sábado, 25 de noviembre de 2017

25 de NOvembro: Día Internacional contra a violencia de xénero.


Nas aulas de 3 anos puxemos o noso graíño de area e educamos na igualdade coa axuda do seguinte conto, pois pensamos que para acadar unha sociedade menos excluínte, mais igualitaria e libre de sexismo temos que transformar primeiro a educación das novas xeracións e os contidos aos que están expostas a través de películas, música de moda (que cantan sen pararse a pensar na letra) e mesmo contos clásicos.

É difícil ensinar aos mais pequenos a desfacerse de estereotipos sexistas si o que escoitan antes de durmirse é que Cincenta tivo que casarse cun príncipe para ser felices e comer perdices, ou que Brancaneves limpaba a casa dos ananitos. . . Non vos parece?


Despois de ver o vídeo estivemos reflexionando sobre o tema na medida que a súa madurez o permite, pero lembrade que neste caso a educación comeza en casa e que os adultos somos exemplo e modelo a imitar polos cativ@s.

Nas aulas preparamos unhas cintas moradas con mensaxes contra a violencia de xénero, no noso caso con palabriñas sinxelas como: amor, bicos, apertas, agarimo, etc.
Logo xuntámonos as dúas clases na entrada de Educación Infantil para colgar as nosas cintas moradas na  árbore contra a violencia .



Grazas por unirvos á nosa proposta de asistir á escola cun lazo morado! ! !


Recomendacións de contos para educar na igualdade que os Reis Magos, Papá Noel ou o Apalpador poden mercarlles este Nadal:


Margarida é unha elefanta que abrirá o camiño á igualdade ás súas compañeiras.


O autor deste conto retoma o papel que xogan os homes na crianza das novas xeracións.


Mais aló do felices para sempre, o desenlace do conto é unha nova procura da felicidade.


Desmitificando o estereotipo das princesas , este conto é simplemente xenial ! ! !



Libro sobre a aceptación de un mesmo e que anima aos nen@s a ser ele@s mems@s e deixar a súa pegada no mundo.


Carlota é unha princesa que está farta da cor rosa e de bicar sapos para ver si se tranforman en príncipes.


Unha nova versión do clásico en clave de humor para axudarnos a educar na igualdade de xénero e na corresponsabilidade doméstica.


Para educar na igualdade de xénero.


Seguiremos actualizando. . . 

Bicos.

viernes, 24 de noviembre de 2017

20 DE NOVEMBRO DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

Traballamos esta data tan especial a nivel de aulas falando de todas as cousas das que afortunadamente podemos desfrutar, pero por desgracia non tod@s @s nen@s do mundo desfrutan.

Como son moi pequeniñ@s dímoslle un toque festivo e cantamos esta canción:


Colaboramos participando nunha actividade colectiva a nivel de centro pegando unhas etiquetas cos nosos nomes nun mural coas siluetas dun neno e dunha nena.
Traballamos moito nas clases repasando os nosos nomes con rotus para que as nosas etiquetas quedasen moi bonitas.
Para facilitar a tarefa, empregamos un mural para Educación Primaria e outro para Educación Infantil.

Na seguinte montaxe fotográfica podedes ver como foi a nosa participación no mural do DIA UNIVERSAL DA INFANCIA.


Seguiremos actualizando.

Bicos.


domingo, 19 de noviembre de 2017

Somos polifacétic@s! ! !

Nestes días fixemos moitas cousas e moi diversas.

 Fixemos algún traballiño no noso caderno de maiores despois de xogar moito coas actividades previas na PIZARRA DIXITAL INTERACTIVA.


Falamos das landras e dos cogomelos e fixemos uns traballimos plásticos que nos quedaron moi chulos.




Na aula de música cantamos e bailamos coa canción do Outono de UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA.
Aqui vos deixamos o vídeo con karaoke para que poidades cantar na casa.



No ximnasio exploramos o espazo, tomamos conciencia do lugar que ocupa o noso corpo e xogamos situándonos dentro-fóra dos aros. 


É interesante ver como na aula de música buscan para bailar amig@s da outra clase ou no ximnasio tentan xuntarse no mesmo aro.

Tamén falamos un pouquiño de emocións e para iso vimos o conto de PAULA Y SU CABELLO MULTICOLOR.
É importantísimo traballar as emocións dende ben pequeniños, por iso seguiremos mergullándonos no mundo emocional ao tempo que os pequen@s van madurando, para axudalos a medrar de xeito equilibrado.


Despedímonos ata a próxima semana cun vídeo resumo da nosa polifacética vida no cole.


Que teñades unha boa semana.

Bicos.


sábado, 18 de noviembre de 2017

A dragona Ramona

Esta semana foi moi intensa, comezamos coa festa do Magosto e a metade de semana recibimos a visita da dragona Ramona que tivo que cancelarse a semana pasada.

A dragona Ramona contounos o conto de Carabuñas e estivemos bastante atent@s tendo en conta que somos os pequen@s do cole.


Tomade asento, que agora ven a sesión de fotos.


Aqui vos deixamos tamén o vídeo do conto que vimos na clase.


A dragona Ramona pediunos que lle explicásemos ás nosas familias que podemos visitala na Biblioteca González Garcés do Burgo ou na Biblioteca Cardeso Liñares de Vilaboa onde ten máis sesións de contacontos para nós.

Por exemplo, o VENRES 24 DE NOVEMBRO, na Biblioteca Cardeso Liñares de Vilaboa ás 18:30 h. temos unha sesión de contacontos coa DRAGONA RAMONA, onde podemos ir acompañad@s das nosas familias e escoitar o conto ROSA CARAMELO. É para nen@s a partir de 3 anos e a entrada é libre.

Seguiremos actualizando.

Bicos.

Magosto 2017

Asi celebramos o Magosto na escola o noso primeiro ano no cole de maiores.

Primeiro preparamos unhas coroas para lucir ben guap@s o día da festa.




Nas clases cantamos a canción das castañas.



O día da festa comezamos a xornada visitando ao castañeiro para coñecer de primeira man en que consistía a súa labor.

Logo fomos ao patio, onde os nenos de 6º curso de Educación Primaria tiñan preparados para nós uns xogos tradicionais cos que o pasamos xenial.

Grazas maiores pola vosa paciencia con nós, por explicarnos tan ben os xogos e axudarnos a xogar! ! !


Despois de merendar e de xogar no patio de xeito libre, recibimos ás nosas familias que nos acompañaron a comer as tracidionais castañas do Magosto.

Grazas a todas as familias que puideron vir e que se animaron a acompañarnos ! ! !

Aqui vos deixamos unhas fotiños da festa.


Agardamos que vos gusten pois estamos probando distintas aplicacións para facer montaxes con fotos que poidan subirse ao blog, que sexan gratis e que non dean moito traballiño; asi que admitimos opinións e suxestións pero tende en conta que sexan sinxelas porque non son informática, só aficionada a "retellar" no ordenador.

Seguiremos actualizando.

Bicos.


domingo, 12 de noviembre de 2017

PROXECTO SALVAVIDAS


Queridas familias, despois de tanta foto de festa temos que poñernos un pouquiño mais serios, pois precisamos da vosa colaboración para levar adiante esta iniciativa.

Por se alguén non recibiu a información ou non consultou a páxina do cole, publicamos o texto con toda a explicación sobre o PROXECTO SALVAVIDAS.

Lede con atención porque xunt@s podemos conseguilo ! ! !

Bicos.



PROXECTO SALVAVIDAS.  Desde a Dirección e a ANPA do CEIP Plurilingüe Ría do Burgo dirixímonos a toda a comunidade educativa do centro para propoñer a participación de familias e profesorado nunha campaña solidaria, promovida polo Proxecto Salvavidas, que ten por obxectivo que o noso centro acabe sendo un Espazo Cardioprotexido coa instalación dun desfibrilador semiautomático e a formación do persoal para a abordaxe dunha serie de trastornos como a parada cardiorrespiratoria, asfixia e afogamentos.
A existencia de desfribiladores semiautomáticos para persoal non sanitario en lugares públicos, así como a formación en técnicas básicas de recuperación cardiopulmonar, consiguen salvar a unha elevada porcentaxe de persoas que sofren un paro cardíaco xa que, para isto, hai que actuar rápido e o desfibrilador debe chegar nos primeiros 4 minutos, tempo insuficiente, na inmensa maioría dos casos, para que acudan os servizos de emerxencias. Neste colexio, nos últimos anos, o profesorado e o alumnado, conscientes desta realidade, están a participar en diversas actividades relacionadas cos primeiros auxilios e a RCP. Opinamos que un desfibrilador non é un aparato máis para o centro educativo, xa que os beneficiarios son o alumnado, o profesorado, o persoal laboral  e, en xeral, todas as persoas que acoden ao centro a diario.
Para conseguir este obxectivo pedimos a participación activa das familias e da comunidade educativa, colaborando nacompra dunhas pulseiras coas que financiar o proxecto, xa que, se cada alumno/a acaba facéndose cargo de 3 unidades (ben sexa quedándose con elas ou vendéndoas a familiares, amigos e veciños), entre todos conseguiremos a cantidade de unidades necesaria coa que obteremos un desfibrilador de última xeración, a vitrina e cartelería, e a formación para o persoal docente. O donativo por cada pulseira é de 3 euros. As familias que, voluntariamente, queiran colaborar, notificarán a través dos nenos/as aos titores/as o luns, 13 de novembro, o número de pulseiras que queren. Cando saibamos o número total das mesmas, avisaremos para que as familias ou os nenos/as pasen a recollelas e pagalas.
Grazas de antemán pola colaboración prestada.


Samaín 2017 ! ! !

O martes 31 de outubro celebramos a festa de Samaín e posamos guapísimos/as cos nosos disfraces, metendo medo.

Posados na clase dos PIRATAS.


Posados na clase das XOANIÑAS.


Visitamos as mesas con todas as LARPEIRADAS ARREPIANTES  que se presentaban ao concurso este ano e logo, na clase cada reposteir@ arrepiante posou co seu postre e comímolos como larpeir@s.


Despois do recreo xuntámonos tod@s no patio dos maiores para cantar e bailar a canción do Samaín.


Nas nosas clases tamén bailamos esta canción e gústanos moito.


Aqui vos deixamos uns posados de grupo para o recordo e despedímonos ata pronto. . . que xa está aqui o Magosto. Lembrade de mañán luns 13 de 12:30 a 13:30 celebramos no colexio a festa do Magosto á que estades convidados. Ao remate da festa, o alumnado despedirase das súas familias e voltará a clase coas mestras onde continuarán ata a hora da saída.



Bicos.

Cabazas de Samaín 2017

Temos tantas fotos de Samaín que imos ter que ir publicando pouco a pouco.
As profes emocionámonos sacando fotos e. . . agora ides velas por capítulos.

Comezamos coas cabazas terroríficas que trouxemos á escola o luns de Samaín.

Aqui tendes as cabazas da clase dos PIRATAS.













Anxo tivo un pequeno desgusto coa súa cabaciña, nada grave que non se poida arranxar cun pouco de pegamento ben forte. Así que pegamos, deixamos secar e. . . ao día seguinte posou coa súa cabaza morcego! ! !



Estas son as cabazas terroríficas da clase das XOANIÑAS.



Atent@s que seguiremos actualizando! ! !

Bicos.