No contexto de Teatro, traballamos a lectoescritura en torno ao vocabulario de outono, a secuencia adicada á artista Yayoi Kusama e ás palabras que conteñen o son da letra M.
Inventamos pequenas historias ou contos e representámolos diante dos compis.
Divertímonos con novos xogos de lectoescritura feitos con material de refugallo.
Tamén seguimos traballando a música empregando o libro : La sinfonía de los animales.
Esta vez tocounos desvelar o enigma dos gatos patosos e descubrimos que o instrumento que agochaba esta vez o "Maestro Ratón" na melodía dos gatos era : o piano
No Contexto de Casa-pobo fixemos xogos lóxico matemáticos cos que aprendemos moito.
Fixemos a lista da compra e fomos ao supermercado.
Na casiña, poñemos a mesa, facemos a comida coa compra que fixemos e coidamos @s bebés e as mascotas.
E no supermercado facemos reconto dos produtos que temos á venda.
No Contexto de Xogos-Proxecto seguimos investigando o noso corpo e aprendemos a describirnos. Tamén seguimos traballando a secuencia na que imos facendo un debuxo de cada un dos nen@s de clase.
Estivemos vendo algúns vídeos como este co que aprendemos moito sobre o noso corpo.
Xogamos , aprendemos e pasámolo xenial no recanto do Proxecto e nos demáis recantos nos que aprendemos a compartir, agardar a nosa quenda e xogar de xeito cooperativo.
No contexto de Arte comezamos a elaborar adornos para a árbore de Nadal con pasta de modelar.
No recanto sesorial exploramos e xogamos cunhas bandexas sensoriais con area, froitos de outono e mooooooitas sorpresas.
No recanto de pintura fixemos estampación con corchos.
E por outra banda , estamos reflexionando (tendo en conta a súa idade e nivel madurativo) sobre a importancia da amizade e ser amigos/as a través dos contos que lemos diariamente. Por exemplo, esta semana un dos contos que limos e que lles gustou moito foi este.
Seguiremos actualizando. . .
Biquiños
Bibi