Este Nadal fixemos moitas cousas divertidas e pasámolo xenial no cole.
A continuación deixámosvos unha escolma das nosas actividades acompañadas de imaxes.
Fixemos con pasta de modelar uns adornos estupendos para levar á árbore de Nadal da nosa casiña.
Debuxamos e pintamos con pincel as nosas árbores de Nadal.
Ensaiamos na aula de música coa profe Anaisy o noso baile de Nadal: Carnavalito del cienpiés.
Tomamos chocolate con churros o último día antes das vacacións coa axuda dalgunhas familias da ANPA.
Visitamos a Biblioteca do cole onde nos agardaba unha sorpresa. Un elfo moi divertido deixara para nós un reto que resolvimos moooi ben coa axuda da profe Susana.
Fixemos postais de Nadal.
Debuxamos a pincel uns renos chuliiiiiisimos.
Recibimos no ximnasio a visita de Papá Noel, o Grinch e o Apalpador. Xogamos ao Pasapalabra con eles, bailamos, xogamos, corrimos e brincamos.
Trouxéronos un agasallo para compartir, en colaboración coa ANPA, do que desfrutaremos no patio.
O último día de cole recibimos a visita dos Reis Magos.
Celebramos o fin de ano infantil coas nosas mellores galas.
E chegou o momento da despedida. Despedímonos do profe Pablo agradecendo que nos elexise para facer as súas pácticas de Maxisterio con nós, pero especialmente agradecendo que compartise con nós a súa maxia a sensibilidade.
Gracias Pablo!
Querémoste infinito!
Non esquezas que a porta da nosa aula sempre está aberta para recibirte!
Seguiremos actualizando. . .