionar o máis importante, ler polo miúdo o máis interesante e acorde á idade dos vosos fill@s, e un pouco máis por enriba as cousas máis difíciles ou que estaban repetidas. Sodes os máis colaboradores do mundo mundial !!!
Á volta das vacacións, veredes o libriño que elaboramos na clase con algunhas das cousas que aprendimos de Picasso.


A NOSA VERSIÓN DO GUERNICA on PhotoPeach




Tamén queremos ensinarvos cómo estivemos aprendendo o nome de distintas flores, agora que chegou a Primavera.




E LEMBRADE...


- AS CLASES COMEZAN O MARTES DÍA 10 DE ABRIL.
- TRAER UNHA PINZA DE MADEIRA (DAS DA ROUPA) CO NOME.

GRACIÑAS.

Bicos.