No Contexto de Teatro, inventamos historias para logo representar aos compis.
Xogamos coa palabra secreta.
No contexto Casa-pobo facemos xogos de lóxica-matemática e aprendemos o trazo dos números.
No Contexto de xogos-proxecto seguimos investigando o noso corpo e estivemos aprendendo cousiñas dos nosos ollos e o sentido da vista.
Tamén aprendemos a xogar, compartir, agardar a nosa quenda e pasámolo xenial.
No Contexto de Arte fixemos modelado coa plastilina.
Fixemos unha tela de araña.
Comezamos a secuencia didáctica adicada a Yayoi Kusama, e estivemos tentando recortar e ordear as letras do seu nome.
Pintamos cabazas estilo Yayoi Kusama
E tamén fixemos artistadas libres co pincel.
Seguiremos actualizando. . .
Biquiños
Bibi
No hay comentarios:
Publicar un comentario