Voltamos ao colexio con moitas ganas de novas aventuras e . . . con menos ganas de traballar. . .
Témonos que afacer outra vez ás rutinas da escola, a saber escoitar aos demais e agardar o noso turno. E igual que aos maiores lles custa a volta ao traballo, aos cativ@s tamén lles custa voltar á súa rutina escolar.
Pero para comezar o novo ano con bo pe e facer a volta máis agradable, as Súas Maxestades deixáronos na clase algúns agasallos.
Ismael, o noso primero encargado do 2015, encargouse de abrilos e amosalos a todo o mundo.
E a mellor maneira de desfrutar dos novos xoguetes e dos compañeir@s é reencontrarnos xogando nos rincóns.
Formamos palabras cun dos xogos que nos deixaron os Reis Magos.
Investigamos naves espaciais que nos transporten a mundos lonxanos. . .
E retomamos os clásicos con enerxía renovada.
Pero teño que pedirvos que lles lembredes coidar e tratar ben os xoguetes da aula e o material común, como si dos propios xoguetes se tratase, pois a nave espacial, tristemente, durou enteira só un día. Si estos comportamentos se siguen repetindo, non tod@s poderán xogar con según qué materiais, pois o xusto é que tod@s desfruten das cousas en bo estado.
Pero logo, os estornudos e as toses lembráronos que estamos no inverno. Por iso, entre tusido e tusido, fixemos unha paisaxe de inverno ben fermosa para decorar o pasillo.
O seu traballiño nos costou, pero a plástica gústanos moito.
Non pensedes que esquecimos a nosa aventura espacial.
Agora que xa van indo maiores, propúxenlles que buscasen información nos libros que temos na aula sobre a viaxe do home á lúa, os traxes de astronauta e as naves espaciais.
O resultado foi impresionanate: son capaces de ler moitas cousas e de axudarse para entender pequenas informacións, e sacar conclusións, tamén colaboran na búsqueda de información e marcan a páxina ca información atopada.
A próxima semana ocuparémonos de revisar toda a información atopada , pero mentres, e despois de ler o conto de "Brunilda astronauta". . . fixémonos astronautas nós tamén! ! !
E xa para rematar, un vídeo resumo dos nosos primeiros días de escola no ano 2015.
Primeiras aventuras do 2015. on PhotoPeach
Ah! Por certo, debido ao concerto de tusidos que tiñamos onte na clase e posto que en xeral estaban tod@s bastante atascados, non fomos ao ximnasio e cambiámolo por unha actividade máis tranquila : ver unha peli. Ás veces, ainda que non teñan fiebre, @s cativos non se atopan ben, pois neste caso a fatiga que lles producía a tos non lles permitía estar en boas condicións, e por iso o cambio de plans.
Boa semana a tod@s e feliz 2015 ! ! !
Boa semana a tod@s e feliz 2015 ! ! !
Moitos bicos.
Graciñas polos vosos comentarios no vídeo.
ResponderEliminarBicos.
Bibi.