sábado, 31 de enero de 2015

VISITA AO PLANETARIO.

Comezamos a semana cunha visita que agardábamos casi casi ca misma ilusión que a chegada dos Reis Magos.
Foi un día moi especial, no que coñecimos á estrela Fugaz e aos seus amig@s, e con eles repasamos, planetas, estrelas, constelacións, etc.

Así foi a nosa chegada á Casa das Ciencias.


O primeiro que vimos foi o nacemento duns pitiños que acapararon a nosa atención un bo anaco.


Despois da proxección no planetario, onde lóxicamente non sacamos fotos, fomos baixando polas distintas plantas da Casa das Ciencias investigando , moitas veces por ensaio e erro, e descubrindo como pequen@s científic@s.

Aqui tendes unha pequena mostra deses momentos científicos. . . 


Antes de marchar, desfrutamos duns momentos de xogo no parque mentres agardábamos a que viñese o bus.


E xa de volta á escola, e despois de merendar, fixemos uns debuxos preciosos nos que reflexamos as nosas impresións da visita.


E agora o noso resumo en imaxes da xornada.

Casa das Ciencias 1 on PhotoPeach
E a continuación. . . 


Casa das Ciencias 2 on PhotoPeach
E ata aqui o que dou de si a visita.

Bicos.

CUMPLEANOS DE DANIEL ! ! !

 Esta semana celebramos o cumpleanos de Daniel que nos convidou a unha tarta de chuches.
 Como a tarta era moi grande e tiña moitas chuches, fomos comendo a pouquiños ao longo da semana.


Graciñas por convidarnos.
Parabéns e que teñas moitos agasallos! ! !

Bicos.


domingo, 25 de enero de 2015

VIAXES ESPACIAIS, CANCIÓNS EN ITALIANO E COUSAS QUE NOS PREOCUPAN.

Comezamos a semana cantando unha canción en italiano co profe Vicente.
Unha canción que parte dun conto de Gianni Rodari.


Cada un de nós tiña un carteliño cunha palabra en italiano. Cando a nosa palabra saía na canción tiñamos que estar atent@s para levantar o noso carteliño.
Logo levamos a palabra para casa, para que vexades que somos rapaces de mundo. . . e ata en italiano cantamos si é necesario ! ! !

Ao longo da semana fomos falando das viaxes espaciais, tanto en naves tripuladas como en naves sen pasaxeiros. Falamos dos traxes especiais que precisan os astronautas, dos efectos da forza da gravedade, da primeira viaxe do home á lúa a bordo do Apolo 11 e do primeiro animal en viaxar ao espazo: a cadeliña Laika.


Fixemos dous pequenos traballiños, onde plasmamos unha pequena parte do moito que aprendimos e reflexionamos moito, amosando xa que ímos maiores.

Ao falar da cadeliña Laika, un deles comentou que Laika morrera durante a viaxe. Tod@s amosaban a súa preocupación polo tema e demandaban saber a verdade. Penso que as mentiras non levan a ningures, e que si nun tema que lles preocupaba tanto lles mentía, perdería a súa confianza.



Así foi como rematamos afrontando o tema da morte, con naturalidade ainda que sendo moi doces, pois sobreprotexéndoos realmente os desprotexemos para afrontar a vida; e traballar as emocións é tan importante ou máis que traballar as letras.

Moit@s se emocionaban, amosando que teñen un gran corazón e sensibilidade, lembrando seres queridos: familiares ou mascotas. E moitos consolaban aos seus compañeir@s trites cun bico, unha palabra de cariño, unha aperta ou unha palamadiña na espalda de xeito espontáneo.


Os meus piratiñas medraron moito xa, non son eses pequerrechos que coñecín en 3 anos, teñen preocupacións, inquedanzas, son moi sensibles e cun gran corazón.

Eu tamén compartin con eles os meus pensamentos e sentimentos, pois pareceume importante non ser a profe, ser unha máis.
 Expliqueilles que na vida imos ter cousas boas que farán que estemos moi content@s, e cousas malas que nos poñerán tristes. Afortunadamente, as cousas boas van ser moitas máis. Pero el@s van ter sempre alguén que os axude e os console como sucedeu na clase, e el@s terán que axudar tamén a outras persoas. Tod@s prometeron axudar cando alguén esté triste, e falamos da importancia das apertas e do ben que nos fan sentir.



Faleilles da miña cadeliña Canela, que morreu porque era moi velliña, e como eu tiña un truco para non poñeme triste: pensar en todas as cousas alegres e divertidas que facía. 
Conteilles como lle merendou o bocata de chocolate ao neno dun veciño. . . dun só bocado. . . e a vergonza que pasei  mentras ela masticaba tranquilamente; ou como se agochaba tras as pernas de miña nai e dende ali lle ladraba a un escornabois . . . sen atreverse a asomarse . . . a moi medranas.

Tras as risas, viñeron as anécdotas pola súa parte, e entre tod@s recuperamos a ledicia.


Sei que esta foto lles fará ilusión, pois me pediron unha foto dela. Saímos a miña irmán Mariana, Canela e eu. . . e xa ten uns aniños. . . (Mariana, non te enfades !!!)
E para os que querían coñecer ao meu gato tamén hai foto, esta na que está cazando un rato de peluche encántame ! ! !


 Xa vedes que eu cumplin poñendo as fotos , si queredes compartir algunha podedes traela a clase e si vos apetece tamén a subimos ao blogue.

Por certo e falando de fotos, a profe Chus pediulles fotos de profesións, pois é o que están aprendendo en Inglés, poden ser das súas familias ou de revistas.

Agora si, o vídeo resumo desta semana.

Viaxe ao espazo. on PhotoPeach

Só me queda dicir, que é un pracer ver como estes piratiñas medran e maduran, compartir con el@s as súas inquedanzas e ver que teñen un gran corazón.

Moitos bicos.

sábado, 17 de enero de 2015

PRIMEIRAS AVENTURAS DO 2015.

Voltamos ao colexio con moitas ganas de novas aventuras e . . . con menos ganas de traballar. . .

Témonos que afacer outra vez ás rutinas da escola, a saber escoitar aos demais e agardar o noso turno. E igual que aos maiores lles custa a volta ao traballo, aos cativ@s tamén lles custa voltar á súa rutina escolar.

Pero para comezar o novo ano con bo pe e facer a volta máis agradable, as Súas Maxestades deixáronos na clase algúns agasallos.


Ismael, o noso primero encargado do 2015, encargouse de abrilos e amosalos a todo o mundo.



E a mellor maneira de desfrutar dos novos xoguetes e dos compañeir@s é reencontrarnos xogando nos rincóns.


Formamos palabras cun dos xogos que nos deixaron os Reis Magos.


Investigamos naves espaciais que nos transporten a mundos lonxanos. . . 


E retomamos os clásicos con enerxía renovada.

Pero teño que pedirvos que lles lembredes coidar e tratar ben os xoguetes da aula e o material común, como si dos propios xoguetes se tratase,  pois a nave espacial, tristemente, durou enteira só un día. Si estos comportamentos se siguen repetindo, non tod@s poderán xogar con según qué materiais, pois o xusto é que tod@s desfruten das cousas en bo estado.

Pero logo, os estornudos e as toses lembráronos que estamos no inverno. Por iso, entre tusido e tusido, fixemos unha paisaxe de inverno ben fermosa para decorar o pasillo.


O seu traballiño nos costou, pero a plástica gústanos moito.


Non pensedes que esquecimos a nosa aventura espacial. 

Agora que xa van indo maiores, propúxenlles que buscasen información nos libros que temos na aula sobre a viaxe do home á lúa, os traxes de astronauta e as naves espaciais. 

O resultado foi impresionanate: son capaces de ler moitas cousas e de axudarse para entender pequenas informacións, e sacar conclusións,  tamén colaboran na búsqueda de información e marcan a páxina ca información atopada.

A próxima semana ocuparémonos de revisar toda a información atopada , pero mentres, e despois de ler o conto de "Brunilda astronauta". . . fixémonos astronautas nós tamén! ! !



E xa para rematar, un vídeo resumo dos nosos primeiros días de escola no ano 2015.


Primeiras aventuras do 2015. on PhotoPeach

Ah! Por certo, debido ao concerto de tusidos que tiñamos onte na clase e posto que en xeral estaban tod@s bastante atascados,  non fomos ao ximnasio e cambiámolo por unha actividade máis tranquila : ver unha peli. Ás veces, ainda que non teñan fiebre, @s cativos non se atopan ben, pois neste caso a fatiga que lles producía a tos non lles permitía estar en boas condicións, e por iso o cambio de plans.


Boa semana a tod@s e feliz 2015 ! ! !

Moitos bicos.

CUMPLEANOS DE JENNIFER! ! !

Esta semana celebramos o primeiro cumpleanos do ano 2015! ! !

Jennifer foi a primeira en cumplir 6 anos e celebralo con nós convidándonos a un biscoito riquísimo que fixo a súa madriña.

Graciñas por convidarnos e acompañarnos durante a merenda!


Parabéns Jenny e que teñas moitos agasallos! ! !

Bicos.