lunes, 27 de mayo de 2013

NA BÁSCULA TAMÉN HAI NÚMEROS ! ! !

Continuamos a nosa andaina averiguando cómo son os nosos corpos, vendo as súas partes, para qué serven, lemos, falamos e comparamos. . . 
Os nosos amig@s maiores de 2º viñeron a pesarnos, entón vimos que os nosos corpos non son exactamente iguáis.
Xa falamos diso cando nos mediron, e agora outra vez.
Estamos atopándolle sentido aos números, vendo cómo aparecen no noso día a día.
Para pesarnos precisamos dunha báscula, e nela aparecen números, igual que na cinta métrica.
Uns pesamos máis que outros, porque tamén somos máis altos.
 Por iso ao subirnos na báscula, aparecen números diferentes.
Mirade cómo o fixemos. . . 

NA BÁSCULA TAMÉN HAI NÚMEROS !!! on PhotoPeach

No vídeo falta Isma porque está maliño e aínda non o pesaron.
Ponte ben e come moito para subirte na báscula !!!

Graciñas á profe Victoria por prestarme aos seus maiores, e graciñas aos maiores por ser tan colaborador@s ! ! !

Esta é a plantilla do noso traballiño:



Bicos.



lunes, 20 de mayo de 2013

LECTOR@S XENEROS@S. . .

A lectura xenerosa, segue sendo un éxito entre pequen@s e maiores.
Por iso aqui vos deixamos as fotos de Nico e Luna ( a irmá do noso Lucas), contándonos o conto de "La mierlita".


Graciñas maiores. . . 

Bicos.

jueves, 16 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS 2013: ROBERTO VIDAL BOLAÑO.

Este ano, como xa saberedes, o Dia das Letras Galegas está adicado  á figura de Roberto Vidal Bolaño.


Como somos moi curios@s, estivemos investigando algunha cousiña sobre a súa vida. Sabemos que naceu en Santiago, que traballou no teatro e na televisión, que escribiu obras de teatro, que lle gustaba levar sombreiro e nariz de paiaso, etc.

Aqui nos tendes facendo algúns traballiños e preparando as coroas para a nosa actuación no Festival.

TRABALLIÑOS LETRAS GALEGAS 2013 on PhotoPeach

E este é o noso festival das Letras Galegas en imaxes. . .
Por certo, nalgunhas fotos, Lucas sae chorando, pero dou fé de que non choraba ouro, aínda que era un sol,  o que pasou é que lle pisaron un raio. . . digo un dedo. . . sen querer. . . e choraba auga. . .

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2013. on PhotoPeach
.
Bicos e. . . ata o martes !!!


sábado, 11 de mayo de 2013

VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA.

Xa estaredes informad@s, de que somos uns verdadeir@s artistas. . . 
Pero claro, hai máis artistas que nós polo mundo adiante. . . 
Por iso, este mércores, as profes leváronos a coñecer as obras dalgúns deles ao Museo de Belas Artes da Coruña.
Participamos na actividade "Descubrindo o Museo", deseñada para alumnado de 3 a 5 anos, atendimos moito e aprendimos un lote de cousas cunha monitora moi simpática.
Portámonos mooooooi ben, pero tan ben. . . que a monitora dixo que éramos un grupo estupendo e con moito interese, e a profe casi necesita un babeiro. . .  
Pero, a verdade é,  que a monitora estivo impresionante, das mellores que vin en museos varios. . . Enganchoun@s dende o primeiro momento e por iso se portaron tan ben.
Queredes ver o ben que o pasamos ? ? ?

DESCUBRINDO O MUSEO ! ! ! on PhotoPeach

Máis abaixo, deixámosvos as nosas andanzas cas letras, que nos fan pensar moito e nos traen de cabeza. . . e tamén as fotos do cumple de Ismael.

BICOS.

OSO EMPEZA POR O. . . E A PROFE ALUCINA CON NÓS ! ! !


Neste tempo xunt@s, xogamos moito cos nosos nomes e coñecemos moitas letras.

Agora moitas veces fixámonos na letra pola que comezan as palabras, ou na letra pola que rematan. Para nós é un xogo. . .
Outras veces, non coñecemos algunha letra, pero como temos moita curiosidade, preguntamos  e preguntamos. . . A profe faise a tola. . . e entón tentamos buscala no nome dos compañeir@s, para ver si alguén a coñece.

O outro día, xogaban nos caixóns de letras, e comezaron a falar da letra  z, non a coñecían, dábanlle voltas, e colocábana ao dereito, ao revés, de lado. . . Eu caladiña, poñía a orella para ver qué dicían. . . 
Ao final alguén decatouse e dixo: "ya sé cuál es, la tiene la profe Luz su en su nombre, al final, es la z"
Eu estaba alucinando! ! ! Pero cando outro dixo: "Si, y también Daniel Zapata en su apellido". . . aqui xa caíame a baba, teño que reconocelo. . .  Meus pequerrechos. . . 

Asi que aqui nos tendes, porque OSO empeza por O, por se alguén non o sabía. . . 




Esta é a plantilla do noso traballiño:


E  falando de letras, con estes dous recursos ímos traballar a vindeira semana a conmemoración do Día das Letras Galegas, adicada este ano a Roberto Vidal Bolaño.




BICOS.


CUMPLE DE ISMAEL ! ! !

Onte celebramos o cumple de Ismael cun biscoito riquísimo de chocolate e nata.
Deixounos ben claro, ao poñerlle a coroa, que para comer biscoito tiñamos que cantarlle o cumpreanos feliz. Asi que vendo a pinta da merendola. . . cantamos tod@s berrando a pleno pulmón. . . incluída eu. . . 
Aqui tendes ao  noso cumpleañero pensando un desexo. . . 


E aqui collendo aire para soprar. . .  Por pouco non saimos tod@s voando ! ! !


Isma tamén convidou aos nen@s da profe Pilar.
Graciñas pola merendola familia ! ! !

BICOS.

viernes, 3 de mayo de 2013

UNHA ELECCIÓN ARTÍSTICA. . .

Pouco a pouco, a nosa personalidade e os nosos gustos van aflorando.
Esta vez, antes de poñernos máns á obra tivemos que facer unha elección importante: beizos ou zapatos.

center>widgets

Primeiro buscamos en internet os debuxos orixinais de Warhol, comentamos e comparamos.
Despóis, para que a elección fose totalmente nosa e persoal, fixémola en segredo e dixémoslle á profe o que queríamos en voz moi baixiñaaaaa. . .  Ata que tod@s eleximos, non lle dimos a volta á lámina para que @s compañeir@s visen o que escollemos.
E despóis, puxémonos máns á obra. . . 
A semana pasada adicámonos aos beizos e esta semana aos zapatos.
Xa sabemos, que hai cousiñas que si queremos que queden chulis non podemos facelas tod@s á vez.
Por iso, mentres uns pintan, outros xogan nos rincóns.
Agora as nosas obras están no corredor de diante da clase, que parece un museo !!!

WARHOLIZAMOS BEIZOS OU ZAPATOS !!! on PhotoPeach
Tamén buscamos os números do ano no que naceu Warhol nunha sopa de números.



Aqui vos deixamos as plantillas das nosas obras :



Máis abaixo, podedes ver o corto animado co que  traballamos a maneira de resolver os problemas, e tamén aos nosos lectores xenerosos desta semana.

BICOS.

USAMOS O CEREBRO PARA RESOLVER OS PROBLEMAS. . .

A profe di que temos que usar o cerebro e pensar para resolver os problemas. . . A teoría está moi ben, pero. . . á hora da verdade, parece que usamos máis as máns que o cerebro e. . . iso non está nada ben. . . 
Nestes días, estivemos vendo un conto un tanto especial para axudarnos a pensar. . . e non pegar. . .
Trátase dun pequeno corto animado que conta a historia duns animaliños que. . .
Millor non vos digo nada máis, aqui o tendes. . . 



E aqui nos tendes vendo o corto. . .


Xa vos imaxinaredes, que falamos longo e tendido sobre o tema . . .

BICOS.



OS NOSOS LECTORES XENEROSOS DESTA SEMANA ! ! !

Definitivamente, non nos cansamos. . . Estamos desexando que cheguen o xoves e o venres para que baixen os nos@s amig@s de 2º B a lernos contos. 
A verdade é, que cada vez amosamos máis atención nos momentiños adicados á lectura. Pero isto faise aínda máis evidente, cando son os compañeir@s maiores os que len para nós.
Cómo pasou o tempo, xa estamos en maio, e cánto mellorou a nosa atención e a nosa comprensión. . . 

Este xoves, Santi e Sergio contáronos o conto de "Caillou se va de acampada". Despóis estivemos falando das acampadas que fixéramos nós, ou doutras veces que durmimos fóra da casa.


E hoxe venres,  chegaron Ismael e Aroa cheos de enerxía para contarnos o conto titulado: "Adivina cuánto te quiero". Foi divertidísimo. Mentres Aroa lía o conto, Isma facía os xestos. E . . . mentres Isma lía o conto, Aroa facía os xestos. . . Abriron os brazos, estiráronse, saltaron. . . e deixáronos ca boca aberta.


Pois nós. . . querémosvos a tod@s así. . . 


Graciñas por ser para nós un libro aberto. . . 

BICOS.