sábado, 30 de noviembre de 2024

CUMPLES DE NOVEMBRO

 O mes de novembro remátase por todo o alto, celebrando os aniversarios deste mes cantando , bailando e desfrutando do biscoito de cumple que fixeron coa axuda da profe Uxía.




Parabéns meus pequenos xa grandes! ! ! 



Seguiremos actualizando. . . 

sábado, 23 de noviembre de 2024

OUTONO BONITO

 Este Outono aprendimos poesías para recitar no Contexto de Teatro.

Somos uns artistaz@s! 


Seguiremos actualizando. . .

Biquiños

sábado, 16 de noviembre de 2024

VENRES CIENTÍFICO: LÁMPADA DE LAVA

 Este venres tocounos repetir no Contexto de Xogos-Científico, asi que. . . transformámonos en pequen@s grandes científicos e fixemos a nosa propia lámpada de lava.

LÁMPADA DE LAVA de Bibianaboedoedu

Seguiremos actualizando. . .
Biquiños

sábado, 9 de noviembre de 2024

SAMAGOSTO 2024

 O pasado mércores 30 de outubro, celebramos no colexio unha gran festa: O Samagosto.

Acudimos cos nosos disfraces terroríficos e comimos castañas asadas coa axuda das nosas familias.


Nos días previos trouxemos as nosas caixas terroríficas para decorar a escola.



Tamén fixemos distintas actividades motivadoras na aula.
Por exemplo xogamos e experimentamos no Contexto Artístico cun caldeiro da bruxa e cunha mesa sensorial con monstriños de Samaín aos que tiñamos que alimentar.



Traballamos moito para facer uns morcegos chulísismos.


Practicamos trazos verticais e horizontais para pintar telarañas.


Participamos na actividade de Contacontos mesturados de Samaín. Cada  quen elexía o conto que quería escoitar e despois dirixíase á clase onde se facía a sesión de contacontos á cegas, sen saber qué profe facía o contacontos. Deste xeito eleximos conto polo verdadeiro interese no seu argumento, independentemente da profe que o contase, e fomentamos ter criterio propio, a iniciativa, a autonomía e a socialización.





No día da festa do Samagosto, recollimos as castañas asadas polas nosas familias e comímolas no patio de primara axudad@s pol@s nos@s padriños e madriñas lectores.
samagosto de Bibianaboedoedu

E agora despedímonos cos nosos posados máis terroríficos e arrepiantres. . .
Presentación Fiesta de Halloween Ilustrado Negro de Bibianaboedoedu

Seguiremos actualizando. . .
Biquiños

sábado, 2 de noviembre de 2024

OUTONO

 Coñecemos o outono e as súas características a través do conto : El ladrón de hojas. E facemos distintas propostas partindo do conto:

Pintamos con pincel unha lámina do conto.



Experimentamos na mesa sensorial de Outono .


Pintamos follas de Outono empregando distintas técnicas plásticas.



Xogamos cunha proposta  sensorial a ser ladróns de follas coma no conto, colocando as nosas follas de lá e soprando despois.


Xogamos cos cogomelos das letras a discriminar e clasificar imaxes atendendo á vogal pola que comezan.


Melloramos a nosa motricidade fina e atención facendo grafismos creativos de Outono.


Coñececemos animais do bosque , falamos das súas características e pintámolos.


Seguiremos actualizando. . .

Biquiños.

viernes, 1 de noviembre de 2024

Pequen@s científic@s: leite de cores

Os venres que nos toca repetir no Contexto de Xogos-Científico facemos un experimento.

Comprobamos como funciona a tensión superficial. Botamos leite enteira nun prato e poñemos varias gotas de colorante vexetal de distintas cores no centro do prato de leite. Probamos a facelo en recipientes transparentes , pero no saiu tan ben coma nun prato.



 O colorante é menos denso que o leite e flota. 

Vertemos nun vasiño deterxente de lavar a vaixela. Mollamos un hisopo no deterxente, colocámolo no centro do prato e observamos: Ao mesturarse o deterxente coa grasa do leite disminúe a tensión superficial do leite e o colorante expándese e exténdese polo leite . Isto é porque o xabrón descompón as moleculas de grasa e fai que as cores se mesturen e se dispersen.


Despois de facer o experimento, plasmámolo nun debuxo.



Blue Cute Illustration Learning Science Video de Bibianaboedoedu

Seguiremos actualizando. . .
Biquiños