Neste tempo xunt@s, xogamos moito cos nosos nomes e coñecemos moitas letras.
Agora moitas veces fixámonos na letra pola que comezan as palabras, ou na letra pola que rematan. Para nós é un xogo. . .
Outras veces, non coñecemos algunha letra, pero como temos moita curiosidade, preguntamos e preguntamos. . . A profe faise a tola. . . e entón tentamos buscala no nome dos compañeir@s, para ver si alguén a coñece.
O outro día, xogaban nos caixóns de letras, e comezaron a falar da letra z, non a coñecían, dábanlle voltas, e colocábana ao dereito, ao revés, de lado. . . Eu caladiña, poñía a orella para ver qué dicían. . .
Ao final alguén decatouse e dixo: "ya sé cuál es, la tiene la profe Luz su en su nombre, al final, es la z"
Eu estaba alucinando! ! ! Pero cando outro dixo: "Si, y también Daniel Zapata en su apellido". . . aqui xa caíame a baba, teño que reconocelo. . . Meus pequerrechos. . .
Asi que aqui nos tendes, porque OSO empeza por O, por se alguén non o sabía. . .
Esta é a plantilla do noso traballiño:
E falando de letras, con estes dous recursos ímos traballar a vindeira semana a conmemoración do Día das Letras Galegas, adicada este ano a Roberto Vidal Bolaño.
BICOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario