jueves, 8 de diciembre de 2016

Visita ao MAC: Quen dixo medo?

Visitamos o Museo de Arte Contemporáneo cunha proposta para traballar as emocións, concretamente o medo a través de distintas obras de arte.

Primeiro preparámonos para a visita lembrando as emocións que coñecemos e como nos fai sentir cada unha delas, falamos dos nosos medos e do que facemos para superalos e coñecimos a Carmola, a protagonista da nosa visita ao MAC, que nos confesou os seus medos e. . . un método moi especial para superalos grazas ao Doutor Niquete.

Aqui vos deixamos o vídeo.


Reflexionamos sobre o vídeo e sobre os métodos de curación do Doutor Niquete.
Parece que preferimos os seus métodos aos dos nosos pediatras! ! !

Na nosa visita ao MAC coñecimos á mismísima Carmola que nos lembrou a súa historia como se fose unha obra de teatro.


Logo animounos a probar os métodos curativos do Doutor Niquete, así que fixemos unha chocolatina co debuxo de aquilo que nos daba medo na procura da nosa "curación".
Primeiro eleximos o que nos daba medo, logo preparamos os moldes para as chocolatinas cuns cuños que parecían os nosos dos premios pero en grande e, xa por último botamos chocolate no molde e. . . a agardar a que esté listo para comer.


Coas chocolatinas no frigorífico, e mentres agardábamos a que estivesen listas para comer, visitamos o museo con Carmola e as súas amigas.
Alí atopamos obras de arte que podían significar distintas cousas, dar medo ou non e que nos transmitían cousas diferentes a cada un de nós.


De volta no taller comimos as nosas chocolatinas que estaban boísimas e despedímonos de Carmola e as súas amigas.

Aqui vos deixamos un vídeo-resumo da nosa visita ao MAC.

MAC: Quen dixo medo? on PhotoPeach

Bicos.

2 comentarios:

  1. Nico llegó a casa emocionadisimo con la excursión, eso sí, me dijo: "Mamá, lo siento, ya no hay chocolatina"...
    Cúanto aprenden estos peques en esos paseos y les fascinan, Gracias BIbi por ayudarles a abrir bien los ojos.

    ResponderEliminar
  2. Graciñas a ti polo teu comentario! ! !
    Esta saída fascinounos a tod@s, incluídas a Luz e a min, que tamén tomamos a nosa chocolatina quitamedos ! ! !

    Bicos.

    Bibi

    ResponderEliminar