jueves, 29 de septiembre de 2016

Plan para este finde ! ! !

Por si vos interesa, déixovos unha proposta para facer esta fin de semana.
Se pinchades na imaxe , podedes vela máis grande.


Bicos.

miércoles, 28 de septiembre de 2016

Xogando coas letras. . .e cos números.

Estivemos lembrando as vogáis xogando na asamblea cunhas cartas de letras e debuxos.
Primeiro repartimos unha carta a cada un/unha e non podíamos deixar que os compis viran o que tiña.
Logo os/as que tiñan cartas con letras tiveron que buscar á súa parella (unir maiúscula con minúscula).


Os/as que tiñan debuxos tiñan que colocar o debuxo na fila da letra pola que comezaba.




Tamén xogamos a comer galletas con forma de letras, pero antes de comer tiñamos que recoñecer a letra que nos tocara.





Ademais, nestes días estivemos traballando a data de distintos xeitos.
Na asamblea ao chegar faino o/a encargado/a coa axuda da profe Luz , logo entre todos facémolo no encerado e, de xeito individual,  comezamos a facelo cunhas novas plantillas un pouco máis complexas que as que usábamos o curso pasado porque  xa somos moi maiores, e así traballamos a lectoescritura e a lóxica-matemática.
Qué vos parecen?


Aqui vos deixamos un vídeo resumo.
Xogos con letras on PhotoPeach

 


Agardamos que vos gusten as nosas novas aventuras.
Este curso, como xa vos dixen na reunión, irei actualizando o blogue a pouquiños e igual non sempre na fin de semana, según o tempo que teña.

Bicos.

martes, 27 de septiembre de 2016

Parabéns Xurxo! ! !

A pasada semana celebramos o aniversario de Xurxo.
Foi o primeiro en cumprir anos deste novo curso ! ! !


Xurxo convidounos a merendar biscoito e repartiu unhas chuches para tomar na casa con permiso dos papás e as mamás.

Grazas a Xurxo e á súa familia por convidarnos ! ! !

Parabéns a Xurxo e Antón e agardamos que tivésedes moitos agasallos! ! !

Bicos.


Benvidos/as a un novo curso na clase dos Piratas da Ría ! ! !

Este ano somos os/as maiores de Infantil, temos moito que medrar e procuraremos ser moi responsables para dar bo exemplo aos pequeniños/as.

Así foron os nosos primeiros xogos que compartimos nos recunchos, porque agora. . . sabemos compartir ! ! !


Agora temos algúns xogos de nenos e nenas maiores cos que aprendemos moito.


Agardamos que vos gusten as nosas primeiras fotiños do curso.

Bicos.