A finais do mes de febreiro celebramos os cumples de xeito conxunto , cantando, bailando e comendo un biscoito ben rico que fixeron as cumpleañeiras coa axuda da profe Susana.
domingo, 16 de marzo de 2025
CUMPLES DE FEBREIRO
sábado, 15 de marzo de 2025
DIA DA MULLER 2025
Nesta data sinalada traballamos o conto. . .
domingo, 9 de marzo de 2025
VENRES DE CIENCIA : FLUÍDO NON NEWTONIANO
O pasado venres tiñamos venres de ciencia, pero como era a celebración do Entroido pospuxemos o experimento de febreiro para esta primeira semana de marzo.
Aqui nos tendes en acción experimentando e explicando o Fluído non Newtoniano. . .
martes, 4 de marzo de 2025
ENTROIDO OLÍMPICO 2025
Este ano o noso PDI da Biblioteca versa sobre os Xogos Olímpicos.
Cada curso elexiu un deporte para disfrazarse e en 4 anos escollimos a Doma Clásica. É o único deporte onde participa un animal que acompaña a@s deportistas: o cabalo
Puxémonos mans á obra e elaboramos as cabezas dos nosos cabalos.
Dúas mamis viñeron axudar á profe a recortar todas as cabezas de cabalos un día pola tarde para que estivesen preparadas para o taller de elaboración de cabalos.
Gracias chicas! ! !
O primeiro luns no taller coas familias elaboramos os nosos cabaliños coa axuda dunhas picas do ximnasio.
Este foi o resultado tan estupendo.
sábado, 1 de marzo de 2025
CHARLA DE HIXIENE BUCODENTAL
O pasado martes visitounos Tamara, a mami dun compi de 3 aniños, que é enfermeira e hixienista bucodental.
Explicounos xenial como temos que limpar a nosa boca e tamén como temos que alimentarnios para previr caries.
Seguiremos actualizando. . .