domingo, 20 de abril de 2025

GYMKANA DE PASCUA

 Despedímonos do derradeiro día do segundo trimestre facendo unha Gymkana de Pascua, na que seguindo pistas e superando retos, atopamos os ovos de Pascua que Burguiña agachou para nós.

Comezamos na clase vendo un vídeo de Burguiña e atopando a primeira pista.


A primeira pista lévanos á Biblioteca , onde lemos un conto moi especial e atopamos a segunda pista.


A segunda pista lévanos ao ximnasio, onde temos que superar un circuíto e atopar a terceira pista.



A terceira pista lévanos ao patio onde ao ritmo da música atopamos a 4ª pista.


A 4ª pista levounos ao hall de infantil, onde tras superar 2 probas atopamos e limos a derradeira pista .



A quinta e derradeira pista levounos a comedor, onde atopamos os avos de Pascua perdidos! ! !




Seguiremos actualizando. . .

jueves, 17 de abril de 2025

LIBERA UN POEMA: DÍA DA POESÍA 2025

 Para conmemorar o Día da Poesía,  propuxéronos dende o Equipo de Biblioteca que cada alumna /o do colexio escribise  un poema e depositárao nunhas gaiolas situadas na entrada do colexio.


Despois cando todo o colexio deixou os seus poemas na gaiola, voltamos alí para liberar un poema. Cada nena/o , liberou e levou para casa un poema escollido sen saber a súa autoría.
Compartimos e regalamos e liberamos poemas.





Seguiremos actualizando. . . 

martes, 15 de abril de 2025

2 DE ABRIL: DIA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

  Este ano o noso lema é o seguinte: O autismo preséntase de diferentes formas e cores.


Este cartel co lema deste ano, xunto con outros moitos , están nas vallas do noso colexio para que toda a comunidade educativa tome conciencia.
Representamos o espectro autista con distintas cores que cada clase colocou acompañando os carteliños.


Na aula, para entender e reflexionar sobre o tema vimos distintos vídeos e contos, entre os que destacaría o seguinte, porque o importante ao meu parecer non é que as persoas autistas fagan sempre un sobreesforzo por encaixar no noso mundo, é que todas e todos os/as axudemos porque o mundo é tan noso como seu, é de tod@s!!!


Paréceme moi acertada esta reflexión de @irialogopeda


Seguiremos actualizando. . . 











CONTOS DE RATOS NA BIBLIOTECA.

 Dentro do Proxecto Terra, e para tentar contribuír  a mellorar o coñecemento sobre o entorno que habitamos e sobre a identidade de Galicia, poñendo en valor estes espazos e contribuíndo a coidalos e coidar o medioambiente, recibimos na Biblioteca unha visita moi especial que nos axudou a entender todo isto mellor cuns fantásticos contos de ratos. 


Seguiremos actualizando. . . 

VENRES DE CIENCIA CON CIENTÍFICO CONVIDADO: ESPECTRÓMETRO

 No mes de marzo, o noso venres de ciencia contou cun convidado especial e tamén profesional. Visitounos Daniel, o pai de Ayane e xuntos ensináronos cómo contruír de xeito simple un espectrómetro caseiro.


Espectrómetro Presentation in a Bold Blue Style de Bibianaboedoedu

Gracias Daniel,  por axudarnos a achegar a ciencia aos peques!

Seguiremos actualizando. . . 

lunes, 14 de abril de 2025

CUMPLES DE MARZO

 Rematamos o mes de marzo celebrando os cumples de xeito conxunto , cantando, bailando e comendo un biscoito ben rico que fixeron os/as cumpleañeir@s coa axuda da profe Susana. 


Aqui nos tendes cantando, bailando, celebrando e. . . sempre e preparad@s para comer o biscoito.




Seguiremos actualizando. . .

CONTEXTO DE TEATRO: ENSAIOS DOS 3 PORQUIÑOS

 No Contexto de Teatro continuamos ensaiando por equipos a representación do conto: Os 3 porquiños.

Aqui tendes uns vídeos de mostra de cómo nos vai. . . 








Seguiremos actualizando. . . 

PRANTAMOS, RECOLLEMOS LEITUGAS E TOMAMOS ENSALADA CO PROFE XOÁN

 Este trimestre traballamos moito na horta co profe Xoán.

Prantamos leitugas, recollémolas e fixemos ensalada con elas que estaba riquísima.