sábado, 25 de octubre de 2014

DECORAMOS A ESCOLA CON MOITO ARTE ! ! !

Ainda que ás veces parece que seguimos no verán, o Outono xa está aqui. 



Como somos moi previsor@s e traballador@s, xa levamos un tempo decorando a nosa escola con motivos de Outono. Pero como a vida está chea de eleccións, nós non podemos ser menos. Así que cada un de nós decidiu se quería facer un esquío ou un moucho. 
A maioría eleximos moucho ! ! ! Ás veces, motivados polas eleccións dos nosos amig@s e logo arrepentímonos. Pero. . . aprendimos o importante que é pensar, ter personalidade e saber decidir! ! !


Unha vez máis, tanto o patrón do esquío, como o patrón dos mouchos, sacámolo dunha das nosas páxinas favoritas: http://krokotak.com/

Casi sin decatarnos, xa temos O Samaín á volta da esquina.


O xoves celebramos na escola O Samaín e podemos vir disfrazad@s de criaturas arrepiantes.


 LEMBRADE QUE OS TRAXES TEÑEN QUE SER CÓMODOS E PERMITIRNOS AUTONOMÍA PARA IR AO BAÑO SEN AXUDA.

Estes días, adicamos parte do noso tempo a facer adornos arepiantes para ambientar a escola.


Podedes seguir contribuíndo á nosa ambientación terrorífica mandando cabazas, bruxas, pantasmas, etc.

E agora ímosvos amosar as nosas dotes como decoradores de interiores ! ! !




Bicos e boa semana.

domingo, 19 de octubre de 2014

ANCENDER A NOITE.

Con tanto falar do espazo en xeral e da lúa en particular, ao final resultou case obrigatorio falar da noite e do medo á escuridade.
Así foi como rematamos escoitando este conto precioso para abordar o tema.
Agora só falta que tod@s se lembren de acender a noite.



E todo isto xurdiu, despóis de escoitar a Lena explicar a primeira viaxe do home á lúa a bordo do Apolo 11, e contarnos como Neil Armtrong foi o primeiro ser humano en pisar a lúa.


Tamén despóis de contemplar abraiados como Paula deseñou a súa propia nave espacial para viaxar á lúa, nin máis nin menos que o . . . " Apolo Paula"


 E despóis de contar outro conto tamén moi chulo que trouxo Anxo: Papá, por favor, consígueme la luna. 


Así que, como podedes ver, a nosa viaxe espacial non só nos leva a aprender moita información interesante, senón tamén a escoitar contos que nos fan reflexionar e afrontar os nosos pequenos grandes medos.

Aqui vos deixo unha versión do conto, xa que estou segura de que tamén lles gustará lembralo.



Pero ademáis, seguimos a recibir máis material do espazo e estivemos escribindo os nomes dos planetas do Sistema Solar cada un no seu sitio. Xa temos o Sistema Solar baixo control !!!


Seguro que estades agardando a sesión de vídeo, así que alá vai. . . 
Así foi a nosa semana.

Acender a noite. . . on PhotoPeach
Feliz semana! ! !

Bicos.

sábado, 11 de octubre de 2014

UNHA REFLEXIÓN SOBRE O XOGO.

Casualidades da vida, retellando en internet , atopei un blogue do máis interesante: 
http://elblogdemanuvelasco.blogspot.com.es/
Só ca descripción que fai de sí mesmo quen escribe, xa me namorou. . . (" Maestro con los pies en la tierra y la cabeza en las estrellas")
Alí atopei esta reflexión sobre o xogo que me gustaría compartir.
Estou por facer un marcapáxinas con ela ! ! !


Bicos ca cabeza nas estrelas e. . . resistíndome a poñer os pes na terra. . . Ains ! ! !


OUTONO ESPACIAL.

Nestes días vimos un conto de Outono na pizarra dixital que nos pareceu moi fermoso.
Despóis , como xa somos moi maiores, fixemos un traballiño de Outono moi especial: UNHA SOPA DE LETRAS DE OUTONO !!!


Aqui vos deixamos o conto para poder  desfrutalo de novo en familia.


Tamén seguimos recibindo axuda e  información sobre o espazo.


Paula explicounos cómo a terra xira ao redor do sol, e a lúa ao redor da terra.
Adornamos o rincón cun montón de debuxos que fixemos na casa sobre o espazo.


Trouxemos contos, observadores de constelacións feitos a man, pegatinas de estrelas, platillos volantes feitos con material de refugallo, pintura espacial e especial para facer adornos que brillan na escuridade e uns muráis chulísimos do sistema solar.

Repasamos as fases da lúa cun vídeo explicativo.


Aqui volo deixo para os meus pequen@s astrónom@s. . .


Falamos dos telescopios que temos na aula, da súa función, da súa invención e de GALILEO GALILEI ! ! !
Non deixa de asombrarme a capacidade que teñen de lembrar datos, nomes, vocabulario específico sobre o tema. . . é aluciante ! ! !


Falamos de estrelas e constelacións, do Big Bang, do Sistema Solar, da Vía Láctea, das estacións, da gravedade, etc. A súa curiosidade é infinita.


 O memo lemos contos que libros con información teórica sobre o tema, poñemos debuxos animados ou documentais científicos con vocabulario específico do tema, e todo isto case sen pestanexar. Confeso que ás veces non selecciono vídeos para nenos, porque estos non respostan ás súas curiosidades e ás veces non teñen imaxes reais e por iso non lles gustan. 
Por iso, remato poñendo documentais que paramos cando hai algo que non entenden e de seguida dámoslle ao play outra vez.


Aqui nos tendes vendo un documental sobre constelacións, tema que xurdiu despóis de amosarnos Paula os observadores de constelacións e falarnos de Casiopea, da Osa Maior e da Osa Menor . Por certo, Paula, si rematas traballando na NASA   . . . lémbrate de min ! ! ! 


Tanta curiosidade e tanta información pódese ver no mural que temos no pasillo co Sistema Solar, nos cohetes que fixeron cas súas fotos no rincón de plástica, e deixando voar a imaxinación cara ao espazo para plasmar de xeito plástico, ben con debuxos ou con plastilina, aquilo que lles entusiasma sobre o tema.

Tomade asiento e . . . a viaxar polo espazo ! ! !

Viaxamos ca nosa imaxinación ! ! ! on PhotoPeach

AVISO IMPORTANTE: Onte levamos o noso horario espacial de maiores para poñer na habitación e outra fichiña de lectura comprensiva. Lembrade que tanto o horario como a ficha son para quedar na casa e a carpeta temos que traela de volta á escola o luns. 

Feliz semana.

Bicos.

sábado, 4 de octubre de 2014

A NOSA VIAXE ESPACIAL NON FIXO MÁIS QUE COMEZAR ! ! !

Nesta semana seguimos recibindo axuda de todo tipo para viaxar ao espazo. Ademáis tamén nos atrevemos a facer maquetas do Sistema Solar en familia. . . estamos feitos uns astrónomos e uns artistas! ! !


Tamén recibimos a visita dalgúns alieníxenas e. . . comezamos a facer o noso horario de maiores. Vai ser un horario moi especial e . . . moi espacial ! ! ! Cando o teñamos rematado levarémolo para casa para poñer na habitación como os maiores.


Ademáis, imos facer un mural do Sistema Solar para o pasillo. Por iso, cada equipo de mesa preparou un planeta e a algúns tocoulles preparar o sol. Limos algunha información sobre o tema e descubrimos que algúns planetas teñen moitas lunas, que nos planetas que están preto do sol vai moita calor, e nos que están lonxe moito frío.


A vindeira semana, montaremos o mural para o pasillo.

LEMBRADE !!! ESTA SEMAN LEVARON A SÚA PRIMEIRA FICHA DE LECTURA COMRENSIVA PARA LER NA CASA. A ELES FAILLES MOITA ILUSIÓN PORQUE SE SINTEN MOI MAIORES. ANIMÁDEOS MOITO E NUNCA LLES RIÑADES SI SE EQUIVOCAN. 
A FICHA É PARA QUEDAR NA CASA E PRACTICAR,  E A CARPETA TENDES QUE LEMBRAR TRAELA DE VOLTA O LUNS .

 E agora, un vídeo resumo das nosas aventuras ! ! !

A viaxe. . . non fixo máis que comezar. . . on PhotoPeach
Grazas pola vosa colaboración enviando material para o proxecto ! ! !
Feliz semana e moitos bicos! ! !