Mostrando entradas con la etiqueta VALORES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VALORES. Mostrar todas las entradas

domingo, 14 de mayo de 2023

CONTOS, BISCOITOS, MODELADO, MATES MANIPULATIVAS E MOITO MÁIS. . .

 No Contexto de Teatro estamos a traballar as partes dos contos. Deste xeito , as historias que inventamos e representamos por equipos no escenario están sendo moito máis elaboradas.


Elaboramos os biscoitos dos cumpleañeir@s de abril e maio.


Participamos na Carreira Solidaria Save the Childen polo Día de Europa.



No contexto de casa-pobo fixemos a lista da compra.


Compartimos momentos de xogar e aprender.


No Contexto de  Arte fixemos distintas composicións artísticas.


Tamén fixemos modelado en equipo de xeito colaborativo.


E recortamos follas para montar unha sorpresiña.


Ademáis continuamos pintando as esculturas estilo Yayoi Kusama que modelamos a semana pasada.


Seguimos aprendendo matemáticas de xeito manipulativo con distintos xogos no Contexto de Casa-pobo:
- Construímos contando.


- Completamos a serie numérica do Monstro de cores.


- Xogamos á pizza matemática.


- Facemos sumas e restas con flores e regadeiras.


- No Supermercado facemos o inventario, atendemos aos clientes e clasificamos e preparamos pedidos nos carros da compra.


Ás veces en lugar de ler conto, vemos un corto animado e logo reflexionamos e falamos na asamblea sobre o seu argumento. 


Esta vez tocou falar sobre o bullying coa curtametraxe: Un puercoespín en Navidad.


Estamos a facer unha maqueta do aparello dixestivo para participar nos  " xoves de Ciencia" do colexio.



Despedimos a Ana, que remata as súas prácticas do Grao de Mestra de Educación Infantil, cunha sorpresa que lle tiñamos preparada e que. . . algún "paxariño" custoulle non dicirllo. . . ¡Aiiiii eses paxariños faladores...qué perigo teñen!!!
Pero Ana tamén tiña unha sorpresa para nós, fíxonos brownie de chocolate riquísimo para convidarnos á merenda.


¡Grazas por todo profe Ana!
Xa sabes que aqui tes as portas abertas sempre .

Seguiremos actualizando. . .
Biquiños

Bibi

sábado, 18 de marzo de 2023

SEMANA DO 13 AO 17 DE MARZO DE 2023

 Esta semana pasámolo xenial xogando ao Bingo de Letras.


Aqui nos tendes en acción xogando.


Fixemos a lista da compra, fomos mercar e atendimos a tenda.


No Contexto de Teatro inventamos e representamos pequenas historias e xogamos e aprendemos coa letra P.




Seguimos vendo cortos para pensar  na asamblea e aprender. Esta vez, vimos o corto "For the birds" . Este corto de Pixar aborda o tema do respecto ás diferenzas e convídanos a reflexionar sobre a importancia de respectar a tod@s por igual e ser máis empátic@s e tolerantes cos que nos rodean.É unha verdadeira chamada de atención sobre a discriminación, a exclusión e os estereotipos.


No Contexto de Arte fixemos uns coellos de Pascua con pinturas e pincel .



Tamén fixemos uns pitiños e uns coellos bailaríns.


No Proxecto do corpo estivemos investigando a nosa boca e cómo debemos coidala.


E compartimos unha morea de momentos de xogo.


Seguiremos actualizando. . .
Biquiños

Bibi

sábado, 18 de febrero de 2023

SEMANA DE ENTROIDO 2023

 Comezamos a semana no Contexto de Teatro o luns.

Fixémonos unhas fotos de grupo coas cabeciñas disfrazadas.


Tamén inventamos historias de Entroido para contar aos compis .


Traballamos colaboración, empatía, resolución de conflitos, etc a través do corto animado; The bridge.



Fixemos modelado.


Aprendimos cousas sobre os nosos ósos e sobre as radiografías .



Xogamos a sumar de distintas formas que nos axudan a entender a mecánica da suma e descompoñer números.




Seguimos aprendendo moitas cousiñas de Yayoi Kusama.


Cos mandadiños de Entroido tamén adornamos o pescozo así de guap@s.


E agora toca xogar ás adiviñas, ¿Sabedes a quén pertencen estes zapatos disfrazados?


Rematamos as máscaras de Peliqueiros e fixemos tamén antifaces de Entroido.



O venres de Entroido pasámolo xenial.
Comezamos bailando na clase e facendo fotos de grupo.



Fixemos fotos individuais.


Fixemos fotos Yayoizad@s  !!!



Saimos a desfilar polo Paseo do Burgo






De volta á escola degustamos dunha rica merenda de Entroido compartida.



Seguiremos actualizando. . .
Biquiños

Bibi