Antes de amosarvos as imaxes da degustación dos froitos de Outono, gustaríame agradecer ás familias a súa colaboración aportando os distintos froitos que probamos na aula.
Cada semana, algúns nenos/as levaban unha cartiña para saber que froito lles tocaba traer para degustar esa semana.
Foi curioso ver como comían froitos que dicían que non lles gustaban, por non facerlle un feo aos amig@s que os trouxeran.
Probamos e comparamos sabores, texturas, olores, etc.
Falamos de froitos secos e carnosos.
Aqui vos deixamos un vídeo dos nosos Masterchef do Outono.
Fai uns días, cambiamos as nosas sesións de filosofía para nenos habituais e lanzámonos á piscina (bueno, neste caso máis ben ao mar) cunha sesión de xogar a pensar partindo dun vídeo.
Con este fermoso conto de Pixar falamos de protección, sobreprotección, emocións, non rendirse ante os problemas, axudar aos amigos, pensar para buscar solucións aos problemas, chorar non axuda, deixar que nos equivoquemos porque explorando tamén se aprende, facerlle as cousas aos demais non axuda porque asi non aprenden, etc.
Gustou tanto que tivemos que velo e comentalo varias veces e. . . estou segura de que si non o poño no blogue me piden o libro de reclamacións! ! !
Aprendemos onde viven distintos animais, que comen, como se chaman as súas crías e que nos proporcionan aos seres humanos, empregando uns paneis plastificados que completamos e colocamos no rincón do proxecto.
Estos son os animais da granxa que tiñamos que colocar nos paneis.
Por parellas colocamos cada animal no panel correspondente e explicamos aos compañeiro@s os motivos da nosa elección.
Unimos sílabas para formar palabras relacionadas coa granxa xogando cos nosos tractores bisílabos.
Formamos nomes de animais da granxa.
E tamén nomes de froitos.
Aqui nos tendes xogando por parellas.
Un día á volta do patio atopamos nomes de animais tirados polo chan na asamblea e tivemos que colocar entre todos cada nome coa súa foto.
A familia de Miguel aportounos un recurso dixital co que visitamos de maneira virtual unha granxa galega.
Aqui vos deixamos o enderezo para que o desfrutedes tamén na casa. Pinchade nas letras amarelas onde di "visita virtual á granxa"
Aprendimos cousas sobre as vacas e as ovellas, para iso empregamos libros dos que temos no recuncho aportados polas familias, vemos vídeos e falamos moooooito para ordenar as nosas ideas nos nosos cerebriños desexosos de información.
Aqui vos deixamos algúns dos vídeos que vimos.
A nosa curiosidade non ten límite e queríamos saber cómo ordeñar vacas.
Tamén como se fai o queixo, que xa sabemos que pode ser con leite de vaca, ovella ou cabra.
Como esquilar unha ovella.
Comprendimos o proceso que vai dende a ovella ata o ovillo de lá.
Rematamos os nosos tractores.
Colocar ben as rodas. . . foi toda unha operación de inxeniería.
Plasmamos parte de todo o aprendido en distintos traballos.
Esto é todo polo momento, agardamos que vos gusten as nosas aventuras na granxa.
Debido ao interese que este proxecto esperta nos cativ@s, a súa enorme motivación polo tema e que ás veces non temos todo o tempo que nos gustaría para adicar ás nosas investigacións, ímos continuar coas nosas aventuras na granxa no seguinte trimestre.
Visitamos o Museo de Arte Contemporáneo cunha proposta para traballar as emocións, concretamente o medo a través de distintas obras de arte.
Primeiro preparámonos para a visita lembrando as emocións que coñecemos e como nos fai sentir cada unha delas, falamos dos nosos medos e do que facemos para superalos e coñecimos a Carmola, a protagonista da nosa visita ao MAC, que nos confesou os seus medos e. . . un método moi especial para superalos grazas ao Doutor Niquete.
Aqui vos deixamos o vídeo.
Reflexionamos sobre o vídeo e sobre os métodos de curación do Doutor Niquete.
Parece que preferimos os seus métodos aos dos nosos pediatras! ! !
Na nosa visita ao MAC coñecimos á mismísima Carmola que nos lembrou a súa historia como se fose unha obra de teatro.
Logo animounos a probar os métodos curativos do Doutor Niquete, así que fixemos unha chocolatina co debuxo de aquilo que nos daba medo na procura da nosa "curación".
Primeiro eleximos o que nos daba medo, logo preparamos os moldes para as chocolatinas cuns cuños que parecían os nosos dos premios pero en grande e, xa por último botamos chocolate no molde e. . . a agardar a que esté listo para comer.
Coas chocolatinas no frigorífico, e mentres agardábamos a que estivesen listas para comer, visitamos o museo con Carmola e as súas amigas.
Alí atopamos obras de arte que podían significar distintas cousas, dar medo ou non e que nos transmitían cousas diferentes a cada un de nós.
De volta no taller comimos as nosas chocolatinas que estaban boísimas e despedímonos de Carmola e as súas amigas.
Aqui vos deixamos un vídeo-resumo da nosa visita ao MAC.