Estes días contamos o conto: El paraguas de cebra.
É unha fermosa historia de amizade , de xenerosidade, solidaridade e empatía.
Logo pasámolo en grande facendo a nosa propia versión do conto.
Estes días contamos o conto: El paraguas de cebra.
É unha fermosa historia de amizade , de xenerosidade, solidaridade e empatía.
Logo pasámolo en grande facendo a nosa propia versión do conto.
O 20 de novembro conmemoramos o Dia Mundial da Infancia.
O Obxectivo desta conmemoración é lembrar á cidadanía que as nenas e os nenos son o colectivo máis vulnerable e o que máis sufre todas as crises e problemas mundiais.
Esta data é unha ocasión especial para dar a coñecer os dereitos das nenas e nenos. Por iso, as/os peques de 3 anos comezamos coñecendo algúns dos nosos dereitos máis impotantes coa axuda das nosas profes e destes vídeos de UNICEF e Pocoyó. Se premedes sobre oS enlace podedes ver os vídeos.
O dereito á saúde: POCOYÓ E O DEREITO Á SAÚDE
O dereito á familia: POCOYÓ E O DEREITO Á FAMILIA
O dereito ao xogo: POCOYÓ E O DEREITO AO XOGO
O dereito á educación: POCOYÓ E O DEREITO Á EDUCACIÓN
Se queredes ver os vídeos de todos os dereitos podedes entrar no seguinte enlace: UNICEF E POCOYÓ DEREITOS DA INFANCIA
Tamén fixemos unha actividade plástica moi chula para levar a casa.
Esta semana preparámonos para o Magosto pintando unhas castañas para facer uns colgantes chulísimos.
Paula contounos que está estudando para ser profe, pero nós comprobamos que xa é unha profe estupenda, paciente, cariñosa e chea de maxia e ilusión por axudarnos a aprender e descubrir as nosas potencialidades.
Con ela exploramos os nosos sentidos e pasámolo xenial.
Grazas Paula!
Querémoste infinito! ! !
Seguiremos actualizando. . .
O día 2 de novembro asistimos ao Edificio de Servizos Múltiples para ver a obra de teatro de títeres: Un pai en apuros, dentro do programa "En igualdade hai moito que facer" no que participa a ANPA do noso colexio.
Nestes derradeiros días mergullámonos en propostas arrepiantes de Samaín coa axuda da profe Marta.
Marta di que está estudando para se profe , pero nós sabemos que ela en realidade xa é profe.
Ten un corazón e unha paciencia enorme con nós, creatividade a moreas e é unha fantástica contadora de historias.
Grazas Marta por compartir este camiño con nós! ! !
Querémoste ata o infinito e máis alá! ! !
Temos que agradecer tamén ás familias os adornos terroríficos de Samaín que elaboráchedes para decorar o cole.