miércoles, 24 de diciembre de 2014

VISITA DOS REIS MAGOS Á ESCOLA.

Como ben sabedes, o pasado venres día 19 recibimos na escola a visita das Súas Maxestades .
Entre nervios e frío agardamos a súa chegada no patio do cole.








A espera facíase longa e ao final sentámonos. . . 



Iso si, ca carta na man, sen perdela de vista ! ! !


Algún resistíase a sentarse por si se perdía algo. . . 
E ao final. . . chegaron no seu coche oficial.


Desatouse a locura incluso nos adultos, pero algúns conseguimos darlles a man á súa chegada ao cole.




Logo pasamos ao ximnasio, onde agardaban as Súas Maxestades sentados nos seus tronos e onde lles entregamos as nosas cartas. Aqui si que nos puidemos sacar fotos con eles e falarlles.

Primeiro tomamos asiento para agardar a nosa quenda e vimos como o grupo de pandeireta interpretaba unha panxoliña.


Neste grupo estaban dous compis da nosa clase: Adrián e Aymar, que o fixeron moi ben.


Logo, tod@s xunt@s cantamos outra panxoliña co profe de música.


E por fin, puidemos falar cos Reis Magos.
Mirade que momento máis entrañable.




De volta na clase, compartimos unha rica merendola de Nadal.
Tiñamos turrón, améndoas, biscoitos, Papá Noeles de chocolate, bombóns, e un montón de cousas máis. 
Tiñamos tantas cousas que , como víchedes polo que foi de volta para casa, non chegamos a abrir todo para que non se estropease, porque aínda que somos larpeir@s era demasiada comida.


Mellor será que vos poñamos un vídeo resumo da nosa xornada no cole nun día tan especial.


A emoción do Nadal ! ! ! on PhotoPeach
Hoxe quero despedirme cunha mensaxe que atopei na rede de casualidade, que desprende positividade e bos desexos.


Bo Nadal a tod@s e que no ano 2015 outro mundo mundial sexa posible! ! !
  Grazas pola vosa colaboración ao longo deste trimestre.

Moitos bicos





lunes, 22 de diciembre de 2014

XOGOS NADALEIROS.

Para pasalo ben nestas vacacións e xogar moito, aqui vos deixo un lote ben grande de xogos de Nadal.

Só tendes que premer debaixo da imaxe, onde pon XOGOS NADALEIROS, e iredes a unha páxina cargadiña de xogos con distinto nivel de dificultade e moi divertidos todos.

 A algúns xa xogamos na escola ao longo destes tres cursos e estou segura de que lles gustará lembralos.



Bicos.

domingo, 21 de diciembre de 2014

BO NADAL ! ! !

Os nen@s e a profe de 5 anos B, con estas postais tan fermosas, queremos desexarvos a tod@s BO NADAL.




Próximamente, a medida que o meu trancazo mellore, irei montando as fotos da visita das Súas Maxestades á escola e veredes o ben que o pasamos.

Unha aperta especial para Natalia que non puido vir o último día porque estaba maliña e outra para Rita que fixo o esforzo de vir pero marchou porque se atopaba mal. Mellorádevos pronto chicas! ! !


Bicos.

CUMPLEANOS DE IAN !!!

O xoves celebramos o derradeiro cumple do ano.
Ian cumplía 5 anos e a súa nai visitounos para convidarnos a merendar un rico biscoito.


Parabéns Ian e que teñas moitos agasallos! ! ! 
Á volta dareiche a túa medalla de cumpleañeiro porque esquecinme tamén.

Bicos.

CUMPLEANOS DE ADRIÁN !!!

O mércores celebramos o penúltimo cumpleanos do ano.
Adrián cumplia 5 anos e convidounos a biscoito para merendar.
Graciñas á súa familia pola rica merendola.


Parabéns Adri e que teñas moitos agasallos ! ! !
Á volta dareiche a túa medalla de cumpleañeiro, porque con todas as nosas ocupacións nadaleiras esquecinme. . . 

Bicos.

sábado, 13 de diciembre de 2014

XA SONA , CHEIRA E SABE A . . . NADAL ! ! !

Nestes últimos días deixámonos levar pola ilusión que nos fai o Nadal e a chegada de Papá Noel e os Reis Magos de Oriente.

Son datas de facer un último esforzo co traballiño, de portarse ben, de non disutir ni pelexar cos amig@s , de cavilar cómo farán as Súas Maxestades para saber tooooodo o que pasa e así pensar qué agasallos nos merecemos. . . 

Estivemos tocando panxoliñas de Nadal premendo  o nariz dos renos de Papá Noel.


Aqui vos deixamos o enlace: Panxoliñas con renos
Unha vez que entredes, premede no play , elexide a canción e. . . a tocar ! ! !

Pasámolo xenial, e o que máis rápido tocaba a canción, despois do profe Vicente claro, foi Daniel ! ! !



Fixemos un Rei Baltasar grande para decorar na entrada , onde facemos as filas. 



Melchor, Gaspar e Papá Noel, fixérono outras clases.



Estamos vendo, a ratiños, unha peli de Rudolf que nos prestou a profe Eva.





Fixemos distintos debuxos e adornos navideños.



Elaboramos as nosas árbores de Nadal.


E decorámolas. . . 



E. . . si queredes desfrutar tanto coma nós dos preparativos para o Nadal só tendes que ver este vídeo.

Achegándonos ao Nadal. on PhotoPeach

E xa para rematar, outro vídeo moi propio destas datas que ao mellor algúns de vós xa víchedes, pero que espero que nos faga pensar a tod@s. E que conste que non me pagan por facerlles publicidade ! ! ! Pero gústame a mensaxe. . . 



Que teñades boa semana e. . . que vos vaia chegando a maxia do Nadal ! ! !

Bicos.


viernes, 5 de diciembre de 2014

NOVIDADES DENDE O ESPAZO.

Como vedes, seguimos recibindo axuda para as nosas investigacións.


Trouxemos: libros, xoguetes, carnés de astronautas, e noticias de prensa que lemos con curiosidade científica para informarnos de cómo vai a misión de Philae no Cometa 67 P.


Xogamos con Lena a facer pesca espacial ! ! !


Este xogo tan divertido é para compartir tamén co seu irmán Xoel e os seus amigos, así que a vindeira semana levarémolo para clase de Pilar.

E por último, ainda que non menos importante, ilustramos unha noticia de prensa que falaba do descubrimento dun planeta xeado fóra do Sistema Solar. Este foi o resultado:


E este foi o proceso:




Moitos bicos dende o espazo.

UNHA MERENDA ESPECIAL ! ! !

Nestes días, Isma lembrou cando en 3 aniños fixemos unha degustación de froitos do Outono. Cómo pasou o tempo dende entón. . .  pois agora xa somos os maiores de infantil.
Nesas datas , moitos de nós probamos o membrillo por primeira vez.
Él pediulle á súa nai cear membrillo e mentres o comía pensou que sería moi boa idea convidar a tod@s a unha merenda especial, así que trouxo galletas e membrillo para tod@s.


Graciñas a Isma e á súa mamá Noelia por esta merenda tan doce! ! !



Bicos.