Comezamos a semana no Contexto de Teatro o luns.
Fixémonos unhas fotos de grupo coas cabeciñas disfrazadas.
Tamén inventamos historias de Entroido para contar aos compis .
Traballamos colaboración, empatía, resolución de conflitos, etc a través do corto animado; The bridge.
Fixemos modelado.
Aprendimos cousas sobre os nosos ósos e sobre as radiografías .
Xogamos a sumar de distintas formas que nos axudan a entender a mecánica da suma e descompoñer números.
Seguimos aprendendo moitas cousiñas de Yayoi Kusama.
Cos mandadiños de Entroido tamén adornamos o pescozo así de guap@s.
E agora toca xogar ás adiviñas, ¿Sabedes a quén pertencen estes zapatos disfrazados?
Rematamos as máscaras de Peliqueiros e fixemos tamén antifaces de Entroido.
O venres de Entroido pasámolo xenial.
Comezamos bailando na clase e facendo fotos de grupo.
Fixemos fotos individuais.
Fixemos fotos Yayoizad@s !!!
Saimos a desfilar polo Paseo do Burgo
De volta á escola degustamos dunha rica merenda de Entroido compartida.
Seguiremos actualizando. . .
Biquiños
Bibi
No hay comentarios:
Publicar un comentario