sábado, 17 de junio de 2017

Moito Mondrian! ! !

Seguimos aprendendo cousas deste gran pintor e afondando no mundo artístico.

Buscamos en Internet na procura de información para aprender a diferenciar unha paisaxe dun bodegón, o encargado tomou nota no encerado do que nos parecía que podía axudarnos na tarefa.


Logo vimos dous cadros de Mondrian, de distintos estilos e etapas na obra do pintor, pero que representaban unha paisaxe e un bodegón e de xeito individual ubicamos cada un no lugar correcto.


Complicamos un pouco máis o asunto e. . . diferenciamos: bodegóns, paisaxes e retratos.


Pintamos cadros con distintos materiais.
Comezamos pintando bolboretas con ceras brandas e este foi o resultado.


Botámoslle valor e atrevímonos cunhas fermosas flores que pintamos con acuarelas.


Aqui nos tendes estreando os estoxos de maiores e plasmando de xeito individual as nosas investigacións previas sobre os lugares nos que estivo Piet Mondrian. Pero para facelo máis difícil tiñamos que adiviñar de que lugar se trataba só coa pista dun dos seus monumentos máis emblémáticos.


Por tod@s é sabido que para saber o que nos gusta temos que probar, o mesmo pasa coa comida ( non vale dicir que non gusta un alimento sen probalo! ! ! ainda que nisto non tod@s estaban de acordo, je, je, je) que pasa coa pintura.
Investigando a obra deste gran artista descubrimos que probou distintos estilos de pintura, entre eles o Puntillismo e nós decidimos facer o mesmo.
Armámonos de paciencia e fixemos unhas verdadeiras obras de Arte Puntillista.



A nosa creatividade é tanta que incluso deseñamos un coche.
Damas e cabaleiros, con todos vostedes: "RAYO MONDRIAN"


Seguiremos actualizando.

Bicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario