sábado, 25 de febrero de 2023

CONCERTO DE PACO NOGUEIRAS E VISITA Á DOMUS

 Esta semana foi curta pero intensa.

O xoves, para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, fomos ao Concerto de paco Nogueiras no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.





O venres visitamos a Domus , onde experimentamos lembrando algunhas cousas que xa sabemos do noso corpo e aprendimos cousas novas do corpo humán. Tamén merendamos cunhas estupendas vistas do mar e das praias de Riazor e o Orzán.






Ao rematar a visita fixémonos unhas estupendas fotos de grupo de recordo.





Seguiremos actualizando. . .
Biquiños

Bibi

sábado, 18 de febrero de 2023

SEMANA DE ENTROIDO 2023

 Comezamos a semana no Contexto de Teatro o luns.

Fixémonos unhas fotos de grupo coas cabeciñas disfrazadas.


Tamén inventamos historias de Entroido para contar aos compis .


Traballamos colaboración, empatía, resolución de conflitos, etc a través do corto animado; The bridge.



Fixemos modelado.


Aprendimos cousas sobre os nosos ósos e sobre as radiografías .



Xogamos a sumar de distintas formas que nos axudan a entender a mecánica da suma e descompoñer números.




Seguimos aprendendo moitas cousiñas de Yayoi Kusama.


Cos mandadiños de Entroido tamén adornamos o pescozo así de guap@s.


E agora toca xogar ás adiviñas, ¿Sabedes a quén pertencen estes zapatos disfrazados?


Rematamos as máscaras de Peliqueiros e fixemos tamén antifaces de Entroido.



O venres de Entroido pasámolo xenial.
Comezamos bailando na clase e facendo fotos de grupo.



Fixemos fotos individuais.


Fixemos fotos Yayoizad@s  !!!



Saimos a desfilar polo Paseo do Burgo






De volta á escola degustamos dunha rica merenda de Entroido compartida.



Seguiremos actualizando. . .
Biquiños

Bibi

sábado, 11 de febrero de 2023

SEMANA DO 6 AO 10 DE FEBREIRO

 Esta semana chegou á nosa clase unha profe nova, chámase Ana, está estudando Maxisterio e vai facer as súas prácticas na nosa clase.

¡Benvida Ana!!!

Fixemos un cadro ao máis puro estilo de Yayoi Kusama.

Fixemos autorretrato cunha "Choiva de puntos".



Asistimos na Biblioteca do cole a unha actividade interesantísima que se chamabo: O mundo das abellas. Con ela aprendimos moitísimas cousas sobre a vida das abellas , a importancia que teñen para o ser humán, o proceso de fabricación do mel e. . . incluso fixemos unha candea! ! !






Pintamos no Contexto de Arte unha máscara de Peliqueiro.


O venres na Biblioteca xogamos e aprendemos nos recantos.


No Contexto de casa-pobo fixemos reconto de mercancía no supermercado e atendemos aos clientes.



Fixemos moitos xogos matemáticos cos que aprendemos a clasificar e sumar.


Aprendimos a compartir, chegar a acordos e cooperar xogando .


Seguiremos actualizando. . .

Biquiños

Bibi

sábado, 4 de febrero de 2023

SEMANA DO 30 DE XANEIRO AO 3 DE FEBREIRO DE 2023

Esta semana que remata , no Contexto de Arte preparamos unha base par facer para a próxima semana un cadro.


No Contexto de Teatro inventamos historias de emocións.


Fixemos un copo de neve.


Xogamos a atopar palabras coa letra M.


No Contexto de Xogos seguimos investigando o noso corpo, e comezamos a falar dos ósos.


Compartimos moitos momentos de xogos compartidos.


No Contexto de Casa.Pobo fixemos xogos matemáticos. Esta semana tocounos sumar co "cocodrilo sacamuelas"


Dentro do Proxecto MUS-E, na actividade de Teatro representamos o que facemos cando estamos xogando nun parque e cando estamos visitando un museo.


Ademáis, o luns para conmemorar o Día da paz levamos para casa os móbiles da Paz que con tanto agarimo fixemos.


Seguiremos actualizando. . .

Biquiños

Bibi