lunes, 10 de junio de 2024

PROXECTO DE INVESTIGACIÓN: A GUITARRA

 Este curso, o proxecto da Bibioteca do colexio versou sobre os inventos. 

BURGUIÑA , a mascota da nosa Biblioteca, guiounos na procura de figuriñas de diversos inventos agochados na Biblioteca do colexio. 

Na nosa clase atopamos varios dos inventos agochados na Biblioteca, pero entre todos eles eleximos a guitarra para investigar este curso.

Aqui tendes algunhas das cousiñas que aprendimos ao longo da nosa investigación e tamén algúns dos xogos que fixemos.


>Seguiremos actualizando. . .

domingo, 9 de junio de 2024

MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS

 Hoxe toca amosarvos unha escolma das actividades matemáticas que estamos a facer na clase.

Xogamos a asociar número con cantidade e tamén a facer equivalencias (poñendo a mesma cantidade no caixón inferior que a que nos indica na plantilla superior )

Traballamos o trazo e a direccionalidade dos números xogando a darlle de comer aos animaliños.


Agrupamos de 3 en 3 obxectos.


Facemos series.


Comezamos a aprender descomposición numérica xogando coa axuda da profe Susana e das casiñas dos números.


Seguiremos actualizando. . .

miércoles, 5 de junio de 2024

RECIBIMOS A VISITA DA PATRULLA CANINA

Hoxe recibimos a visita da auténtica Patrulla Canina , que acompañada dos seus coidadores e entrenadores amosáronos e explicáronos o seu traballo.


Seguiremos actualizando. . .