Ainda que ás veces parece que seguimos no verán, o Outono xa está aqui.
Como somos moi previsor@s e traballador@s, xa levamos un tempo decorando a nosa escola con motivos de Outono. Pero como a vida está chea de eleccións, nós non podemos ser menos. Así que cada un de nós decidiu se quería facer un esquío ou un moucho.
A maioría eleximos moucho ! ! ! Ás veces, motivados polas eleccións dos nosos amig@s e logo arrepentímonos. Pero. . . aprendimos o importante que é pensar, ter personalidade e saber decidir! ! !
Unha vez máis, tanto o patrón do esquío, como o patrón dos mouchos, sacámolo dunha das nosas páxinas favoritas: http://krokotak.com/
Casi sin decatarnos, xa temos O Samaín á volta da esquina.
O xoves celebramos na escola O Samaín e podemos vir disfrazad@s de criaturas arrepiantes.
LEMBRADE QUE OS TRAXES TEÑEN QUE SER CÓMODOS E PERMITIRNOS AUTONOMÍA PARA IR AO BAÑO SEN AXUDA.
Estes días, adicamos parte do noso tempo a facer adornos arepiantes para ambientar a escola.
Podedes seguir contribuíndo á nosa ambientación terrorífica mandando cabazas, bruxas, pantasmas, etc.
E agora ímosvos amosar as nosas dotes como decoradores de interiores ! ! !
No hay comentarios:
Publicar un comentario