Celebramos o Día de Rosalía de Castro na escola, cunha sesión de música e contacontos de Caxoto.
Previamente, na aula, coñecimos a figura de Rosalía.
Celebramos o Día de Rosalía de Castro na escola, cunha sesión de música e contacontos de Caxoto.
Previamente, na aula, coñecimos a figura de Rosalía.
Esta semana toca amosar o noso traballo e agradecer. Porque isto é o que pasa cando tes compis que sempre suman e fan que todo sexa mellor, coas que desfrutas traballando e aprendendo delas.
No Contexto de teatro traballamos expresión oral e estamos comezando a representar o conto "Os 3 porquiños". Imos facelo por equipos, e cada semana iremos vendo o progreso ata poder voar soliñ@s.
Grazas Isa ( Especialista en Audición e Linguaxe) por unirte ás nosas locuras, melloralas e documentar esta primeira vez con fotos e vídeo.
Na aula de Música e coa axuda da profe Anaisy ( Mestra especialista en Música) estivenmos aprendendo a cantar e bailar esta canción tan divertida .
Gracias Anaisy por facer a túa maxia! ! !
Anaisy é capaz de convertir un mércores a primeira hora con sono en . . . fiebre del sábado noche ! jejeje
É un pracer traballar, e bailar contigo!!!
Seguiremos actualizando. . .
Sabedes por qué empregamos o xogo como base da nosa aprendizaxe?
O xogo é unha das formas máis naturais e efectivas de aprendizaxe para os nen@s. A través do xogo, os pequenos/as non só se divirten, senón que tamén desenvolven habilidades importantes que les axudarán ao longo de toda a súa vida. Cando os nenos/as xogan, constrúen coñecemento, desenvolvendo a súa creatividade e resolven problemas, de xeito divertido e sen esforzo.
Co xogo, exploran novas ideas e conceptos. O xogo axúdaos a pensar de manera crítica, a enfrentar preguntas e a experimentar con soluciones aos problemas que atopen. Isto fortalece a súa capacidade de razoamento e aprendizaxe.
Aprendemos robótica e programación xogando coa profe Susana.
O mes de xaneiro tiñamos un reto científico.
Os animais polares estaban atrapados no xeo e tiñamos que liberalos. Pero as nosas cabeciñas traballan moito e non podemos deixar de experimentar.
Elaboramos hipóteses, comprobámolas e debuxamos o resultado para explicar á nosa maneira o acontecido.
Somos profesionais xa! Estamos a empregar o método científico!