miércoles, 30 de octubre de 2024

XOGANDO COAS MATES

 No Contexto de Casa-Pobo estamos xogando con distintas propostas matemáticas coas que aprendemos casi sen decatarnos.

Por exemplo, a partir do conto "7 ratones ciegos" aprendemos a contar, tamén os números ordinais (1º, 2º, 3º...), as cores, caraterísticas ou atributos dos obxectos (longo, curto, ancho, estreito, etc)


Facemos conteo de menor a maior e de maior a menos co ábaco.


Contamos e asociamos número con cantidade coa axuda das castañas do Magosto.


Contamos e asociamos número con cantidade con policubos. Comparamos:onde hai máis cubos? e menos?



Aprendemos a contar coas regletas, o valor de cada regleta, cal número vai antes e cal despois, ordeamos de menor a maior (escaleira que sube ) e de maior a menor (escaleira que baixa).


Tamén facemos series de dous elementos  e melloramos a nosa orientación espacial co xogo "atrapa ao gato".


Seguiremos actualizando. . .

Biquiños

domingo, 27 de octubre de 2024

Emocións co Monstro de cores

 No Contexto de Teatro aprendemos a recoñecer as nosas emocións, ordealas e comezar a telas máis reguladas coa axuda do conto do Monstro de cores.


Tamén ordeamos as nosas emocións en botes empregando pompóns de cores.

Coa axuda do profe Pablo que está facendo as súas prácticas con nós, mirámonos do espello do Monstro de cores , explicamos cómo nos sentimos e colocamos o pompón no bote correspondente.


Seguiremos actualizando. . .
Biquiños

jueves, 24 de octubre de 2024

24 de outubro; Día das Bibliotecas Escolares

 Para conmemorar o día das Bibliotecas Escolares , subimos á nosa Biblioteca acompañados/as dos/das nosos/as padriños e madriñas lectores/as a compartir fermosos momentos de lectura.


Seguiremos actualizando. . .

Biquiños