Mostrando entradas con la etiqueta DEREITOS DOS NENOS/AS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DEREITOS DOS NENOS/AS. Mostrar todas las entradas

sábado, 18 de noviembre de 2023

20 DE NOVEMBRO: DÍA MUNDIAL DA INFANCIA

 O 20 de novembro conmemoramos o Dia Mundial da Infancia.

O Obxectivo desta conmemoración é lembrar á cidadanía que as nenas e os nenos son o colectivo máis vulnerable e o que máis sufre todas as crises e problemas mundiais.

Esta data é unha ocasión especial para dar a coñecer os dereitos das nenas e nenos. Por iso, as/os peques   de 3 anos comezamos coñecendo algúns dos nosos dereitos  máis impotantes coa axuda das nosas profes e destes vídeos de UNICEF e Pocoyó. Se premedes sobre oS enlace podedes ver os vídeos.

O dereito á saúde: POCOYÓ E O DEREITO Á SAÚDE

O dereito á familia: POCOYÓ E O DEREITO Á FAMILIA

O dereito ao xogo: POCOYÓ E O DEREITO AO XOGO

O dereito á educación: POCOYÓ E O DEREITO Á EDUCACIÓN

Se queredes ver os vídeos de todos os dereitos podedes entrar no seguinte enlace: UNICEF E POCOYÓ DEREITOS DA INFANCIA

Tamén fixemos unha actividade plástica moi chula para levar a casa.


Seguiremos actualizando. . .

Biquiños.

sábado, 20 de noviembre de 2021

DÍA UNIVERSAL DO NEN@


 As Nacións Unidas celebran hoxe 20 de novembro o Día Universal do Nen@, data na que a Asamblea Xeral da ONU aprobou a Declaración Universal dos Dereitos do Nen@ en 1959.

O obxectivo deste día é lembrar á cidadanía que os /as nenos/as son o colectivo máis vulnerable e, polo tanto, o que máis sofre as crises e problemas do mundo.

Na escola traballamos este día tan especial para nós ilustrando EN CADA CLASE  un dos dereitos da infancia. Á nosa clase tocoulle: O DEREITO A VIDA. Ao rematar adornamos as fiestras do cole con todos os nosos dereitos.





Próximamente máis aventuras...

Bibi