domingo, 25 de diciembre de 2022

VISITA DOS REIS MAGOS E CHOCOLATADA CON CHURROS PARA O ALMORZO

 Esta derradeira semana do ano 2022 no cole estivo cargada de sorpresas e pasámolo xenial.

Seguimos recibindo adornos de Nadal feitos na casa para engalanar o noso cole e colgámolos na valla exterior.



Xogamos moitísimo e pasámolo xenial.



Pasamos momentos moi divertidos cun xogo especial de Nadal no que había que atopar no taboleiro as imaxes de Nadal que nos tocaban.





Fixemos manualidades de Nadal como este Papá Noel entrando pola cheminea.





O último día  antes das vacacións recibimos no colexio a visita dos Reis Magos.
Saímos a recibilos coas nosas madriñas e padriños lectores que nos acompañaron.










Despois fomos a polas nosas cartas que tiñamos preparadas na clase .



E levámoslles as cartas á recepción que había no ximnasio.
Alí cantámoslles unha canción aos Reis Magos.





Agardamos a nosa quenda coa carta preparada para achegarnos ás Súas Maxestades.






E por fin tocounos a nós e fixémonos unhas fotos de grupo xunto aos Reis Magos.





Achegámonos a saudalos persoalmente e depositamos as nosas cartas no buzón real.





Seguiremos actualizando . . .no ano 2023 coas nosas novas aventuras.

Que no ano novo se cumpran todos os vosos soños.
Unha aperta enorme e que os Reis Magos veñan cargadiños.

Biquiños

Bibi

sábado, 17 de diciembre de 2022

ACTIVIDADES DE NADAL

Hoxe toca contarvos as actividades que estivemos facendo estes días previos ao Nadal.

Estivemos decorando entre tod@s a árbore de Nadal que temos en Educación Infantil.





















Tamén fixemos, no Contexto de Arte, uns adornos estupendos de pasta de modelar para colgar da árbore de Nadal da nosa casa. O venres levámolos para casiña nunha bolsa cunha pegatina en forma de corazón coa nosa foto, que podemos despegar da bolsa e pegar para que nos quede de recordo noutro sitio.













Trouxemos para decorar o cole adornos de Nadal feitos na casa .













Fixemos unhas bolas de Nadal moi divertidas pegando papeliños de cores no Contexto de Arte.






Este venres as profes organizaron un Contacontos especial de Nadal.
Había 6 contos de Nadal para elexir polo seu título e vendo a portada. 
Colocamos a nosa foto no conto que máis nos apetecía escoitar e á volta do recreo...Sorpresa!!! Descubrimos quén o contaba! ! !








No Contexto de Arte aprendimos a pintar uns renos con pincel.


















Os renos quedáronos así de estupendos.



Gustounos moito facer  uns grafismos creativos de luces e dunha árbore de Nadal.












Seguimos traballando no proxecto do corpo. Esta vez comezamos falando da importancia que tiñan os números nas nosas vidas pois estaban presentes ao noso redor e pensamos entre tod@s onde se atopaban: no noso portal, no noso piso, nos ascensores, nas cartas, no mando da televisión, nos teléfonos, nas matrículas dos coches, etc.
Así , a través desta conversa chegamos á conclusión de que os números podían axudarnos tamén a coñecer cómo é o noso corpo por fóra e medímonos e falamos dos centímetros.







Xogamos a facer  asociacións lóxicas: temos que elexir dúas imaxes, emparellalas e explicar o motivo. Por exemplo regadeira con flores porque coa regadeira botamos auga ás flores, ou pantalón co cinto porque co cinto suxeitamos o pantalón.
Con este xogo traballamos vocabulario e razoamento.















Tamén fixemos un xogo de lectoescritura de Nadal no que aprendimos vocabulario de Nadal, contamos as sílabas de cada palabra e despóis ordeámolas para escribir a palabra de forma correcta.























E por último, o venres xusto antes do almorzo recibimos na clase a visita de Papá Noel.


Seguiremos actualizando. . .

Biquiños.

Bibi