sábado, 17 de junio de 2017

Novidades piratas! ! !

Ás veces pasan tantas cousas que é difícil organizalas nunha soa entrada cun só título, por iso aqui tendes outro capítulo do noso Noticiario Pirata con novidades recentes que aínda non vos contamos.

Estabamos tranquilamente na hora do conto cando. . . Ah!!! A Silvia caeulle un dente!!!
O mundo parouse, o conto parouse e Silvia preparou o seu dente para que o Rato Pérez o reciba axeitadamente.


Coa profe Teresa, repasamos na clase de Inglés os nomes dos animais da granxa na pizarra dixital.


Xa sabedes que ás veces non só traballamos os contos nas asambleas, facendo as nosas sesións de xogar a pensar, nas que xa razonamos moi ben. Nalgunhas ocasións tamén facemos pequenos traballos plásticos ao redor do conto.
 Neste caso o conto elexido foi o que Nico pediu aos Reis Magos para clase: La estrella de Laura.


Agora tod@s temos as nosas estrelas que nos acompañarán día e noite, ainda que co conto aprendimos que non sempre podemos ter todo aquilo que queremos.



Quixera aproveitar a ocasión para agradecer a colaboración a todas as familias que lembraron pedir aos Reis Magos e /ou Papá Noel un conto dos que recomendamos para traballar na clase. Todos os contos traballáronse nas asambeas, nas nosas sesións de filosofía para nen@s e foron de gran axuda para axudalos a pensar, madurar, medrar, respectar, aprender valores útiles para a convivencia, etc.
Ademáis, con algúns incluso tivemos tempo de facer algún pequeno traballiño plástico alusivo ao conto.

Seguiremos actualizando. . . 

Bicos.

Moito Mondrian! ! !

Seguimos aprendendo cousas deste gran pintor e afondando no mundo artístico.

Buscamos en Internet na procura de información para aprender a diferenciar unha paisaxe dun bodegón, o encargado tomou nota no encerado do que nos parecía que podía axudarnos na tarefa.


Logo vimos dous cadros de Mondrian, de distintos estilos e etapas na obra do pintor, pero que representaban unha paisaxe e un bodegón e de xeito individual ubicamos cada un no lugar correcto.


Complicamos un pouco máis o asunto e. . . diferenciamos: bodegóns, paisaxes e retratos.


Pintamos cadros con distintos materiais.
Comezamos pintando bolboretas con ceras brandas e este foi o resultado.


Botámoslle valor e atrevímonos cunhas fermosas flores que pintamos con acuarelas.


Aqui nos tendes estreando os estoxos de maiores e plasmando de xeito individual as nosas investigacións previas sobre os lugares nos que estivo Piet Mondrian. Pero para facelo máis difícil tiñamos que adiviñar de que lugar se trataba só coa pista dun dos seus monumentos máis emblémáticos.


Por tod@s é sabido que para saber o que nos gusta temos que probar, o mesmo pasa coa comida ( non vale dicir que non gusta un alimento sen probalo! ! ! ainda que nisto non tod@s estaban de acordo, je, je, je) que pasa coa pintura.
Investigando a obra deste gran artista descubrimos que probou distintos estilos de pintura, entre eles o Puntillismo e nós decidimos facer o mesmo.
Armámonos de paciencia e fixemos unhas verdadeiras obras de Arte Puntillista.



A nosa creatividade é tanta que incluso deseñamos un coche.
Damas e cabaleiros, con todos vostedes: "RAYO MONDRIAN"


Seguiremos actualizando.

Bicos.

domingo, 4 de junio de 2017

Noticiario pirata

Imos facer un refrito de varias cousiñas que aínda non vos contamos no seguinte noticiario pirata.

Fai uns días recibimos a visita dun grupo de alumn@s de 5º A que nos amosaron a pel que perden algunhas serpes cando mudan, explicáronos o motivo polo que se produce este proceso nalgúns animais e tamén nos contaron de que está composta a pel das serpes.



APRENDENDO COUSAS DE SERPES - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Temos novos xogos no recuncho de lectoescritura, pero son taaaaaan de maiores que primeiro aprendimos a xogar con eles entre tod@s na asamblea.
Mirade que ben o pasamos ! ! !




O traballo cooperativo comeza a dar os seus froitos e exténdese de xeito espontáneo ao seu día a día.
Por iniciativa propia aunaron esforzos e puxéronse de acordo para xuntar as catro bases que tiñan, compartir pezas e facer este fermoso barco xunt@s. Bravo por el@s ! ! !


Tamén rematamos de pintar as pezas da vidrieira de Jorge Peteiro que nos deron na nosa visita ao Muncyt, e por equipos colocamos cada peza no sitio que lle correspondía para montar o debuxo da vidrieira ao completo.
Aqui nos tendes en acción tentando encaixar cada peza no seu sitio.


Pizzer@s por un día.

Visitamos unha coñecida pizzería en Matogrande para aprender un lote de cousas sobre a historia da pizza, onde se inventou, cando e por que; aprendimos sobre a pirámide dos alimentos e tamén o necesario que é  ter unha alimentación saudable.


Logo, por equipos, mentres o resto do grupo debuxaba unha pizza sen esquecer ningún ingrediente, subimos á cociña da pizzería a facer as nosas propias pizzas.




E xa para rematar a visita, puidemos degustar para merendar unha ricas pizzas feitas por nós mesmos e que nos quedaron boíiiiiiiisimas.


Aqui vos deixamos un vídeo resumo en imaxes da visita.



Seguiremos actualizando. . .

Bicos.