Este venres tivemos unha visita moi especial en Infantil. Veu Cristina, a nai da nosa compañeira Ayane, para axudarnos a perder o medo a ir ao pediatra. Contounos, dun xeito moi divertido, que os médicos e médicas están para coidarnos e axudarnos a estar sans.
Cristina ensinounos algúns instrumentos médicos que usan os pediatras: o fonendoscopio para escoitar o corazón e a respiración, o diapasón para probar a audición, a luz para mirar os oídos e a gorxa, o oxímetro para comprobar a saturación de osíxeno, e o marteliño para comprobar os reflexos. Mesmo puidemos probarnos o fonendoscopio,o oxímetro e o diapasón nós mesmos!
Tamén vimos imaxes dunha gorxa e dun oído sans e enfermos, e escoitamos como soa o latido dun corazón san. Aprendemos que non hai nada que temer, e que no pediatra só queren ver se todo está ben para axudarnos a medrar fortes e felices.
Moitas grazas a Cristina por compartir o seu tempo, o seu cariño e ensinarnos tantas cousas interesantes! ❤️🩺














































